<$BlogDateHeaderDate$>

Facendo amigos

Sei que sodes persoas intelixentes e que agardades con fervoroza impaciencia que chegue o martes para deleitarvos co do Doctor House. Por iso xa vos decataríades da existencia deste concurso, no que hai que elixir o incisivo machetazo verbal que máis vos gustou en cada capítulo.

Ben, pois habería que facer o mesmo co señor Berlusconi.


Van moitas incontinencias verbais, e ultimamente aumentan cuantitativa e cualitativamente. De todas formas, creo que terá que esforzarse moito moito moito para superar no futuro o desta fin de semana. Referíndose a última película de Nani Moretti, moi crítica con el, o moi animal solta:



"Non é máis cunha fábula (...). Como esa outra fábula que di que os comunistas se comían ós nenos. Lede ben o libro dos comunistas, na China de Mao, non os comían, FERVÍANOS PARA FERTILIZAR OS CAMPOS".



E agora, que veñan os tertulianos do corazón a superar isto.

Te habrás quedao a gusto, chaval...





Menos mal que hai xentiña con sentidiño crítico, como Roberto Calderoli (ministro obrigado a dimitir tras poñerse na televisión unha camiseta con caricaturas de Mahoma) que alzou a voz para contradecir ó (aínda) Primeiro Ministro italiano:


"Non só os fervían, senón que tamén os comían".


Veña, tíralle do aire...


Que mundo, que mundo....


PostMortem: ¿Alguén oíra falar algunha vez da "fábula" esa?

<$BlogDateHeaderDate$>

"Manolete, si no sabes, pa que te metes"

Nunha época -case superada- da miña vida, fun adicto ó Trivial.
Xa sei o que pensades: "Que puta vida máis triste", pero que lle queredes, recoñecede que hai vicios peores (Salsa Rosa bateu records históricos esta fin de semana sen ir máis lonxe)

O caso é que a práctica levoume a un atallo case infalible. Cada vez que tocaba unha pregunta laranxa (deportes e todo o que o non se sabe onde meter) que empezaba por "¿Que torero...?, a resposta era automática:

¡¡¡MANOLETE!!!

Oes, non fallaba case nunca. Anímovos a que fagades a proba.

Como éramos uns viciosos do Trivial e o nome de Manolete saía a relucir unhas 5 ou 6 veces por semana, decidimos indagar un pouco máis sobre a súa vida. A nós, pobre ignorantes da festa nacional, sonabános a antes do diluvio universal, case da época das "Tauromaquias" de Goya. Pero resultou que non, que o Manoliño era todo un señoriño do século XX.

Oes, e era unha vida ben interesante, que entre outras moitas cousas, ata tivo tempo de facerse íntimo de Orson Welles, antes de que en 1947, con 30 aniños, os cornos dun miura chamado Islero (esa é outra pregunta de trivial) se cruzasen no seu camiño .

Outra das coñas que saían con Manolete (e a motivación deste post) era o seu tremendo parecido con Adrien Brody, que naquela época estaba de moda polo "Pianista" de Polanski. Non me negaredes a semellanza...




Pois ben, hoxe topeime cunha noticia destas que che fan meditar sobre o marabilloso "caos ordenado" do Universo ou sobre a puta paranoia da video-audio-vixilancia. Resulta que a semana pasada comezou en Jaén a rodaxe de "MANOLETE" que pretende adaptar ó escenario patrio o tirón dos biopics.

¿E a que non sabedes quen vai encarnar ó "gladiador hispano"?




¡Dios! ¡Mira que me rin!


PostMortem: Este Brody non está quieto. Non contento con este papelón que lle abre as portas do seu 2º oscar (vale, vale, xa paro), dixo hai unhas semanas que lle apetecería facer de Joker na próxima película de Batman de Christopher Nolan.

E oes, así en frío, non me desagradaría en absoluto...


<$BlogDateHeaderDate$>

Culebrón South Park

A estas alturas moitos coñeceredes xa a historia completa, pero por se acaso -que hai moito despistado solto- aí vai...

Hai unhas semanas, Tom Cruise pillábase un rebote da ostia por unha parodia que South Park lle adicaba a el e máis a Igrexa da Ciencioloxía no capítulo "Atrapado no armario" (e xa vos podedes imaxinar quen era o que estaba no armario...). Se non vos apetece ver todo o capítulo en inglés podedes ler un resumo do argumento aquí (pero non sabedes o que vos perdedes).

No medio de toda esta polémica, Isaac Hayes, cantante de soul e recoñecido membro da Ciencioloxía, famoso por poñerlle a voz ó chef dende o comezo da serie, anunciaba que abandonaba o barco:

Como activista en favor dos dereitos civís durante os últimos 40 anos, non podo apoiar unha serie que non respeta as crenzas nin as prácticas relixiosas

Isto sorprendeu ós creadores da serie, Matt Stone e Trey Parker, pois Hayes nunca protestara polas parodias que en South Park se fan habitualmente ó Cristianismo, ó Xudaísmo ou ó Islamismo (entre outras) pero amosáronse respetuosos coa súa decisión...

... ata a emisión do capítulo da semana pasada ("Chef returns")...


Nel volve aparecer a Ciencioloxía, que para evitar problemas se chama agora o SuperAdventureClub, unha secta que lle lava o cerebro ó Chef e o converte nun pederasta. A venganza de Paker e Stone, convertidos en xusticieiros divinos, foi terrible (aviso, absterse estómagos sensibles e fans da serie que non queiran que lles jodan o argumento...)



Non poñades esa cara, eu xa vos avisara...



Pero chegados a este punto, a min hai algo que me inquieta moito...

¿¿¿¿Que coño fai Franco, xunto a Cocodrilo Dundee, metido na Igrexa da Ciencioloxía????





