<$BlogDateHeaderDate$>

Novo camiño (ou continuación do mesmo)



Tras unha pausa para a publicidade, regresamos. Se queredes, podedes visitarme en

CRÓNICASDEOZ.BLOGSPOT.COM


Vémonos ;)


<$BlogDateHeaderDate$>

Post Mortem

Hai algo máis de 9 mesiños, comezaba este blog como unha proba, a miña primeira incursión nesa blogosfera que descoñecía por completo pero que tanto me fascinaba.

Hoxe remata en parte a experiencia, porque este é o último post de O Sorriso do Gato. A experiencia foi moi boa, por iso me resistín a pechalo ata hoxe, cando eu tan só esperaba mantelo algunhas semanas.

Tras 202 entradas e algo máis de 7.000 visitiñas (pouquiñas, si, pero de moita calidade xD) teño que darvos as graciñas a todos os que subistes a esta árbore nalgún momento deste "embarazo". Algúns, por vontade propia, bastantes por casualidade e outros incluso por "ensaio-erro" ;)

Graciñas, porque entre todos conseguistes que postear nunca fose unha obriga.

Agora, chega o final, e como en Alicia no País das marabillas, o gato desaparece. Pero como dixen no seu día no perfil "Gústame sorrir e que me fagan sorrir. Porque o Sorriso, aínda que pareza esvaecerse, sempre permanece esculpido no aire".

¡Penso repetir, así que volveremos a vernos, camaradas! ¡e non é unha ameaza!

Un abrazo e ata pronto



<$BlogDateHeaderDate$>

Pío XI-M

Pío Moa, disertando consigo mesmo sobre o 11-M:

"Ni la hipótesis del terrorismo islámico ni la de la ETA, o la de una combinación entre ambos pueden descartarse plenamente, hoy por hoy, pero aparecen algo debilitadas. Queda la del PSOE, o un sector de él. Después de todo, ese partido fue el principal beneficiario de la matanza."

Asombroso razoamento ¿Non? España non só está gobernada por separatistas desleais, senón tamén por asesinos ós que non lles importou o máis mínimo cargarse a 200 persoas para alcanzar o poder. Bueno, ó mellor si que lles importou un chisco, pero "que le quieres, chico, son cosas de la Revolución".

E non só iso, non son só separatistas, desleais, terroristas, asesinos, sacauntos e comenenos senón que tamén afundiron o Prestige, porque claro, de toda aquela historia do barquiño, tamén acabaron sendo eles os beneficiarios.

E de paso, Pío Moa tamén chega a clave que andan buscando como tolos os ineptos de C.S.I. Compostela: detrás do San Xoán eterno destes días están Rajoy, Feijóo e Zaplana. Pensemos, cun par de días máis, entre a ineptitude de PetaZeta e Torito e un par de mangueiras de xardín, apañan novamente a maioría absoluta, tanto nos Madriles como aquí na Paira. ¡Teñen que ser eles a huevos!

Ah, non, pero que parvo son. Este é un razoamento de sentido único, que só vale para o que vale. Perdoe vostede, Don Pío, é que xa se sabe que o que máis nos gusta ós progres é facer demagoxia.

O resto da revelación, se aínda tedes estómago, aquí, por suposto, en Libertad Digital.



<$BlogDateHeaderDate$>

Argumentos de sentido único


No es posible construir un proceso de paz si una de las partes implicadas es permanentemente acosada

¿Referíase Otegi con estas palabras a todas aquelas persoas perseguidas e ameazadas durante décadas por ETA por non compartir a súa ideoloxía? ¿Caeu Otegi por fin da burra de que apoiar á violencia etarra non conduce a nada?

Ah non, que se refería ós abertzales, que o están a pasar moi mal por culpa de Gazón.

Lástima


<$BlogDateHeaderDate$>

PUTO ASCO

Que veña Bush, Rumsfeld, Rice ou calquera Sweet Neocon, me mire os ollos, e me diga que isto non é o mesmo que facían os nazis nos campos de concentración.

¿A diferencia? Cando son alemáns, a Lista de Schindler lévase 5 oscars. Cando son yankis, a inmunidade permite facer globos co chicle durante o xuizo.

<$BlogDateHeaderDate$>

Fume nos ollos

Onte, non importaba que brúxula quixeras usar en Santiago. Miraras para onde mirases, ante ti só podía aparecer unha columna de fume. Ata sete incendios diferentes, ben separados un do outro, cheguei a contar nun momento, cando algúns deles apenas acaba de iniciar o seu carnaval destructivo.

De pequeno, non entendía moi ben porque as guerras acababan cando o exército invasor se facía coa capital. ¿Abondaba logo con botar abaixo unha única cidade para que tódalas demais se rendisen, para que millóns de persoas claudicasen e sentisen como propia a derrota duns cantos miles? Ata que Don Pepe, profesor de historia do colexio, me explicou que a capital é moito máis ca iso, que aí é onde se reunen as principais forzas e núcleos de poder e de goberno. Se un país non é capaz de defender a súa capital , tampouco será capaz de defender ningún outro lugar.

