<$BlogDateHeaderDate$>

Eso, eso, dales duro Andreu, que les duela...

Tiña pensado reservar certa dose de seriedade e formalidade para escribir un post sobre a crispación que está porculizando ultimamente a escea política española.
Sen embargo, hoxe mesmo me encontrei con esta preciosidade no blog de Buenafuente que, de momento, me aforra o traballo.
Tempo haberá.

E mira que parecía tranquiliño cando o cambiamos pola lavadora...

Recomendacións:
1) Cortar e pegar o texto nun procesador de texto.
2) Bombardear de Spam e fotos de Marujita Díaz en bolas ó deseñador do blog de Buenafuente

<$BlogDateHeaderDate$>

Os Mario Brothers en concerto

Imaxinade por un momento a Gago, Pereira, Marcos, Antonio e máis eu, xuntos, bailando unha conga con tutú e julajop no cerebro de Cañita Brava disfrazado de Chewbacca (ou como se escriba) .
Pois aínda que non o creades, hai algo máis friki que iso...
Resulta que un individuo pedíu nun blog que lle mandaran títulos de cancións para que el poidera versionalas cun sintetizador da NES, aquela primeira nintendo que foi a porta ó mundo virtual (e a posterior marxinalidade social) de moitos de nós.

A lista é ampla, pero aí vai o TopFive

5- Stairway to Heaven de Led Zeppelin
4- Bohemian Rhapsody de Queen
3- Karma Police de Radiohead
2- The Final Countdown de Europe
(de verdade, nunca pensei que algo se podería acercar á versión de Serxio...)

e no número 1, uaa uaa uaaaaaaaaaaa, tú y yo lo sabíamos!!!!

1 LOSIN MY RELIGION de REM

(e despois preguntarémonos porque medra o ateísmo)


O resultado, simplemente demoledor.

PostMortem: Alguén é capaz de facerse unha imaxe mental da primeira frase do post? É que a min non me sae...

<$BlogDateHeaderDate$>

Pero jodido, jodido...

Amiguiños, creo que o temos jodío para encontrar choio. Senón, mirade este anuncio que me mandaron ó correo...


Agora entendo como Suso é capaz de acordarse tanto do que lle deben.

<$BlogDateHeaderDate$>

Billy...

- El espejo… Se ha roto
- Ya lo sé, me gusta así. Así me veo tal y como soy.

El apartamento (1960). Billy Wilder

<$BlogDateHeaderDate$>

Bart, tranquilo, aínda queda esperanza

<$BlogDateHeaderDate$>

Instruccións para inventarse un círculo


1) Segue coa vista o baleiro que se despraza. Como todo bo baleiro, está baleiro, ¿non?



2) Fíxa agora a túa atención sobre a cruz do centro ¿Como é o baleiro?


<$BlogDateHeaderDate$>

Contéstame unha cousiña

Amigo Dios, Considerando o tempo que levas no posto e a desgana coa que pareces estar executando o teu traballo últimamente, quero facerche unha pregunta. E non me mintas que nos coñecemos. Dios, ti es funcionario ¿Verdade? E non me engañes, porque a pouco que un pense, todo encaixa. Agora comprendo porque nunca estás cando necesito que me firmes unha reclamación. Abonda con que deixes na porta o carteliño de “Vuelvo en 5 minutos" (y quien dice 5 minutos, dice 1000 años de nada…) e que se jodan os contribuyentes. Non me estrañaría nada cruzarme contigo un día destos coas túas legañas no INEM ou en Atención ó Paciente dalgún hospital, facéndonos esperar dúas horas (y quien dice 2 horas, dice 1000 años de nada…).
Tamén xa che vale, fillo de mala nai. A primeira semana de traballo aínda lle puxeches vontade, pero cagárona ó mandarche facer horas extras o sábado. Só hai que ver a chapuza que montaches. E claro, despois diso, a primeira baixa por depresión e a vivir do conto ata hoxe…
A gran dúbida que me corroe agora é ¿Aprobaches limpamente as oposicións? E sobre todo, ¿Tería Baltar algo que ver?