PostMortem: Acéptanse suxerencias e hipóteses. No caso de que non o resolvamos, propoño mandarllo a Milenio 4.


<$BlogDateHeaderDate$>

Miliki fai misas negras

Hai algún tempo xa falamos do moito tempo libre que ten a xente de chandalismo.

Agora, todos xuntos, as evidencias de que detrás do rostro amable e afable de Miliki se esconde realmente unha alma oscura e tenebrosa.


Evidencia 1

Evidencia 2

Evidencias 3 e 4


Nin a galiña Turuleta se libra de ter un oscuro pasado satánico...

<$BlogDateHeaderDate$>

Felicidades

Tempo haberá nas próximas semanas, meses e anos para falar da trascendencia, das implicacións, das consecuencias, das perspectivas que se nos abren tralo anuncio de ETA.

Tempo haberá para falar das dificultades, da necesidade de pactos, de consensos, de responsabilidade por parte de todos para que isto chegue a onde ten que chegar.

Tempo haberá para falar de prudencia, sabendo que prudencia non é deixar que se fagan as cousas sóas, senón facelas con sentidiño.

Pero hoxe é día de disfrutar a Ilusión e a Esperanza de estar un chisco máis preto dunha Liberdade da que nunca poderemos disfrutar con violencia ou con medo.

Felicidades a todos.

<$BlogDateHeaderDate$>

menos7 máis6

Noticias frescas do mundo da televisión:

A) REMATA "SIETE VIDAS"!!!

Telecinco e Globomedia comunicaron hoxe que esta tempada sexa a última da serie que leva 7 anos ininterrumpidos de liderazgo de audiencia. Isto supón que apenas quedan 3 capítulos para que Gonzalo peche definitivamente o "Casi ke no" e Sole se vaia coas collejas a outra parte.

Fun un gran fan da serie nos seus comezos. Agora, hai anos que non era máis que espectador ocasional. Non sei moi ben a que se debeu que a deixase de ver, porque sempre que me cadraba seguíame rindo con ela.

"Siete vidas" foi a primeira en incorporar en España o sistema americano de producción que inclúe a gravación con público en directo.


B) "LA SEXTA" PREPARA MOTORES

E se non fose porque se asegura que "7 vidas" vai quedar completamente pechada ó rematar esta tempada, eu aínda pensaría que se iría para "La sexta".

Este canal é un "fervedoiro" de rumores e informacións nas últimas semanas. O seu conselleiro delegado, Javier Contreras (brazo dereiro de Emilio Aragón en Globomedia) pasou por elmundo.es para despexar algunhas dúbidas.

A destacar:

1- Se finalmente (como así parece) consiguen os dereitos para o mundial de Alemaña non pensan negociar con outras cadeas como se viña apuntando nas últimas semanas -especialmente con Cuatro- para garantir a emisión en aberto en todo o territorio nacional. Sobre isto, teño as miñas serias dúbidas...

2- O late night da cadea comezará ás 9h00, adiantándose unha hora respecto ó resto de cadeas. Polo tanto, entrará en competencia directa cos informativos.

Respecto a estes, ata despois do verán "La Sexta" non contará con eles o que indica a vocación de entretemento e ocio coa que nace a cadea, ata certo punto lóxico se temos en conta que o accionariado se compón fundamentalmente de productoras de ficción.

Dende un punto de vista empresarial non ten por que ser unha mala decisión. Gran parte da inversión para montar unha rede sólida de informativos se vai dedicar de momento a outros proxectos (series estranxeiras, programas de producción propia e, sobre todo, o Mundial) para máis tarde incorporar a Mamen Mendizábal e Helena Resano.

3- Os venres estarán adicados ó sexo. Primeiro cun programa tipo Dos Rombos, chamado Todos a 100, (¿non vos lembra ás tendas de "20 pesos"?) e con películas hentai (manga erótico).

En xeral, a entrevista deixa clara a aposta pola entretemento e, sobre todo, que nada parece excesivamente sólido nos plantexamentos cando falta apenas unha semana para a estrea do canal. Todo é "estamos trabajando en..." ou "nos gustaría que...".

A ver que acaba saíndo de aí...


<$BlogDateHeaderDate$>

O Tren da Lingua

Hoxe, Día Mundial da Poesía, na Telegaita tíñanlle unha sorpresiña reservada ó bolseiro de Local..


- Juan, ¿Maréaste cando vas en tren?

- Non (Juan poñendo a mesma cara que Shin Chan cando Misae lle chama "responsable")

- Pois mira que ben, toma...


E entón, daquela man estirada, cae sobre Juan a espada de Damocles en forma de comunicado de prensa. No encabezamento, as 3 palabras fatídicas: " TREN DA LINGUA". Naquel momento entendo porque aínda non chegara ningún outro xornalista de local. Os moi cabróns xa estaban sobre aviso...


Para quen non o saiba (e eu non o sabía ata non hai moitas horas) o "Tren da lingua" é unha iniciativa aparentemente altruísta que esconde en realidade un plan para destruir a capacidade neuronal de profesores de primaria e xornalistas. De feito, os patrocinadores son auténticos especialistas en materia de crises nerviosas a gran escala: unha entidade bancaria e Renfe...

Basicamente: Collen a 20 profesores, uns cantos xornalistas incautos que pasaban por alí (cos seus respectivos cámaras), 2 pallasos e metenos a todos nun tren con ¡400 nenos de 5 a 8 anos!

P'abernos matao!

A idea oficial é pasear ós nenos por Galicia mentres lles falan en galego a ver se se lles pega algo. Realmente, son eles quen che pasean a ti e o que se fomenta non é o uso do galego, senón o budismo e a meditación trascendental.

