<$BlogDateHeaderDate$>

Stop racismo

Creo que é a primeira vez que falo de fútbol neste blog. Pero isto vai de fútbol, e de moito máis.
Non sei que se lle pasaba a Eto'o cando tentou abandonar o campo despois de escoitar os gruñidos racistas que viñan do público. É certo que ten escoitado cousas peores noutros estadios sen que amosase nunca unha reacción lonxanamente similar.

Pero xa era hora de que alguén dese ese paso. De feito, en vez de tentar convencelo para seguir no campo, todos, os 22 xogadores, suplentes, adestradores, árbitro... debían seguir o seu exemplo e irse para os vestiarios. "Ímonos, ata que se vaian eses imbéciles".

Contra o racismo -e a imbecilidade dos energúmenos que poblan os campos de fútbol- non cabe a tolerancia nin a pasividade. É necesaria unha resposta extremadamente contundente por parte de todos os implicados, e non me refiro só os futbolistas ou as autoridades compententes, senón especialmente á sociedade.

Levamos comprobado dende hai moito anos (e o de onte non é máis que un exemplo) que un campo de fútbol parece ser un lugar idóneo para a expresión das conductas máis estúpidas e irracionais. Ben, pois vai sendo hora de que tamén sexa o escenario para demostrar que a sociedade non é tan idiota como a pintan. A cada grito racista debería suceder unha algarabía en defensa da igualdade. Non cabe a indiferencia, pois ante o racismo, ou somos belixerantes, ou somos cómplices.

Eto'o pode estar contento. Onte metíu o seu mellor gol.

<$BlogDateHeaderDate$>

25 anos (+2 días)

- En estos momentos.... se ha oído un golpe muy fuerte en la cámara, no sabemos lo que es, por que, por que… la policía, la guardia civil… entra en estos momentos… en el congreso de los diputados! Hay un teniente coronel, que con una pistola sube, hacia la tribuna! En estos momentos apunta…

- ¡Quieto todo el mundo! ¡Todo el mundo al sueeelo!



Como dicían onte (a estas horas, podo dicir xa antonte...) o fantasma do golpismo parece desterrado de España. Pero, no caso de que ocorrese outra vez algo similar, ¿algún xornalista, simplemente alguén, sería capaz de identificar con tanta facilidade a gradación militar do asaltante?
Supoño que é signo indicativo da desmilitarización que experimentou a sociedade española neste cuarto de século, proceso ó que dende logo axudou a abolición do servicio militar obrigatorio. Nacendo no 82, pouco podo dicir das sensacións que provocaban os membros do exército antes do Golpe de Estado, pero a tralo susto, parece que a indiferencia se foi instalando pouco a pouco na xente...

Creo que foi un acerto o de regalarlles ós militares o portaviones Príncipe Felipe. Así teñen algo con que pasar o tempo...

PostMortem: A miña amiga Anxa, di que non se trata dun síntoma de desmilitarización, senón máis ben de que cada vez sabemos menos cousas. Non che digo que non teña razón...

Rigor Mortis: Tejero volvíu onte a soltar das súas no diario Melilla Hoy. Entre as súas frases, hai unha que me gustou especialmente:

"Y que conste que aunque procedo de una familia republicana de derechas y yo mismo también lo soy, he estado dispuesto a acatar a la Monarquía siempre que ésta fuera garante de la unidade de España."

E mira que nos tempos que corren, un republicano de dereitas e case como un obreiro con piscina nos bós tempos do Anarquismo Social (que dirían Sabina ou Javier Krahe).

<$BlogDateHeaderDate$>

Sereas varadas


A noite acabouse;
o día non da chegado.
¡Pobres sereas varadas
que non teñen a quen cantarlle!

<$BlogDateHeaderDate$>

I love this game!

Non entendo practicamente nada de baloncesto, nunca o seguín con regularidade e cústame ver un partido completo se non é por unha motivación especial (mundiais, xogos olímpicos...).

Pero Michael Jordan era especial, un tío deses cun halo de divinidade. Con só propoñerso, sería capaz de convertir un partido de crocket no acontecemento máis emocionante do mundo.

É normal que Nike o bote de menos, a pesar de seguir recaudando millóns de dólares anos despois da súa retirada...



Mola, pero eu sigo preferindo o xenuino...



Por certo, seica as súas ambicións políticas van cada vez máis en serio...

<$BlogDateHeaderDate$>

La Princesa, el Heavy y el Dragón

Un bonito conto con diferentes versións según o estilo musical (extraído de BBoing!)

---
Supongan la siguiente situación: “En lo alto de un castillo, hay una bella princesa, que es custodiada por un terrible y gigante dragón”. Así se abordaría la situación según cada estilo:

Power Metal
El protagonista llega al castillo en un caballo blanco alado, escapa del dragón, salva a la princesa, se van lejos y hacen el amor.

