<$BlogDateHeaderDate$>

Coincidencias


Ás veces, as coincidencias - como as comparacións-
son odiosas, ou cando menos, incómodas.


San Francisco de Sales:
- Patrón dos xornalistas

San Francisco de Sales:
- Patrón dos sordomudos

<$BlogDateHeaderDate$>

Besos metálicos

<$BlogDateHeaderDate$>

O retorno do Chino Cudeiro!!!

Achégase Febreiro e posto que sigo sendo estudiante universitario (aínda que pouco a pouco me vou sacando do vicio...) teño pouco tempo para adicar a todo o que non sexa santa devoción ó estudio ou traballos forzados a entregar proximamente.
Este blog -gracias ó demo- non entra aínda nesa categoría, así que chego tarde para comentar novas como estas que seguro que todos coñecedes a estas horas.

Que si, que non é coña!!!

VOLVE
Por moito que nacera definíndose como "a nova televisión", Cuatro leva dende o primeiro día apostando polas reposicións (Friends, Mazinger Z, Comando G...) e apelando a nostalxia ("Soy el que más sabe de televisión del mundo"...). Pola miña parte, non penso criticalos, que prefiro iso a que se poñan a facer os seus propios "A tu lado (apesta)" ou "Salsa (asquer)Rosa".

Humor Amarillo explotaba a fondo os dous principais misterios do humor televisivo.
As ostias fan coña e os xaponeses tamén. Así de simple. ¿Imaxinádelo con españoles disfrazados, dándose costalazos como imbéciles sen un obxectivo claro? Xa sei, non fai falta imaxinalo. Chámase "Grand Prix" e leva unha década triunfando na tele pública. Pero está claro que perde todo o seu glamour.

Agora poderemos desfrutar tódolos sábados e domingos (antes do telediario) dos 100 capítulos do programa ideados polo gran Takeshi Kitano (si, si, o director, productor, actor, pintor, ex yakuza...).

Pero por desgracia, non todo son boas novas. Cuatro decidíu actualizar os doblaxes (pois ó contrario do que facía Telecinco, eles si van emitir os capítulos completos) e Juan Herrera, unha das dúas voces que creou ó "chino cudeiro" non estará nel. Segundo parece, está moi liado coa súa participación en "No somos nadie" (M80).

Mentres agardamos ata o día 28, podemos ir abrindo boca con isto...

<$BlogDateHeaderDate$>

E aínda estarán orgullosos...

Despois disto, alguén debería meter man no departamento de marketing de Hitachi...


<$BlogDateHeaderDate$>

Esculturas líquidas

Minúsculo e efímero. Dúas palabras que custa asociar a idea tradicional de arte, ese que se almacena nas galerías e almacéns dos museos.

Pero, cousas da Globalización e da Era Dixital, ultimamente xurden como setas almas creativas como Martin Waugh empeñadas en demostrar que a beleza se esconde no rincón máis insospeitado.

Nesta páxina reúne decenas de "esculturas líquidas", auténticas marabillas que ó ollo humano é incapaz de contemplar na súa fugaz inmensidade. Santa paciencia que ten este home...



¿Non vos lembra o extasis infantil co que facíamos de pequeno pompas de xabón ou como conseguían hipnotizarnos os fractais?

Jodida Inocencia... ¿por que te empeñarás sempre en perderte por aí...?

<$BlogDateHeaderDate$>

Sentencia a 4 manos

El árbol
que siembra hombres...
¿Qué coño recoge?

Pablo Fernández- Juan Castro

<$BlogDateHeaderDate$>

Hasselhoff returns

Había tempo que non tiña noticias de David Hasselhoff. Polo visto, no 2mil6 vai estrear película do "coche fantástico" (Antena 3 debe estar sacándolle xa o polvo e as telarañas no seu arquivo ós vellos capítulos)

Mentres tanto, para abrir boca, vai este impresionante vídeo. No seu día, vírao en + Te Vale XXL e causárame unha fonda conmoción. Así que cando o descubrín nesa mina de ouro que é YouTube, non puden resistirme...



En serio, debería ser patrimonio da humanidade..

<$BlogDateHeaderDate$>

Miliki cabreado

Éche unha pena que coa popularización da música dixital se perdera o vello costume de poñer os discos ó revés para buscar frases satánicas. Cantas vidas estragadas polas mensaxes subliminais agochadas nas mefistofélicas letras dos Rolling, Marilyn Manson, Parchís ou AC/DC...
Menos mal que aínda nos queda o Audacity para facilitarnos un pouco á vida.

Aquí vai unha xoia. Parece que a Miliki, que acaba de sacar novo disco con cancións sobre música e matemáticas , non lle cae nada ben o español de momento... ¿Que lle faría Fernando Alonso? Aquí teñen o documento, que xa vexo como portada de Aquí hay Tomate (cortesía by chandalismo).


Non me digades que non hai que ter tempo libre para poñerse a escoitar a Miliki ó revés...

<$BlogDateHeaderDate$>

NI !

Pena que me chegue máis de medio ano tarde, pero para a próxima, xa sei que facer...

Para quen non o entenda e sepa algo de inglés, que pinche na imaxe.
Tamén poderían directamente alquilar "Los caballeros de la Mesa Cuadrada", pero de algunha forma deberán pagar a insolencia de non tela visto aínda ¿ou?

<$BlogDateHeaderDate$>

Puños fora

Unha auténtica obra de arte que vale a pena ver a máxima resolución para apreciar os detalles.
¡Ay, os vellos tempos!

<$BlogDateHeaderDate$>

Chiste moi bo

É un pouco longo, pero este é un dos mellores chistes de loiras que vin en moitísimo tempo...

<$BlogDateHeaderDate$>

Vacío

O corazón dunha muñeca rusa é un abismo ó infinito


<$BlogDateHeaderDate$>

O poder da mente

Comigo funcionou (quedeime así: 0_o??? ). A ver que pasa con vós.
Poderíades deixar o voso resultado e facemos unha tabla estadística. Contai, contai...

--
Responde ás preguntas todo o rápido que poidas:

1 + 5 = ?
2 + 4 = ?
3 + 3 = ?
4 + 2 = ?
5 + 1 = ?

Ahora repite mentalmente o número 6 tan rápido como poidas durante 15 segundos e despois vaite aquí

<$BlogDateHeaderDate$>

Para amantes do directo

Para os que coma min non teñen nin papa de debuxar, estas cousas parecen un misterio... (recomendación: ver o enlace antes de seguir).

Pois hai xente que se toma aínda máis molestias...