Agora sei de onde saen esas cifras millonarias das manifestacións: HAI MOITOS NENOS NAS MANIS!!! Porque eran 400, cifra nada despreciable, pero alí metidos, gritando, imitando ós triunfitos, xogando o balonmán coas gafas que un dos profesores buscaba debaixo dos asientos... esas criaturas parecían multiplicarse por 10.

Agora estaba claro: Hitchock estivo no "Tren da lingua" antes de facer "The birds".

Unha vez chegados a Villagarcía, os pobres pallasos tentaban facer entender as bondades do tren, de renfe e do galego a través dunha obra de teatro. Pero por desgracia, as inquietudes dos escolares extendíanse máis alá do horizonte que lles abría a porta da estación.

Con coidadas estratexias que nada lle teñen que envexar ás guerrillas modernas, os individuos elaboraban maniobras de distración mentres distintas oleadas se abalazaban sobre as barreiras de cristal que os separaban da Liberdade escondida máis alá do andén.

Non dou resultado: impúxose finalmente a represión do sistema de violencia lexitimada dos profesores. A Liberdade terá que esperar igual que o recoñecemento artístico dos pallasos...

O viaxe de volta parecía máis tranquilo. A frustración pola pérdida da ocasión de coñecer mundo invadía as filas dos escolares... ata que alguén se lle ocurríu lanzar o rumor inapropiado: "Antes de chegar, vanvos dar agasallos"

O fervor e a ilusión reinvindicativa volveu anidar no corazón de todos eles, facendo retumbar as fiestras daquel tren ó grito de


¡QUEREMOS AGASALLOS, XA! ¡QUEREMOS AGASALLOS, XA!


E tal e como terá que facer Villepin nos próximos días, as autoridades competentes tiveron que ceder ás lexítimas pretensións da masa enfervorecida. O agasallo non foi un MP3 nin unha PSP (como se empezaba a rumorear entre os vagóns) senón un estuche de pinturas como este



E para a miña sorpresa, non se levantou ningún motín a bordo, senón que incluso houbo espacio para unha bonita anécdota.

Na estación de Santiago, antes de partir, Victor Freixanes deulles un breve discurso sobre o bonito que é o tren, e díxolles que tiñan que buscar "os fragmentos do conto que estaban durmindo dentro del". Os maiores deberíamos pensar algo máis as consecuencias que poden provocar as nosas metáforas, porque mentres Victor Freixanes quedaba na estación, os pobres profesores tiñan que convencer ós nenos que debaixo dos asientos non había ningún libro de contos.

Pero volvamos á historia. Tralo reparto de regalos, unha nena, coa goma do estuche na man (unha desas envoltas nun cartón que ten escrito ERASER en grande), dime:

- ¡Mira! ¡encontrei un cacho do conto!

(Juan pon cara de "¿¿¿????")

- ¡Si, mira! -sinalando a goma- ¡ERASER unha vez unha princesa!


Despois diso, quedeime con cara de bobalicón e con sorriso de 360º. Hai que recoñecer que ás veces, estas criaturas demoníacas poden ser adorables.


De volta á Telegaita, Iria, unha compañeira de local, pregúntame onde estiven toda a mañá

- No tren da lingua.

- ¡¡¡Ostiáááááááááá!!!


Conclusión: Cando che pregunten se te mareas no tren, di que si. Xa terás tempo de dicir que existen pastillas contra iso.


<$BlogDateHeaderDate$>

House e a SGAE

Como están de popularidade as sociedades de autores e editores que ata aparecen mencionadas nun dos capítulos de House, a serie que emite Cuatro os martes á noite.



Por certo, House paréceme unha das mellores sorpresas que está a deixar o excelente catálogo de series estranxeiras de Cuatro.

O Dr House será un cretino, un arrogante, un prepotente e quizáis, ata un imbécil, pero... ¿de verdade non vos gustaría ser coma el?

Misterios da ficción...

<$BlogDateHeaderDate$>

Mamá!!!! Papá se ha comido a Fede !!!

Nos tempos da supercomputación e da hipertecnificación matemática, a min aínda me seguen acojonando algunhas ecuacións básicas...


Non, non é Zaplana vestido de FJL, que xa sabemos da aversión que sinte este homiño polos disfraces.
É unha foto auténtica, publicada no "Diario de las Provincias" no ano 97. Acompañaba un artigo que daba conta dos desencontros do actual portavoz do PP no Congreso coas universidades da Comunidad Valenciana.

Algúns dirán agora que todo encaixa. Pero eu non, por suposto. Líbreme Dios...


PostMortem (para moi frikis): Isto recórdame ó "baile da fusión" de DragonBall Z...
E sobre isto, había quen me dicía hai uns días que Goku e Vexeta non se fusionaran nunca gracias a este baile grandioso que foi case un acontecemento xeracional para moitos da miña idade (e non poñades esas caras, que sabedes é verdade).
Pois aquí e aquí van as proba.

¡Dios che bendiga, YouTube!

Algún día destes terei que adicarlle un post (ou un blog enteiro) a DragonBall, que xa mo vai pedindo o corpo...




<$BlogDateHeaderDate$>

Milosevic

Hai uns días apenas, falabamos da necesidade de demonizar o inimigo, de poñerlle un rostro a Satán antes dunha guerra. Fíxose sempre e así seguirá sendo mentres nos sobrevivan os réximes autoritarios e as ambiguas democracias de pufo. Así foi dende Ramsés II ata Sadam, pasando por Napoleón, Vlad de Valaquia, Hitler, Bin Laden…

Moitos anticristos, e ó mesmo tempo moi poucos…

Eles facilítanos a encarnación de tódolos pecados e perversións habidas e por haber no inferno. E iso alivia a nosa conciencia á hora de premer o gatillo contra alguén que teña o mesmo pasaporte que o tirano, sexa ou non soldado, estemos no frente de guerra mirando o inimigo ou estemos na casa vendo a CNN. Foi pola Democracia. Foi pola Liberdade. Foi necesario.