True Metal
El protagonista llega al castillo y vence al dragón en una batalla utilizando su espada. Bañado en la sangre del dragón, lo hace con la princesa.

Thrash Metal
El protagonista llega la castillo, pelea rabiosamente con el dragón, salva a la princesa y se la tira.

Heavy Metal
El protagonista llega al castillo en una Harley Davidson, mata al dragón, se toma unas chelas con la princesa y después lo hacen.

Folk Metal
El protagonista llega con varios amigos tocando el acordeón, alaude, violín, y otros instrumentos extraños. El dragón se queda dormido de tanto danzar, y luego se van… sin la princesa.

Viking Metal
El protagonista llega en un navío, mata al dragón con un hacha, lo cocina y se lo come. Viola a la princesa, saquea el castillo y le prende fuego a todo antes de irse.

Death Metal
El protagonista llega, mata al dragón, se tira a la princesa, la mata y se va.

Black Metal
Llega de madrugada, en medio de la neblina, mata al dragón y lo empala frente al castillo. Sodomiza a la princesa, la corta con una daga y bebe su sangre en un ritual antes de matarla. Después descubre que ella no era virgen y la empala junto al dragón.

Gore Metal
Llega y mata al dragón. Sube al castillo, se tira a la princesa y la mata. Después se la vuelve a tirar. Quema el cuerpo de la princesa y se la tira de nuevo.

Doom Metal
Llega al castillo, ve el tamaño del dragón, se deprime y se suicida. El dragón se come el cadáver del protagonista y después se come a la princesa.

Nu Metal
Llega al castillo y se jacta de lo bueno que es peleando y de que es capaz de ganarle al dragón. Pierde miserablemente y queda hecho una mierda. Huye y encuentra a la princesa, le cuenta su trágica infancia. La princesa le sacude y se va a buscar al protagonista de “Heavy Metal”. El protagonista “Nu” se toma un prozak y se va a grabar un disco de “The best of”.

Rock n’ Roll clásico
Llega en una moto fumándose un troncho y se lo ofrece al dragón, que resultó que era su amigo. Luego acampa con la princesa en la parte más apartada del jardín, y después de mucho sexo, drogas y rock n’ roll, tiene una sobredosis de LSD y muere ahogado en su propio vómito.

Punk Rock
Le tira una piedra al dragón y huye. Pinta la “A” de anarquía en un muro del castillo. Le hace un peinado tipo “mohicano” a la princesa y abre un kiosko de fanzines en el pasadizo del castillo.

Metal Progresivo
Llega, toca un solo virtuoso de guitarra de 26 minutos. El dragón se muere de tanto tedio. Llega donde la princesa y toca otro solo explorando todas las técnicas de tonos y compases aprendidas en el último año en el conservatorio. La princesa huye buscando al protagonista de “Heavy Metal”.

Hard Rock
Llega al castillo en un convertible rojo, acompañado de dos rubias pechugonas y tomándose una botella de Jack Daniels. Mata al dragón con un cuchillo y luego hace una orgía con las rubias y la princesa.

Glam Rock
Llega al castillo. El dragón se ríe tanto al verlo que lo deja pasar. Entra al castillo, roba la laca y el lapiz de labios de la princesa. Luego convence al dragón para pintar el castillo en tonos rosados y hacerse unas mechas.

<$BlogDateHeaderDate$>

Vilar de Narón

Uns veciños de Vilar de Narón queren denunciar a situación na que se atopan dende hai 4 anos, por estar invadido constantemente -por vehículos e construccións ilegais- o único acceso que teñen para chegar as súas casas.

Para iso piden un enlace a súa páxina e tódalas firmas posibles a un manifesto de apoio.

Non coñezo a situación, pero un enlace non custa nada, así que sorte.

<$BlogDateHeaderDate$>

Tortugas y cronopios


"Ahora pasa que las tortugas son grandes admiradoras de la velocidad, como es natural.

Las Esperanzas lo saben, y no se preocupan.

Los Famas los saben, y se burlan.

Los Cronopios lo saben, ya cada vez que encuentran una tortuga, sacan la caja de
tizas de colores y sobre la redonda pizarra de la tortuga
dibujan una golondrina".

"Historia de Cronopios y de famas"

Cortázar, sempre Cortázar


<$BlogDateHeaderDate$>

Democracias e Cidadanía real

As democracias actuais aséntanse sobre a mentira da falsa representatividade.

Aceptado que o modelo asambleario é imposible de executar, chegamos ó consenso -un consenso imposto, por paradóxico que sone- de que o mellor sistema é a "cidadanía xerminal", regulada polo reloxio biolóxico das engranaxes democráticas.