Triste metáfora. Ver o lume non xa no Pedroso, senón no propio centro urbán, a escasos metros da Alameda ou da residencia do Presidente da Xunta, é un bo símbolo para retratar a derrota sufrida por Galicia ante as lapas. Galicia enteira convertida nunha cortina de fume coa que tapar a vergoña de que un ano máis, o lume se converta na nosa parca.

Tempo haberá de facer reproches e esixir responsabilidades a quen corresponda, agora toca tirar todos xuntos da mangueira. Pero vai sendo hora de desterrar o mito de que isto é inevitable e que a Galicia só lle queda o destino de quedar consumida como o mapa de Bonanza.



Canta tristeza O ceo chora cinza e a Lúa sangue, botádelle un vistazo se o fume volo permite.

<$BlogDateHeaderDate$>

Amor Universal

Claro que si, ¿ou é que non sabes que ata os planetas saben de amoríos e de románticas fuxidas da casa materna?

Se non me cres, bótalle un ollo a isto.


<$BlogDateHeaderDate$>

Magago e a foto-síntese na aula Friki

Entrar na aula S2 da facultade de Ciencias da Comunicación de Santiago é para un geek algo así como un toys'r'us para Peter Pan. É case imposible entrar alí e que Manolo Gago (o Gandalf daquel santuario comunmente chamado a "Aula Friki") non che sorprenda cun revolucionario servicio web2.0 recén sacado do forno ou coa ultimísima interface que paríu a sacrosanta rede de redes.

Esta mañá pensei que lle sentaran mal os calores de agosto cando o primeiro que me di ó verme é "¿sabes o que é fotosíntese?". "Gago, tanto tempo diante do TFT non é bó", pensei, pero uns segundos despois xa estaba flipando co seu último tesouro descuberto: "Microsoft Photosynth".
Se esta xente lle adicase a Windows unha porción da creatividade que destapan esencias como Photosynth, o Ctrl+Alt+Supr non sería tan famoso, iso seguro. Esta nova tecnoloxía implementa dunha forma xenial a filosofía das redes sociais. A partir de grandes coleccións de fotos dun lugar, análizaas, busca semellanzas, e reconstrúeo en 3D.
Aí vai un vídeo demostrativo




No fondo, resulta un pouco siniestro pensar que un programa de software sexa capaz de sacar un rendemento tan automatizado e eficiente de distintos esforzos individuais aparentemente inconexos entre si.
Siniestramente fascinante...

<$BlogDateHeaderDate$>

Quérovos




De Ramón, en ElPais.es

Boas noites, que descansade moito.

<$BlogDateHeaderDate$>

Riqueza mental no terceiro lugar

E mira que Playstation ten tradición de facer anuncios chungos, pero creo que este supera bastante o meu sorpresómetro...



Claro que non podo olvidar outros anuncios anteriores que tamén foron altamente desconcertantes para min. Non me refiro a desafortunada campaña holandesa da PSP branca, tachada de racista (seguro que non tiñan tal intención pero hai que recoñecer que é moi desafortunada). Non, eu refírome a cousas como as seguintes. ¿que pasaría se un dos directores máis raros se encargase de facer os anuncios máis raros? Pois aquí vos deixo os anuncios de lanzamento da PS2 dirixidos por David Lynch, baixo o lema "Welcome to the third place". (unha pena que a calidade de vídeo de YouTube non lles faga honra).

Anuncio 1 (joder con Bambi)

Anuncio 2 (Parece salir directamente dun soño de Twin Peaks)

Anuncio 3 (o casting debeu ser todo un espectáculo)

Anuncio 4 (co suxerente nome de "Eu son o lobishome)

E seguindo coa antoloxía de anuncios, non podo esquecerme do meu preferido, "Riqueza mental", dirixido polo gran Chris Cunningham. Esta fascinante mulleriña sintética (a quen chamaron Lilith, non sen intención) aínda me persigue de vez en cando en pesadelos.

Non atopei a versión española. Agradecido se algún de vós pode pasarma.

<$BlogDateHeaderDate$>

Chegou a hora...

E mira que aborrezco os programas de cámara oculta dende hai anos, pero hai que recoñecer que esta é cojonuda.




Dan ganas de facer a montaxe coa cámara de vídeo para cando veñan as visitas pesadas a casa.

<$BlogDateHeaderDate$>

"But Bill made it famous"

David J. Bradley comparte unha cousa con Enrique Bernat e Cornelius J. Brosnan. ¿Ni flores de que son eses? Pois a iso vou. Os tres son inventores dalgunhas das ideas máis xeniais do século XX pero ningún dos seus nomes se imprimiron no noso "inconsciente colectivo". Bernat inventou o chupachups e Brosnan, o clip para papeis. ¿E Bradley? Pois David J. Bradley é seguramente a persoa a quen máis velas lle deberíamos poñer os usuarios de Windows encima do noso monitor.