Slobodan Milosevic foi unha desos rostros do Mal, coma esas máscaras africanas tenebrosas que invocan a un Deus salvaxe e inmisericorde.

A Historia non será amable con el. Terrible é o destino dun home cando a morte parece unha sentencia exculpatoria….

Milosevic é un dos grandes asasinos da post-IIª Guerra Mundial. O Carniceiro, que levou ós Balcáns ó seu descenso ós infernos. Pero non foi o único; Slobo só era o carniceiro de coitelo máis longo. El canalizou e alimentou(se) (d)unhas ansias de sangue que xa estaban aí. Coa súa chegada o poder fíxose patente que o único elemento federal que había en Iugoslavia era o odio.

E mentres os irmáns Serbios, croatas, bosnios, kosovares… marcaban coa navalla os seus epitafios na corteza das árbores, Occidente, aínda baixo os ecos da Iª Guerra do Golfo, calaba e laméntabase do distorsionadas que chegaban as ondas herzianas, privando a toda esa pobre xente da axuda que lle poderíamos ter dado se percibíramos correctamente o seu sufrimento . Milosevic foi un salvaxe, un xenocida, un cabrón que merece arder máis alá do inferno, pero tan só un secundario relevante nesa traxedia negra chamada Europa.

A morte de Milosevic impedirá un veredicto formal que viría a pechar dalgunha forma certa parte da historia, un símbolo para a incipiente “Xustiza Internacional”. Xa é mala ostia que ata as metáforas históricas teñan o destino en contra. Pero non nos equivoquemos. Certas feridas teñen moi difícil cicatrizar. Terán que ser as vindeiras xeracións de serbios, bosnios, croatas ou kosovares os que veñan a alivialas... ou abrir definitivamente a billa da hemoraxia irreversible.

E nós, dende o outro lado dese Telón do raios catódicos, tamén temos o noso papel. Non culpemos da vergonza da Historia a un único home. Estaremos proporcionándolle ó doctor Frankestein os anacos de cadáveres que necesita para crear un novo xenocida. Outro anticristo ó que sumar a lista.

<$BlogDateHeaderDate$>

Licor café e ó carallo 29

Os que me coñecen saben que teño un imán especial para atraer as cagadas dialécticas, que son un Steve Urkell da retórica. Sálvame ser un tipo gris que pasa desapercibido entre a multitude (e entre a minitude). Iso permíteme, cos 23 anos cumplidos, seguir aínda en plena posesión das facultades reproductivas a pesar do meu historial de tonterías. Pero tamén é certo que ultimamente atravesamos unha zona turbulencias de hipersensibilidade...

Hai uns días, o amigo Uz, aludía -sen aludir de todo- a un comentario que se publicaba algo máis abaixo. Concretamente a:

Outra aportación interesante foi a de Barbara Kristensen que durante os postres dalgunhas das moitas comidas e entre risas, dixo que o reintegracionismo lle parece unha forma de "colonización inversa"...

Sin dicilo abertamente, parece que iso lle molestou un tanto.

Cada un é como é, pero de primeiras, creo que é bó tomarse as cousas con máis sentido do humor e menos rixidez académica. Neste caso, hai que entendelo como o que foi ese comentario, unha broma feita “durante os postres” e cun par de chupitos de licor café de por medio.

Pero sen querer dramatizar, direiche, camarada Uz, que eu tamén creo estar a exercer unha gran labor de dignificación. Dignifico a miña lingua da única maneira que sei: falándoa. Sen necesidade de emprender ningunha cruzada, nin de desbravar ningún solo.

Penso en galego, a miña filla (cando a teña) vai ser guapísima, fale en castelán, en galego normativo ou en chino mandarín, e vivirá nun mundo no que as desigualdades sociais non van desaparecer polo uso dunha lingua ou doutra.

Óxala fose así, pero non vai ser.

E penso todo isto en galego, sen necesidade de reintegracionismo, que non comparto pero respeto, como casi calquera opción lingüística ou cultura.

Pero unha cousa é que a respete, e outra que me veñas dicindo que ti, por reintegracionista, estás dándolle nada menos que DIGNIDADE á lingua que eu falo con todo o orgullo e dereito do mundo, sen imposicións por parte de ningúen.

Non creo que ti, ou calquera reintegracionista (nin calquera membro da Academia ou da Mesa), teñades máis autoridade ca min ou ca calquera outro galego-falante (ou galego-pensante) para falar de Dignidade. Nin por suposto á inversa.

Todos nós aportamos –consciente ou inconscientemente- o grao de area para que non desapareza esa parte da nosa identidade. Igual mérito ca ti temos os que falamos o galego dos nosos abuelos, ese no que a miña abuela di “abuela” e non “avóa”. E ante ela creo que deberían agacha-la cabesiña a metade dos académicos que soltan o “grazas” só cando hai unha cámara da telegaita mirando ou aqueles que cun par de “ção” cren estar resucitando unha historia que se esconde realmente nesa xente que non víu na súa vida puta un libro de texto.

E moito menos un libro de texto pasado pola Mesa ou polo congreso lusófono de turno.

Ó mellor é a eles, ós que sacharon o galego durante séculos, a quen temos que recoñerlles un pouquiño máis que o galego non chegase a nós como unha lingua de museo…

E o “ya te lo tenía dicho yo” paréceme unha aberración a nivel académico, por suposto, pero unha maravilla na capacidade das linguas de demostrar unha concordia que moitas veces se nos escapa ós falantes.

E quero unha lingua viva, que me reflexe unha historia auténtica, non de ciencia ficción. Unha lingua onde o castelán, pese a quen pese, ten que ter a súa impronta por cojones, porque o demáis é negar cinco séculos dunha Historia á que tanto nos gusta recurrir cando nos convén.