<$BlogDateHeaderDate$>

Gracias Lester

Supongo que podría estar bastante cabreado con lo que me pasó, pero cuesta seguir enfadado cuando hay tanta belleza en el mundo, a veces siento como si la contemplase toda a la vez y me abruma, mi corazón se hincha como un globo que está a punto de estallar, pero recuerdo que debo relajarme y no aferrarme demasiado a ella y entonces fluye a través de mí como la lluvia y no siento otra cosa que gratitud por cada instante de mi estúpida e insignificante vida. No tienen ni idea de lo que les hablo seguro, pero no se preocupen, algún día la tendrán.
Lester Burnham (o sea, Kevin Spacey) en American Beauty

PostMortem : especialmente dedicado a Silvia y a Pablo

<$BlogDateHeaderDate$>

Rompendo Espellos cos Medos Alleos

O Senado dos Estados Unidos está a punto de renovar por outros sete anos a polémica “Lei Patriótica” (con ese nome, está claro que non pode ser nada bó). Baixo esta lei, promulgada pouco despois do 11-S, ampáranse a maioría dos desmáns da Administración Bush na súa guerra contra o terror: maior flexibilidade á hora de declarar o estado de emerxencia, poderes extraordinarios para a policía e exército, acceso á información sobre libros comprados en librerías ou consultados en bibliotecas públicas, investigacións do FBI sobre transaccións financieiras ou comunicacións electrónicas …
Sen embargo, dende a Administración insístese en que é unha medida provisional, aínda que unha cláusula xa prevé a súa ampliación a outros cinco anos máis. De cumplirse isto, un neno estadounidense nado en outubre do 2001 tería chegado á maioría de idade baixo a eterna mirada paternal e vixiante da Lei Patriótica, tal cual as fadas da Bela Durminte que pretendían protexela da agulla fatal que pendía sobre o seu destino. ¿Provisional? Claro, as hipotecas a corenta anos tamén son provisionais...
E mentres tanto, os pobres estadounidenses, dispostos a pagar os sete anos de mala sorte que lle depara o espello roto por Bush. Dispostos a renunciar ós seus dereitos a cambio dunha vana ilusión de seguridade. Dispostos a renunciar á súa liberdade por culpa do medo.
Vivir con medo, quizáis a mejor definición que se poida dar da Escravitude...

<$BlogDateHeaderDate$>

Iso depende de adonde queiras chegar

Malvenidos, compañeiros de especie!

É posible que te preguntes "¿Que coño fas aquí, Juanciño?"
Ó que eu che podería contestar "No me gustan nada sus modales, jovencit@!" Cos tempos que corren, deberías alegrarte simplemente de que non intente venderche nada*

¿Para que un blog? Pois a verdade, quen sabe... Supoño que non hai pretensión. Quizáis comezar algo sen obxetivos definidos pode ser un moi bo obxetivo. ¿Non? Non nos poñamos límites e deixémonos levar.Tomemos a pastilla vermella, disfrutemos dos efectos secundarios, investiguemos un pouco cara onde nos leva a madrigueira de coellos, e cando nos cansemos, vaiamos durmir un rato, que é das poucas cousas que dan gustiño e seguen a ser gratis.

Aquí estamos logo. Como di un dos meus personaxes de videoxogo favorito (premio para quen o acerte), "Todo camiño empeza cun primeiro paso. Perogrullesco, pero certo". Así que o primeiro paso xa está dado, a ver ata onde nos leva o camiño... e ata onde o levamos nos

Espero que nos vexamos a míudo

*PostMortem: É certo que non intento venderche nada, pero non estaría nada mal que fuchiques un pouco polos anuncios de Google AdSense que irán aparecendo por este blog. Non é que os poña na páxina por motivos ecónomicos, máis que nada, é para ver como funcionan... (se esa excusa lle funciona a Gago, eu tamén teño dereito a usala).

**RigorMortis: Por certo, para os que non caérades aínda do manzano de Newton, o título desta entrada inaugural é a primeira frase que o gato de Cheshire de en "Alicia no País das Marabillas". Toda unha declaración de intencións multiusos. Unha boa resposta, pois plantexa abundantes preguntas...