Durante un certo número de anos, tódolos cidadáns permanecen nun estado de latencia, de hibernación, ata que un día debe xerminar, abrirse, e esparcir a súa semente ó vento.

Ese mínimo acto, repetido simultaneamento por un número moi considerable de plantas, permite que o ciclo siga funcionando ó perpetuar o código xénetico da chamada "vontade popular".

Na práctica, o sistema defende que cada individuo debe ceder a súa representatividade durante un tempo limitado a un órgano/individuo que el elixe persoalmente, de entre as múltiples opcións que o sistema lle ofrece (un sistema aparentemente plural).

Esa cesión non se realiza nun único proceso, pois para evitar a concentración de poder, establécense diferentes órganos de acción política, máis/menos centralizados e máis/menos cercano ó individuo (deputados, concelleiros, xefes sindicais, presidentes de autonomías...)


Pero este sistema susténtase sobre varias mentiras

En primeiro lugar, non é certo que no sistema actual haxa unha cesión de representatividade dos cidadáns cara os políticos. Non, o que hai realmente é unha transferencia de soberanía, unha renuncia ó poder individual. Todo pasa por min, pero eu, durante 4 anos, debo estar calado, pois xa expresei a miña vontade cando correspondía.

Certo, este cheque en branco posúe unha data de caducidade, pero este sistema implica unha renovación automática. O seu maior mecanismo de defensa é a implantación dun valor clave: a definición do sistema é intocable, pois é o mellor sistema posible.

Exemplo: en España, nada debe escapar da Constitución, pois esta define o mellor esquema de estado para o país. É un sistema conservador profundamente antirrevolucionario. A palabra CONSTITUCIÓN non é máis que un eufemismo. Tódolos órganos do sistema a usan para perpetuar o sistema que lles convén a eles.

É verdade que hai múltiples opcións, pero todas operan dentro de este sistema que se retroalimenta. Calquera proposta alternativa que intente escapar deses raíles é perseguido por ser considerado perverso.

En segundo lugar, a práctica da cidadanía (vinculada a democracia) é incompatible coa hibernación. Ningún individuo se pode considerar como tal se non pon en práctica, de xeito continuado, as súas liberdades e as súas obligacións.

Se só exercemos a nosa capacidade democrática cada catro anos, ese é o único momento no que existe Democracia. Se no noso traballo, na nosa familia, estamos nun grupo onde a única decisión que se nos permite tomar ¡cada 1500 días! é quen debe liderarnos dirámos que é democrático. Engadamos ademáis que, por riba, temos que elixir o noso "soberano temporal" en función do seu ideario, ó que nós temos que adaptarnos, pois non vai ser constrúido coa nosa participación.


Citaba un profesor meu de historia a un home sabio do que lamentablemente non recordo o nome. Dicía que a Democracia supera un referendum tódolos días, pois se os cidadáns non estivesen conformes co sistema, rebelaríanse tomando a rúa e derribando as institucións.

Esta sería a vía de escape, o saída de emerxencia en caso de que a raíz do sistema democrático se pervertirse. Sen embargo, isto é hoxe practicamente imposible por dous motivos:

1) ó longo dos anos, a expresión fáctica da "vontade popular", o Parlamento, configurouse como o único órgano capaz de representala. É aquí onde se ve con máis claridade que as democracias actuais se sustentan sobre a transferencia de soberanía e non sobre a representatividade temporal.

Durante a infame Guerra de Iraq, Aznar enfrontouse a vontade expresada por millóns de persoas. Sen embargo, seguindo adiante, o presidente do goberno exerceu un dereito lexítimo, pois contaba coa representativade do pobo español, expresado tres anos atrás nunhas eleccións que gañaron con maioría absoluta.

Pero ¿é isto así? ¿Que ocorre en calquera empresa, en calquera órgano social, en calquera consello de administración se un directivo, un portavoz, un representante, lexitimamente elixido, contradí a vontade do corpo social? É sustituido, sen mais, por moi legal que sexa o seu contrato. Para iso están as cláusulas de rescición e de indemnización.

¿Por que isto é inconcebible cando o levamos o terreo da Política Masiva?

Seguramente, polo 2º motivo:

2) As tecnoloxías da información e comunicación, combinadas coa expansión do sistema capitalista (dous procesos inseparables) que se desenvolveron en Occidente durante todo o s.XX -e parte do XIX- posibilitaron unha terrible paradoxa.

Por un lado, permiten unha democratización no acceso e na producción da información. É moi fácil acceder a unha cantidade inxente de datos, facilmente transformable en info. e transmutable máis tarde en coñecemento.