Que lle queres, ás veces gústame camiñar polo solos sen desbravar.

En todo caso, se che ofendín a ti ou ó teu sentido do humor, desculpa por dicir algo que non che ía dirixido, pero sobre o que, en todo caso, tés todo o dereito do mundo a opinar.

E con isto, unha ronda licor café para todos e ó carallo vintanove.


<$BlogDateHeaderDate$>

Lección de humildade

O avó camiñaba como cada domingo co seu neto (o avó e ó seu neto non lles gustaba moito o rollo do cura, así que se escapaban da misa antes de tempo sen que ninguén se decatase...).

O caso é que chegando a veiga do veciño (que por suposto non andaba por alí) o avó colle o rapaz e colócao con algo de esforzo sobre os seus hombros.

- ¿que fas, abuelo?

- Neno, colle unhas mazás de aí.

Tiñades que ver a pinta que tiña aquela maceira, cheíña cheíña de mazás repoludas grandes coma dous puños polo menos.
Ó neno, lambeiro coma el só (bueno, e máis como o seu abuelo) íbanselle as mans ás mellores e máis grandes.

- Neno, non collas desas, colle das picadas.


O rapaz, que non entendía por que lle dicía iso o avó, prefería facerlle caso ó estómago e seguía indo a polas boas.


- Neno, ¿pero non oes o que che digo? ¡Colle das picadas!

- Pero ¿por que, avó?

- ¿Estás parvo? ¿Logho queres saber ti máis cos paxaros?


Seguro que xa a coñecíades, pero a min, ignorante urbanita, esta historia contada por un contacontos no colexio de Lamas de Abade hai uns días, pareceume unha lección de humildade.

Por certo, tamén explicou que o avó pretendía dúas cousas: coller as mellores mazás escollidas polos paxaros, pero tamén evitar o pleito do veciño por pillar as que non estaban picadas.

<$BlogDateHeaderDate$>

Perspectiva histórica

Fragmentos como estes ben valen unha desculpa.

Poida que o "Caiga quien caiga" de Fuentes non iguale nunca o de Wyoming, pero ás veces ten momentos de sublime inspiración...


<$BlogDateHeaderDate$>

100 !!!

<$BlogDateHeaderDate$>

Adoremos a Tux!

Marquiños, hai tempo que non che adico atención ningunha dende esta fiestra.

Para que vexas que non me esquezo, aí che vai o "frikrigalo do mes", que ademáis che vai vir moi ben agora que andas renovando o teu bicho.

Como ben ves, é unha carcasa coa forma do teu pinguino favorito (tampouco sei se coñeces outro aparte deste). Mide 17 cms, así que o de meter a placa base xa cho deixo para ti.

¡Imaxínate! ¡Ter sempre o teu ídolo diante e poder prenderlle as velas de neón mentres segues coas túas plegarias sincronizadas co ritmo do ventilador e do disco duro! ¿Non é un soño?

Ademáis, podes esquecerte para sempre dos problemas da gravadora de DVD, pois esta marabillosa caixa non ten espacio para ela, nin para o lector de CD's. ¿Non é fantástico?

Seica ven con Linux instalado. Isto non o acabo de entender ¿Onde coño o leva? ¿No pico? ¿Non se supón que está vacío? Misterios para os guindouseros coma min, profanos nos misterios da "Linuxmística" que só iluminados coma ti poden entender...

Por suposto. o meu é un regalo virtual. Os 30€ deixo que os apoquines ti.

<$BlogDateHeaderDate$>

Seguridade e fundamentalismos raros en Rianxo

¿¿¿A que xa me botábades de menos???

...

Vale, non contestedes, cabrones...

Pois para quen lle interese, direi que estes días de ausencia se deberon o I Congreso Luso-Galego de Estudios de Seguridade Internacional e da Paz, organizado polo IGESIP (Instituto Galego de Estudos sobre Seguranza Internacional e a Paz) que se celebrou en Rianxo esta fin de semana.

Escribir sobre o IGESIP levaría uns cantos posts e horas, así que mellor outro día. De momento só dicir que foi ideado durante unha charla de cafetería por Joam Evans, ás veces xenio, ás veces lunático (se é que esas dúas cousas poden ir separadas algunha vez), que a pesar do que nos rimos del no seu momento tenta agora levantar un proxecto serio e eficaz.

Neste congreso reuníronse bastantes expertos galegos e portugueses na área das Relacións e da Seguridade Internacional. Houbo algunhas ponencias e mesas redondas realmente interesantes, especialmente a de Azul Enrique Muñoz (cando teña un fillo, non lle chamarei con nomes de colores, cando teña un fillo...), cooperador das Nacións Unidas, ou Joao Marques de Almeida, director do Instituto de Defesa Nacional de Portugal.

No plano negativo, a escasa asistencia de público, especialmente despois de que unha decena de portugueses se largase ó primeiro día. Dicir que asistían porque un dos seus profesores lles prometera subir a nota se asistían a súa ponencia. Dicir tamén que o profesor inauguraba o congreso, así que moito tempo non estiveron,non...

Por outra banda, o fin de semana dou para bastante. Por exemplo, chamáronme unha das cousas máis raras da miña vida.

Despois de clausurar unha mesa redonda na que discutíamos sobre o futuro da cidadanía, un ponente, alumno do Instituto Universitario Xeneral Gutiérrez Mellado, achégaseme e sóltame, sen máis, a lo bruto:

"Aquí está o fundamentalista democrático".

Creo que o dixo con certo desdén. En todo caso, a min gustoume.

Ás veces ata chove a gusto de todos.


PostMortem: Outra aportación interesante foi a da moza de Joam, Barbara Kristensen, que durante os postres dalgunhas das moitas comidas (que os congresos e xornadas veñen ben para coñecer novas culturas gastronómicas, ¿ou?), e entre risas, dixo que o reintegracionismo lle parece unha forma de "colonización inversa"...

