<$BlogDateHeaderDate$>

Miliki cabreado

Éche unha pena que coa popularización da música dixital se perdera o vello costume de poñer os discos ó revés para buscar frases satánicas. Cantas vidas estragadas polas mensaxes subliminais agochadas nas mefistofélicas letras dos Rolling, Marilyn Manson, Parchís ou AC/DC...
Menos mal que aínda nos queda o Audacity para facilitarnos un pouco á vida.

Aquí vai unha xoia. Parece que a Miliki, que acaba de sacar novo disco con cancións sobre música e matemáticas , non lle cae nada ben o español de momento... ¿Que lle faría Fernando Alonso? Aquí teñen o documento, que xa vexo como portada de Aquí hay Tomate (cortesía by chandalismo).


Non me digades que non hai que ter tempo libre para poñerse a escoitar a Miliki ó revés...