Sen embargo, por outro lado (e aquí está a paradoxa) tamén permitiron que sexan moi fácil crear grandes fluxos que actuan de enormes "railes imantados" polos que conducir a gran cantidade de xente, sen necesidade de darlle toda a información necesaria para que construan unha opinión critica.

A antítesis está polo tanto en que estamos no mellor momento para desenvolver unha actitude crítica e, ó mesmo tempo, nunca foi tan fácil manipular a grandes cantidades de persoas e canalizar grandes manifestacións segundo os nosos intereses. Todo depende do grao do activismo reflexivo e crítico de cada un, pero grandes grupos fácticos son capaces de levantar grandes mareas enarbolando bandeiras e conceptos que moitas veces están practicamente baleiros.

Creo que temos exemplos disto en practicamente tódalas folgas multitudinarias nas que se canaliza un gran descontento, pero onde a información real sobre o leitmotiv é escaso. ¿Cantos estudiantes que se manifestaron no 2001 coñecían o contido autentico da LOU? ¿Cantos dos pais que se manifestaron hai uns meses en contra da LOE sabían en que condición real quedaba a asignatura de relixión respecto da LOCE?

Os grandes grupos fácticos e de influencia son capaces de aproveitar o descontento xeral contra as institucións, cada vez máis desvinculadas da base social que necesita representantes, non soberanos.


Isto provoca que, por desgracia, o "sistema de emerxencia" da democracia, a vontade popular expresada a través das manifestacións, estea moi desprestixiado, ata o punto de non ser aceptado. Aznar chegou a dicir durante a crise de Iraq, "un presidente do goberno debe facer o que cre que debe facer, por moi impopular que sexa. Non facer o que a xente queira". ¿Como se pode entender iso se o presidente non é mais que un representante?

Sen embargo, hoxe en día, un político usa as manifestacións como apoio a súa estratexia electoral, sen ser consciente de que debe o seu posto a vontade popular que se esconde baixo o telón de fondo das pancartas.

¿Solucións? Quen as coñecera...

É moi dificil escapar a este pesadelo cíclico, a esta pescada que se morde a cola. Pero sexa como sexa, todo debe atravesar o prisma da (re)educación. É necesario que a formación da cidadanía pase pola fase de toma de conciencia: os políticos son meros representantes da nosa vontade, que deben pulsar día a día.

Non hai ningún motivo para firmar cheques en branco. E se o facemos, debemos aternos ás consecuencias, e nós, os falsos cidadáns- osos, seremos os maiores culpables por preferir hibernar a exercer os nosos dereitos e as nosas obligacións. Teremos a democracia que queiramos. Ou unha Democracia real ou unha democracia de ovos patricios e pebleios


Todo isto non son máis que obviedades, seino, pero necesitaba verbalizalas. Ademais, é relativamente fácil soltar rollos así cando sabes que ninguén che vai ler...

<$BlogDateHeaderDate$>

Máis modding (e esta vez, da terra)

Da man de falabarato, chega Pipotinho, obra mestra da enxeñería galega.














O autor tamén nos fala da existencia do ciberpipote, moito máis potente, pero ó meu xuizo, con algo menos de encanto...

Para gustos...

<$BlogDateHeaderDate$>

(Un)real Bagdad

Leo en elpaís.es o seguinte:

"Un videojuego enseña a soldados de EEUU a comunicarse con iraquíes.

El Ejército de EE UU ha desarrollado un juego de ordenador para enseñar a sus soldados a comprender el lenguaje corporal y gestual de los iraquíes. El objetivo del juego, creado sobre el motor del título de éxito 'Unreal', es que los militares sean conscientes de que determinados gestos pueden resultar ofensivos y generar más tensión en determinadas situaciones.
'Tactical Iraqi' se define como un sistem
a de aprendizaje por ordenador que "en torno a 80 horas" pretende dar a "personas de habla inglesa totalmente ajenas al árabe iraquí" las herramientas para comunicarse y realizar ciertas misiones en árabe."




A iniciativa paréceme moi loable. Sen ironías. E non me refiro só ó mérito que ten reconvertir o motor gráfico dun xogo como o "Unreal" (un famoso "dispara-a-todo-lo-que-se-mueve"), nun simulador de éxito social. O feito de que uns universitarios dalgún lugar de Occidente se dean conta de que as relación humano non deben pasar unicamente polo prisma occidental é un sincero paso adiante.
Polo visto, o mesmo pensa Anthony Tehter, director da DARPA (Axencia de Proxectos Avanzados de Investigación para a Defensa),

"Aprendín máis con este xogo nun día que en toda a miña viaxe por Irak"

E iso, que queredes que vos diga é o que me parece bastante triste e explicativo dalgunhas cousas que pasan polo mundo adiante.
Pero veña, non desaproveitemos a ocasión, e que se note como as novas tecnoloxías serven de ponte entre as culturas.