E tiñades que ver como Joamciño calaba mentres tanto.

Ai! éche boa verdade, as mulleres sonche o demo...

--

Actualización, do 17 de marzo: Según me contaron, hai quen se sentíu ofendido ou molesto por algunhas das cousas que se din aquí arriba (e non me refiro só a Uz ).

Vaia por Dios, xa vés ti a importancia que poden ter as cousas que poida dicir eu...

Aínda así, se alguén lle adicou algo do seu tempo a molestarse, que reserve agora un pouquiño para perdoarme coas desculpas que lle envío.

E con elas, de propina, un consello que humildemente me atrevo a dicir. Por favor, algo de sentido do humor (tomemos o exemplo de Bárbara), que a inflación e a vida non che están para moitos tremendismos máis.

<$BlogDateHeaderDate$>

Tan fácil non vale...

Aviso: Aínda que o parezca, non é coña.

Está é unha das preguntas -coas súas correspondentes respostas- nun exame de oposición municipal para o corpo de bombeiros de Alicante:

¿Cuál de las sustancias es autorreactiva?

a) Tetracloroetano

b) Azodi

c) Tetrafluoretano

d) Zapateroboboetanopacta


Varios candidatos impugnaron o exame. O presidente do tribunal (senador do PP para máis señas) non víu problema na pregunta.

<$BlogDateHeaderDate$>

Un cerebro digno, non ten prezo...


Dúas semanas despois de que España se estremecese coa noticia de que Leonorciña tivo que facer emigrar o seu egrexio cordón umbilical a un frío e inhóspito banco de Arizona (IU.ES.EI.), o Ministerio de Sanidade decidíu tomar a iniciativa e enmendar tal inxustiza

España permitirá ("baixo condicións moi estrictas") os bancos privados de cordón umbilical.

¡Noraboa! ¡Xa ía sendo hora!

Pero dende esta modesta (aínda que moi digna) fiestra, quero solicitarlle ó Ministerio de Sanidade, ó señor ZetaPé ou a autoridade competente que dunha vez por todas se atrevan a dar o paso definitivo.


¡BANCOS PÚBLICOS DE CEREBROS XA!


¿Acaso non é unha das maiores necesidades que temos nestes tempos de crise posmoderna?

Lancemos unha iniciativa popular. ¡Sementemos España de mesas petitorias!


¡NEURONAS DIGNAS PARA TODOS!


Porque nunca se sabe cando as poderás necesitar...





El xa está a favor...




Veña, co esforzo de todos poderemos conseguilo


PostMortem: Pensádeo ben. Poderá parecer unha estupidez. Pero tamén sonaba pouco serio a Alianza de Civilizacións e mirade as subvencións que está quitando.



<$BlogDateHeaderDate$>

Fotorrealismo...

Para todos aqueles que queirades levar unha foto miña na carteira ou (caso máis probable) para facerme vudú. Os que o viron hoxe din que o parecido é asombroso.
A verdade, non sei como tomarmo...




E para quen queira facerse un como este, aí vos vai o enlace.

--
ACTUALIZACIÓN: Xoves 9, 14h24

Despois de ler o comentario de Antoñiño (alias o "anxo espatarrao" ou "fallen angel") creo que debería pensarme a súa idea.

De momento vai unha segunda instantánea: "Juan dándolle clase a nenos de 3º da ESO"



<$BlogDateHeaderDate$>

Bloom

Teño co pensamento de Harold Bloom unha relación difícil. Estou pouco ou nada de acordo cos seus ensaios de crítica literaria (polo menos os que lle lin) pero apasióname a súa verba fácil, a axilidade e profundidade coa que é capaz de sentenciar á sociedade contemporánea con simples pinceladas.

Con tres palabras, expresa tres ideas xeniais que ningún intelectual relevante se atreve a dicir en voz alta nestes tempos de corrección política. É crítico literario, non ten polo tanto necesidade de meterse en "saraos" incómodos, e sen embargo, provoca unha e outra vez a ira dos sectores máis conservadores dos yiuesei.

Volveuno facer na presentación en Madrid do seu novo libro, Jesús y Yahvé, los nombres divinos.

Mordisco nº1: "Os estadounidenses teñen a imaxe colectiva dun Xesucristo histórico, que falaba inglés, votaba ó partido republicano e dirixía unha empresa norteamericana".

Mordisco nº2: "Certo, o meu discurso é altamente político, pero é que non podo remedialo, porque o meu país convertíuse nunha teocracia militarizada, que vai converter a Constitución nunha teoloxía cristiana. Así que as diferencias entre Bush e Bin Laden, pois eu, non as teño tan claras.

Mordisco nº3: "Bush di que Deus é o seu filósofo, pero non sei onde líu que Xesucristo deixara testimonio de que os ricos teñen que ser máis ricos e os pobres máis pobres ou que haxa que ir á guerra. Crer en Deus é unha frase feita, guiada por valores políticos, da que este pobre home abusa como un adicto. Foi o propio Bush quen dixo que Deus empezou a ser parte importante da súa vida unha vez que deixou o alcol. ¡Deus sustituindo a botella! Iso da idea de que clase de compromiso relixioso ten este home".


<$BlogDateHeaderDate$>

Simplemente Gala

Entrevista de Jesús Quintero a Antonio Gala

- ¿España está al borde del desastre? Se lo digo porque como Aznar la ve tan mal...

- Pues que mire mejor.