28 anos en IBM, formou parte do grupo que creou o primeiro PC, un dos encargados de diseñar a primeira BIOS, pero todo iso queda nun segundo plano ante o seu maior logro: é a el a quen lle debemos esa marabilla do Ctrl+Alt+Supr.

Bradley non pretendía en absoluto conseguir gran recoñecemento con esa pequena gran idea. O que el quería era crear un mecanismo para que os inxeñeiros de IBM poideran reiniciar "en quente" os equipos sen ter que seguir o laborioso proceso de reencendido dos primeiros ordenadores que tiñan o hábito de quedarse colgados a cada pouco tempo (si, eso tamén pasaba antes de Windows 95). Pero esta función era demasiado xenial como para quedar reducida a un grupo de primitivos geeks, así que non tardou en difundirse entre o público.

No 2001, nunha mesa redonda para celebrar o 20º aniversario do PC na que tamén estaba Bill Gates, Bradley explicou o proceso de creación do atallo:
"Facelo levou 5 minutos. Non imaxinaba que crearía un icono cultural. Pero teño que compartir o mérito, porque pode que eu o inventase, pero foi Bill quen o fixo famoso."
A cara do pobre Bill Gates, un poema.

Aquí tedes o vídeo.



<$BlogDateHeaderDate$>

E sen embargo...

The Independent deixou case todo o espacio da súa portada de hoxe para un dos infográfico máis simples, pero máis eficaz que vin xamais.

Dun lado, os países que piden un cese de fogo inmediato entre Israel e o Líbano. Do outro, os que non o queren.



¿Que fai falta para que neste mundo rixan as leis da cordura?

<$BlogDateHeaderDate$>

Caen os cismas

Pedro J. cargouse a Gumersindo Lafuente, director de Elmundo.es. Tempo tardou, a verdade.

Algúns resístense entender a nova realidade, a abandoar os seus vellos púlpitos e pretenden abrazar o campo cos seus curtos brazos e seguir adoctrinando a través dos bits como fixeron ata agora a través da tinta. Non entenden nada.

Lafuente encontrouse unha mañá dirixindo ese barco case por casualidade, cando Mario Tascón se foi con todo o equipo a desarrollar Elpais.es. E dende, aí, foi quen de convertilo nun dos xigantes da rede española con case 10 millóns de lectores mensuais.

Podemos criticar -e facémolo a menudo- o seu deseño farragoso, que os gráficos interactivos perderon calidade dende que Alberto Cairo foi sustituido por Xaquín González -Xoquiñas, dubido que leas isto, pero se o fas, lamento que te enteres así...- ou a pouca interacción cos lectores. Pero nunca se lle poderá a Gumersindo Lafuente e ó seu equipo a valentía de permanecer firme na época dos "agujeros negros do 11-M" e das "conspiranoias zETApe-Batasuna" que aspavea ós catro ventos o seu irmán -Grande Irmán- de papel.

Lafuente cae, por moito que tenten disfrazalo, por non seguir o camiño marcado por PedroJota, porque non se tragaban, por ter manifestómetros con distinto biorritmo, porque foi sinalado polo dedo acusador de Losantos -paladín do reporterismo defecado que é LibertadDigital, por dicir que había 200.000 manifestantes na última manifestación da AVT

Gumersindo Lafuente, segundo din, era un tirano no día a día da redacción, pero non cae por iso nin polos seus erros. Cae por crer e defender nun novo xornalismo, no único posible. Pero outros resístense ós cambio e seguirán inspirando os estertores dun púlpito que, por moito que berren, será cada vez máis inaudible.

<$BlogDateHeaderDate$>

Con cabesiña

Zidane, aquel que completa o repóker de ases da historia do fútbol, decidíu que no seu último partido faría un resumo do que foi toda a súa carreira a fronte da orquesta.

Espabilounos a todos moi pronto resucintando a Panenka tocando a marsellesa. Despois dedicouse a interpretar un vals durante case dúas horas como nas súas mellores noites no teatro de ópera. E no mellor momento, co público emocionado a reclamando outro bis -un máis- a batuta resbalouse da man do colérico Zidane, que víu como a gloria se escapaba estando tan cerca. O público enmudeceu mentres os percusionistas seguiron tocando case por compromiso. A última sinfonía chegaba ó seu último acorde.

Durante o partido, canseime de dicirlle a Silvia que só recordaba dous goles de Zidane coa cabeza, os dous na final do 98, así que era un bó momento para repetilo. Que conste que o intentou, pero en vista de que Buffon era hoxe moito Buffon, decidíu usala doutra forma.



Unha pena. Ou non. Porque Zidane descansa dende hoxe no Olimpo do balón e dar mostra da súa xenialidade, pero tamén da súa humanidade parece que foi a peaxe para entrar alí.

PostMortem: Hai, 8 anos, a cabeza, menos despexada, parecía semellaba máis fría...