E unha suxerencia para os estudiantes de Carolina do Norte. Para a segunda parte de "Tactical Iraqi" (así se chama o xogo), que inclúan algún tutorial sobre o que non se debe facer nos cárceres.

<$BlogDateHeaderDate$>

Que lle queres...

Polo xeral, respeto moito a figura de Santiago Carrillo.

Tratándose dunha persoa que leva 60 anos na política seguramente se deba ó descoñecemento case absoluto da súa biografía, á que ademáis só podo chegar a través dese prisma distorsionador que é o Tempo.

Pero que queredes, sempre me gustou ese tono conciliador que transmiten polo xeral as súas declaracións. Para min, é un claro referente diso que chaman "o espíritu da Transición".

Por iso foi moi chocante escoitar esta tarde, no programa "La Ventana" de La SER, como con toda naturalidade dicía:

"Contra un sistema totalitario y opresor de las libertades, la violencia siempre estará justificada".


Sei que é unha cuestión polémica.

Persoas moi racionais poderán dicir "E se todos os demais recursos fallan ¿que pode quedar para defendernos aparte da violencia?".

E seguramente teñan razón. Pero, ¿podemos estar seguros de que nunca queda outro recurso que, quizais, se nos estea escapando, que non sepamos ver?

Non o sei, quizais sexa demagoxia, quizais inxenuidade, pero a defensa duns ideais de liberdade, por moi violento que sexa o sistema que nos oprime, non debería erixirse xamais sobre máis violencia. Esa non debe -¡¡non pode!!- ser a saída.

¿Que clase de Liberdade é aquela que necesita alimentarse de sangue para poder existir?
As épocas dos sacrificios rituais xa pasaron... ou deberían ter pasado.

Temos ademais o problema da subxetividade. ¿Cando un réxime é tan opresor que merece a pena rebelarse violentamente contra el? ¿Cando estaría xustificado usar a violencia? Porque non estamos falando de conceptos abstractos. A violencia é tanxible. Súfrese, provoca dor, de infinidade de tipos, e carraxe, e odio, e destrucción. Non é simple retórica. ¿Cando merece a pena ese sufrimento?

Estas palabras de Carrillo están na xustificación mesma de ETA, por poñer un exemplo. ¿Acaso non di estar loitando contra un réxime que oprime os seus dereitos e as súas liberdades?
Hai demasiadas cousas totalitarias no mundo. Demasiados dogmas, demasiadas regras impostas. E sen embargo, a forza bruta non é a saída.

Calquera tipo de violencia é un atallo, unha trampa. Unha proba do noso fracaso.

Evitemos eses fracasos, e non teremos que xustificalos despois con odiosas saidas de emerxencia.

Espero que avancemos, que evolucionemos, para que algún día, o que dixo esta tarde Carrillo provoque as mesmas mostras de rexeitamento que o cura valenciano que xustificou a semana pasada a violencia contra as mulleres.

Quizais sexa demagoxia. Quizais sexa inxenuidade.

Que queres.

Éche o que hai.


PostMortem: A todo isto, a afirmación de Carillo contextualizábase nunha tertulia/entrevista na que Gema Nierga entrevistaba a Puigcercós, de ERC. Este falaba da iniciativa do seu partido que pretende que se indemnice a aquelas organizacións que loitaron contra o Franquismo, incluídas as organizacións armadas.

Por outra parte, eu tampouco quero parecer dogmático. Só dou a miña opinión que seguramente sexa superficial. Se alguén como Carrillo di eso, os seus motivos terá, motivos que eu non coñezo.

<$BlogDateHeaderDate$>

Máis Open English

Tres entradas máis abaixo podedes ver as tremendas habilidades de Franco falando na lingua de Xespir e da Pérfida Albión.

Ben pois parece que dende entón a cousa non mellorou demasiado, tanto dun lado, coma do outro...

<$BlogDateHeaderDate$>

Señoritos maleducados

Non me cae especialmente ben Evo Morales.

E non é por terlle medo a "marea de populismo que invade América Latina e que é un risco para a democracia" (Aznar dixit).

Hai pouco máis dun ano, Morales rompía no último momento un acordo co presidente Carlos Mesa sobre os hidrocarburos que era un paso histórico que ben podía axudar a Bolivia a saír do pozo no que está metida. O trauma foi de tal magnitude que Mesa tivo que dimitir, deixándolle a Evo Morales o camiño despexado para convertirse no primeiro presidente indíxena.

Con toda a cautela que debe marcar a distancia e o descoñecemento da realidade de Bolivia, aquel xesto pareceume máis motivado polas súas ansias de poder que pola preocupación polo seu pobo.