<$BlogDateHeaderDate$>

Por Tutatis (e mailo dios que che paríu)


Atentos a nómina de actores de “Asterix nos xogos olímpicos” (outro mito ó caraio)

Aparte de Jamel Debbouze (Asterix) e Depardieu (Obelix) que xa estaban nas anteriores, a película contará con:

- Alain Delon
- Claudia Cardinale
- Santiago Segura
- Elsa Pataky
- Fernando Tejero
- David Beckham
- Zinedine Zidane
- Michael Schumacher

Entre moitos outros

<$BlogDateHeaderDate$>

Kevin Smith

O cabrón de Pablo adiantóuseme colgando os dous vídeos de Kevin Smith (director de cine, actor, dibuxante de comics...) que tiña preparados, pero eu teño máis recursos.

Aquí vai outra conferencia na que fala dos seus problemas coa Liga Católica tras rodar DOGMA. O pobre non entendía as protestas contra unha película "na que sae un monstruo de goma"...



É menos coñero que os outros dous, pero máis ácido e reflexivo. Sen desperdicio (ou sí, pero aínda así, mirádeo, que para algo estamos nunha sociedade coprófaga...)

<$BlogDateHeaderDate$>

E de aquí a un ano... todos calvos!

Tal día coma hoxe, hai un ano (ou sexa, o día despois da entrega dos Oscar's), pensaba nas favoritas para onte.

Non acertei unha.

Na miña defensa está en que a todos nos pasou o mesmo. Ou a ver... ¿quen coño daba un peso por unha peli que costou 6 millóns de $ e que ten no cartel a Sandra Bullock e Brendan Fraser como reclamos? Dos Malboros Gays, por suposto, non tiña puta idea sequera da súa existencia...

Daquela aspostei por Munich, A novia cadáver e King Kong (pensaba que destacarían algo máis que os seus méritos técnicos). Co exercicio non me fixen millonario, pero foi divertido, así que despois de sondear o que hai por aí, Juan/Rappel di que...

O "novo cine negro" pode ter algunha oportunidade da man das súas grandes figuras:

- El Buen Pastor, de Robert de Niro, cun reparto de relumbrón (Angelina Jolie, Matt Damon, John Turturro, Joe Pesci, Alec Baldwin, William Hurt, o propio de Niro).

- The Departed, de Scorsesse. Da anterior, repítense Matt Damon e Alec Baldwin, e sumamos a Nicholson, Di Caprio (este tío está liado con Scorsesse, fijo), Mark Walhberg , Martin Sheen, e Vera Farmiga.

A Brian de Palma e a súa Dalia Negra non lle vexo moita posibilidade, que para algo a estrea xa está prevista para o verán (pouca confianza dos productores). Unha pena. Scarlett terá que esperar un ano máis.


Noutros xéneros:

Comedia:
Lucky You
de Curtis Hanson, con Eric Bana e Drew Barrymore (Hanson sempre é unha garantía).

Drama:
World Trade Center. Particular visión do 11-S de Oliver Stone (con todo o que isto supón a favor e en contra).

Breaking and entering do pesao de Minghella, con Jude Law e Juliette Binoche (Binoche+Minghella xuntos outra vez despois do Paciente Inglés. AAAAAHHHHHH!).

E a miña gran dúbida: Flags of our fathers. Promete moitísimo, pero supoño que a Clint Eastwood non se lle pode premiar todo...

Histórico:
Quizáis este xénero teña algunha posibilidade despois de moitos anos de ostracismo con María Antonieta de... Sofía Coppola (reencontro con Kirsten Dunst despois das Virxes suicidas)

Acabo de nomear 8 películas, e estou seguro de que non vou acertar ni un só dos premios (seguro que aínda me levo máis razzies que oscars). Só me fiaría de animación, que debería estar entre CARS e ICE AGE2.

Claro que despois da sorpresa de Wallace & Groomit...

Premiadas ou non, calquera destas, en principio ten boa pinta... ata que chegue o imbécil de Ron Howard a levarse o de mellor director polo Código da Vinci (Imposible. Se o fai, acepto un desafío que me planteedes).


<$BlogDateHeaderDate$>

Crash! Crash! Crash!

Con todo o repartido que estivo, e a pesar do empate técnico (cuantitativo que non cualitativo) con "Brokeback Mountain", "King Kong" e "Memorias dunha geish", este peliculón, unha das que máis me emocionou nos últimos anos, acaba de convertirse na gañadora dunha das edicións máis interesantes dos Oscar's que lembro, polo menos pola calidade e compromiso das nominadas (ó contrario que os discursos dos premiados).

Quen llo ía dicir ó realizador de "Walker: Ranger de Texas" (as voltas que da a vida...)


A ceremonia, menos pesada que outros anos, pero tampouco para tirar foguetes. "Munich", unha película boa, pero que non me emocionou especialmente e "Good night, Good Luck", as grandes perdedoras. Penso que tería sido un excesivo premio para Spielberg, e para Clooney, haberá máis oportunidades. Seguro.

<$BlogDateHeaderDate$>

Oración de Icaro

Saberse muerto antes de tiempo

para siempre,

en el ojo cerrado,

en la persiana echada

sobre el ombligo de la mañana.

Saber que la soledad ya no es alternativa

sino imposición

de canciones silenciosas

de risas fúnebres

de verbos intransitivos

de vasos semivacíos

de botellas semillenas

de ceros, matrices de lo (im)posible

de cenizas crepusculares

de labios sepulturales

de olvidos agrietados

de siglos incumplidos

de teléfonos sin agenda

de teléfonos sin batería

de bolsas de plástico inamovibles

de avenidas á nulle part ailleur

de botones mal cosidos

de radios sin pilas

de ateísmos y agnosticismos

de sombras aladas sin cuerpo

muertas sobre tumbas de cartón piedra

con epitafios mal escritos

sobre barrotes secos y coronas de espinas

Y Saber, sin embargo, creer,

que todavía hay puertas

tras las que aún se esconden

metáforas imposibles.