Sen embargo, provócame noxo a chulería e a prepotencia de moitos comentarios de tertulianos varios e columnas de opinión dende a victoria de Morales e, moi especialmente, dende a súa visita a España.
Hoxe mesmo encontrei estas, publicadas hai máis de mes e medio (sinto, pero estiven moi aislado e só agora volvo a vislumbrar novamente a luz do día...):


Alfonso Ussia en La Razón.

"Además de condonarle la deuda, a Evo Morales hay que comprarle otro jersey. No porque el actual sea feo, que lo es, sino por higiene. (...) A Evo Morales hay que enseñarle un poco de urbanidad y buenas maneras. Y sólo en el caso de que considere innegociable su derecho a usar ese jersey, sólo en ese caso, hay que regalarle una caja de desodorantes. Por el bien de Bolivia".

---

Jorge Berlanga en La Razón.

"Evo Morales ha venido a España con su jersey de lana gorda de indio cocalero y a uno le da la imagen de uno de esos niños pobres que enseñan en las postales de Unicef contándonos que se van a pasar la Navidad sin juguetes".

---

Antonio Burgos en ABC:

"Un jersey así no lo usan ni los primos de Farruquito cuando van con la furgona al mercadillo. Un jersey así lo dan las catequistas en sus caridades y se lo tiran a la cara. Un jersey así no lo hay ni en las pilas de chalecos a euro el pelotazo de las oportunidades de Carrefour. Y con un jersey así, este indígena, con dos co...caínas, ha visitado a las más altas instancias, sin que nadie le tosa en esta España donde hasta mi portero tiene un jefe de protocolo. Aquí, que hasta vestimos de frac de guardarropía a Pareja Obregón para que miremos quién baila, ¿no hay quien le preste urgentemente un trajecito oscuro en condiciones al indígena Morales? No, al tío le gusta provocar. Cuanto más impresentable venga con el chaleco, en plan Otegui o alcalde de Marinaleda (otros de su tribu), más dinero le suelta ZP sin consultar con el Parlamento y más empresas españolas expropia en Bolivia."

---

Esta é outra mostra da nada ofensiva liberdade de expresión occidental. ¿É por isto polo que a nosa "honorable civilización" levan máis de dous séculos loitando? ¿Polo que tantos deixan a súa vida cada ano? Lamentable....

PostMortem: Despois de ler isto, resulta aínda máis interesante ler a opinión que ten Antonio Burgos sobre os blogs.

<$BlogDateHeaderDate$>

¡Que les corten la cabeza!

Hai uns días, alguén metía a pata no que, ó meu parecer, é o mellor informativo da televisión nacional (ata que Gabilondo acabe de pillarlle o truco outra vez ó medio), "LA 2 NOTICIAS".

Durante o transcurso dunha noticia sobre as novas fotos de Abu-Grahib publicadas esta semana, colábase durante segundo e medio un fotograma de Rajoy e Acebes no Congreso dos Deputados que pertencía a outro vídeo emitido uns minutos antes.



Sen dúbida, o erro é lamentable e esixe desculpas e explicacións de inmediato. De feito, TVE pedíu perdón ó día seguinte, en tódolos seus informativos (por certo, sen necesidade de requerimentos xudiciais, como no caso do famoso Ce-Ce-O-O de Urdaci).

Pero era xa demasiado tarde. Ós crispólogos do PP faltoulles tempo para pedir a dimisión en bloque de Fran Llorente, de Carmen Caffarel... e porque non pasaban os irmáns Lumière por alí, que senón tamén...

Senores, vamos a ver, que ningún realizador de informativos pode ser tan imbécil como para xogarse o seu posto cun fallo tan burdo. Ben o contrario, ó pobre home (ou muller) debeulle caer unha bronca da ostia por equivocarse de botón, a pesar do estrés que debía levar xa riba súa, tentando facer entrar a noticia adecuada no momento adecuado. Como este, hai 10 tódolos días, pero claro, non son Marianito e Angelito os que saen. De feito, se non fora por quen son os perxudicados, esto non sería nin carne de zapping.

Resulta bastante lamentable que eles, que durante 8 anos convertiron a España no país de Nunca-Dimitas, e que levaron o concepto de "televisión de partido" a un nivel superlativo, estean agora disparando a todo que se mova, incluso por tonterías coma estas.

Pero así che son as cousas da política e da memoria. Calquera día escoitaremos no congreso a Zaplana como a reina roxa (uy lo que he dicho) de Alicia no País das marabillas:

"José Bono me ha mirado mal en los pasillos. ¡Que le corten la cabeza! Moratinos tiene halitosis. ¡Que le corten la cabeza!"

Bueno, mirémolo polo lado positivo. Por primeira vez, o tema das torturas de Abu-Graïb saíu na portada de Libertad Digital.

<$BlogDateHeaderDate$>

Spein, uan, vig an fri

Confirmado. Franco iba a Open English.

<$BlogDateHeaderDate$>

MacGyver de turismo por Bilbao

¿Algún de vós recorda este estraño capítulo de McGyver no que combate contra guerrilleiros vascos?

E mira que eu pensaba telos vistos todos.

¿Non sería unha estratexia das FAES de Aznar para neutralizar e desprestixiar internacionalmente o Plan Ibarretxe?

Sexa o que sexa, cousa chunga, dende logo...

<$BlogDateHeaderDate$>

Horizontes inquietantes

Ás 10h05 chegaba (tarde) á redacción da telejaita.

- ¿Qué tal Juan? Vaste agora ó Hostal. Ás 10h30 entrevistas ós gañadores do Nadal deste ano. Veña, date présa.

- ¿¿¿¿¿¿??????? (Que ven a ser algo así como "Ostias!").

A verdade, aínda teño sorte, para ser o manzanillo de prácticas, na redacción de local, aínda me toca facer cousas interesantes como estas. Claro que se agradecería algo máis de tempo para preparalas...

Antes deste recoñecemento, eran dous auténticos descoñecidos no panorama da literatura comercial. Para min, seguían sendo descoñecidos hoxe ás 10h05. Menos mal que tanto Eduardo Lago (gañador do Nadal coa súa primeira novela, "Llámame Brooklyn") como Marta Sanz (finalista con "Susana y los viejos") son dúas personas majas que facilitaron moito as cousas (e aparte de ser agradables por naturaleza, que se lles ve, teñen que vender o seu libro, que as fabas son as fabas...). Ó final, a entrevista aínda se me fixos curta...



Lago vive dende hai máis de 20 anos en Nova Iorque, onde é profesor de literatura. Alí foi testigo directo do 11-S, e de como a cidade vai pechando as súas feridas pouco a pouco, todo o contrario que no resto do páis.

"Ellos fueron los que sufrieron moral y fisicamente la pérdida de su gente y su símbolo. Sin embargo, durante la guerra, fue el epicentro de las protestas. Nueva York es una isla de valientes. Todo lo contrario que el resto de Estados Unidos, un país donde Bush se alzó con botas militares escalando sobre la cobardía de los norteamericanos".

Non puden evitar a imaxe mental dun Bush, vestido de militar, trepando sobre os corpos tremendo de medo e calaveras, armado cun rifle, cara o cumio da montaña de ósos e carne.

¿Cal será o horizonte que vislumbrará dende alí?

<$BlogDateHeaderDate$>

Se non quería a bicicleta, podía regalarma...

Abandonas a túa bicicleta e observas o seu lento declive. Parece bastante poética, e sen embargo, hai algo que non me convence. Non sei se é Vivaldi ou ese halo de falsedade e photoshop que rodea toda a escea...

<$BlogDateHeaderDate$>

Todo en uno

E mira que aborrezco o modding, tunning e parrafadas varias, pero imaxinade poder quentar o colacao ou as cocretas sen ter que levantarse (vale, habería que levantarse a polo leite, o colacao, a taza e as cocretas...).
Pregúntome que clase de ventilación terá para evitar que se quente en exceso...





E aquí a proba de que Homer Simpson tería un Mac. Ummmh, cervezaaaaaarrghhhh!!




<$BlogDateHeaderDate$>

Balance

Non sei a vós, pero a min paréceme tremendamente inquietante.



Por iso seguramente me gustou tanto

<$BlogDateHeaderDate$>

Crash

Crash, de Paul Haggis.

Impresionante peliculón.



E cantas menos referencias vos dean dela, máis disfrutaredes.

<$BlogDateHeaderDate$>

Pa'abernos matao!

Non é bó despertarse con sustos, e moito menos os luns.

Ás 6 e pico da mañán estoupaba a pirotécnica de Calo, deixando o estruendo á 10 km á redonda (aínda que un exagerao da telegaita dicíame hoxe que o sentira a máis de 20... Haiche xente con moi bó oído).
O caso é que unha petardazo como este ten que ser por narices a noticia estrela do día, e na teuvegá non se falaba doutra cousa, que isto non che é Valencia, e os fogos do Apóstol chégan a pouco.

De todo o material que chegou, quédome, moi por riba das declaracións do insigne Armando Blanco ("axudaremos a tódolos afectados, mesmo se hai que poñerlle plásticos no tellado") co desgarrador relato dun veciño:

Eu sentín un forte gholpe e díxenlle a miña muller: "Levanta María, que está tronando".

(cun home así, a pobre María debe ter un sono áxil se ten que espertar cada vez que trona).



A cousa non é de chiste, que se nos rimos é pola ausencia de víctimas. A verdade é que non ten xeito situar unha pirotécnica ó lado das casas (ou viceversa, que non sei neste caso que foi antes), que despois somos os primeiros en lamentar as desgracias.

Por certo, que xa saíu un concelleiro do Bloque dicindo que haberá que clarexar a relación da explosión cos oscuros intereses urbanísticos que se cernían sobre a zona.

Home, a parella Blanco/Parajó (tanto monta...) non son precisamente Santa Teresa/San Juan de la Cruz, pero ata o punto de chegar ós extremos de voar unha aldea enteira. Que isto non é Falcon Crest nin Rías Baixas.

Agora, ben, que deste asunto, parece claro que van conseguir sacar petróleo transmutado en ladrillo....

Pois iso, pa'abernos matao, un luns, ás 6 e pico da mañá, e eu con estes pelos!

<$BlogDateHeaderDate$>

Amores imposibles en Sodoma

Á muller de Lot gustáballe a neve
ata que Yahve a convertíu en estatua de sal.

<$BlogDateHeaderDate$>

Non

O que están facendo co asunto das caricaturas é poñernos nunha disxuntiva inexistente.
Non se trata de elexir, como non deixo de oír en tódolos telexornais nin en tódalas tertulias, entre a liberdade de prensa e a liberdade relixiosa.

Non, señores. O que están facendo é obrigarnos a elixir entre un xornal de extrema dereita danés que publica unhas viñetas co único ánimo de provocar e enrabietar á comunidade islámica ou defender a uns fundamentalistas que toman uns cachos de papel como a maior afrenta provocada pola nosa civilización (se de todo o que facemos, é o único que os subleva, pois vaia por Dios... e nunca mellor dito).

E nese xogo eu non quero entrar.

Porque nin a liberdade de expresión é usar a pluma co único propósito de atacar ás sensibilidades dos que non pensan coma ti, nin a liberdade relixiosa é arremeter violentamente contra aqueles ós que non lle da a puta gana de crer no mesmo deus que enche as túas plegarias.
Iso é simplificar as cousas.

Non a bipolaridade.

Non á manipulación.

Non ás simplificacións baldías.

Non, a secas.


PostMortem:
E todos aqueles occidentais que miran con cara de asco ó mundo islámico (como se fose unha masa viscosa uniforme na que non se poden facer distincións) pola polémica das viñetas, poderían recordar, como simples exemplos, isto , isto ou isto.

Quitando a violencia (nada espóntanea) que nunca defenderei, non vexo tantas diferencias.


Rigor Mortis:
E posto que non teño medo de que me queimen a embaixada nalgún lugar do mundo (éche o que che ten ser moi pouco popular) aí vai este chiste malo:

--

Jesús: Joder Mahoma, como te pones por unas caricaturas de mierda!
Mahoma: ¿Coño, tío, tú viste como me pusieron? ¡De terrorista para arriba!
Jesús: Hombre, a ver, tienes que tomártelo con más sentido del humor. A mi llevan años dibujándome y no me lo tomo tan a la tremenda.
Mahoma: Ya. Pero es que a tí te clavan...

---
Xa dixen que era malo, así que non me miredes así.

<$BlogDateHeaderDate$>

Despresurizando

Pasado o trauma dos traballos e dos exames, regreso con ganas de que este blog recupere o tempo perdido.
Aínda teño que resituarme no mundo, así que de momento, vai simplemente a mostra do que nos tivo tan ocupados a min e a uns cantos matados máis nas últimas semanas, a reconstrucción virtual da Praza Roxa de Santiago, da actual e da anterior.



PostMortem: Non penso pasar por alí durante unha boa tempada.

<$BlogDateHeaderDate$>

Ay que juventú!

Cortesía de Silvia, chégame esta noticia publicada hoxe na Voz de Galicia

Una bandada de pájaros ha desencadenado una alerta falsa de gripe aviar en Viena. Las aves fueron encontradas muertas tras chocar contra un cristal, según la Universidad Veterinaria de la capital austríaca. Los pájaros, 40 aves del tipo ampelis europeo (nombre científico bombycilla garrullus), [que xa hai que joderse co nome] se rompieron la nuca, según los veterinarios que analizaron sus cuerpos. Los científicos afirmaron que los pájaros iban «alcoholizados» cuando colisionaron contra la pared cristalina. Las aves, que migran desde el norte de Europa, estaban hambrientos y devoraron grandes cantidades de unas bayas fermentadas [xa, xa, agora chámanlle bayas fermentadas].

Así e todo, a autopsia debeu ser a ostia...


PostMortem: ¿Xa estás contento, Pablo? Puto inquisidor de los cojones...