<$BlogDateHeaderDate$>

Dogme

Yo siempre tengo razón.
(aunque me hequivoque)

<$BlogDateHeaderDate$>

Por un xornalismo non aristocrático

Segundo parece, houbo hoxe un interesante debate -"combate de boxeo" chegaron a chamarlle- no Congreso de Periodismo Dixital de Huesca.

Este é un resumo da discusión sacado de ElMundo.es:

"los periodistas José Cervera ('20 Minutos) y Javier Monjas ('Nuevo Digital') defendieron cada uno una manera de ver el futuro de la profesión. Mientras que Cervera piensa que los medios 'tradicionales' acabarán sucumbiendo ante la participación creciente de los ciudadanos en la Red, Monjas insistió en la excelencia como seña del periodismo, una aristocracia necesaria en el mundo de la comunicación que define como no democrático".


A todos os xornalistas -e aprendices de xornalistas- este tema debería facernos reflexionar un bó número de horas, pois é neste punto onde se cociña o futuro da nosa profesión.

Sei que as posibilidades que abríu Internet (Blogs incluídos) nos últimos 10 anos non son a panacea universal, que queda moito por camiñar... pero é un fenómeno que non se pode negar. As cousas nunca volverán ser como antes. E o xornalismo tampouco. Sería ignorar o estirón que pegou o mundo na última década...

O xornalista moderno naceu por unha necesidade social. Existía un déficit de Información (e a Información é un Dereito) contra o que os "soldados da prensa" loitaban, nas alturas, bregando e mediando coas altas esferas políticas, xudiciais e económicas. Esa loita deixou capítulos memorables e outros lamentables ó longo dos anos. Pero sexa como sexa, ese era o estatus dos reporteiros: os "buscadores de ouro" que se convertía logo en tinta, e máis tarde tamén en ondas sonoras ou raios catódicos.

Pero dunha situación de déficit, penduleamos ó extremo contrario. Hoxe non só non falta, senón que hai un exceso de datos e de ferramentas para a producción de datos. E ademais ¡Oh, cruel destino del periodistas!, esas ferramentas están democratizadas e non necesitan carné nin título para ser usadas. Nestas circunstancias, pretender seguir mantendo o monopolio da xestión de información non só é inútil, senón que ten certo punto de estupidez.

Podemos seguir pensando que o fenómeno blog non é xornalismo, igual que podemos seguir pensando que a wikipedia non é unha enciclopedia. Pero será igual que dicir que Chat ou Email non son hoxe palabras válidas para ser usadas nunha conversa en español ou galego. A quen defenda esas posturas non lle faltará razón se segue a falar de "vello xornalismo", de "vellas enciclopedias" ou de "vellos idiomas", se seguen anclados nos estatus anteriores. Pero aferrarse ás realidades inmutables soe ser síntoma de anquilosamento.

E a realidade, hoxe en día, é que TODO o que ten que ver coa sociedade civil global se está abrindo e rompendo cadeas. Chámalle Democratización ou chámalle X. Da exactamente igual. O caso é que os vellos privilexios, igual que na caída do Antigo Réxime (I) se están derrumbando. E é por ese mesmo motivo polo que creo que as institucións máis arcaicas, as que máis tempo levan sen mudar, son ás que máis se lle atraganta a época posmoderna. E refírome á Igrexa, ó Exército, a Familia e a Escola. As vellas xerarquías piramidais non se adaptan ben a unha terra globalizada que loita por aplanarse, onde un barrio de Beijing ou Nova Delhi comezan a competir con Sillicon Valley e onde un descoñecido de Nova Celanda entra cada tres días neste blog.

E os xornalistas, os que tanto presumimos de (re)coñecer antes que ninguén as novidades que ocorren nun mundo que temos controlado coa nosa axenda, deberíamos espabilar dunha puta vez. Podemos defender a nosa capacidade profesional, o noso compromiso ético e deontolóxico, a nosa labor de mediación. E se o facemos ben, ningúen nolo poderá discutir. Pero o que non podemos é defender o monopolio da información. ¿Acaso queremos ser o clero ou a nobreza deste cambio de réxime?

De todas formas, sería inútil. Esta Revolución Francesa xa está en marcha, por moito que nos pillara co paso cambiado...

Internet e a comunicación nodal chegaron, e viñeron para quedarse. O fenómeno blog é xornalismo. Entremos a discutir se é bo ou malo xornalismo. Se é mellorable, e como podemos melloralo entre todos. Pero o que é un contrasentido que a prensa, que sempre puxo ós dereitos da Cidadanía como aval dos seus dereitos (Liberdade de expresión, Liberdade de prensa...) veña agora falando de "aristocracias". E por favor, non metamos a excusa do intrusismo no paquete.

Podemos falar de moitas pedras que se meten no noso camiño. Presións económicas, políticas, laborais... Pero se a popularidade do xornalismo vive horas tan baixas é porque gran parte da profesión se rendíu hai anos, máis preocupada polo brillo, sexa dos flashes ou da pintura metalizada do coche novo. O xornalista apalacado é o auténtico intruso.

Quero crer no valor do Xornalismo, da Comunicación, da Liberdade de Expresión, da Democracia… Por iso quero crer no Xornalismo Cidadán.


Dende o xurdimento da prensa moderna, os xornalistas tiveron a labor de coidar un ben moi preciado. Esa custodia durou case practicamente tres séculos, pero chegou o momento de compartilo con gran parte da Cidadanía que medrou, madurou, e está agora disposta a afrontar o desafío e a responsabilidade. Nós, se cumplimos o noso cometido, podemos ser uns guías perfectos, e facer valer a nosa experiencia. Nin sequera temos por que perder o noso estatus.

Os medios de comunicaciónseguirán existindo. E moi probable que incluso saian reforzados moitos dos que propoñen unha pasividade case total do espectador, porque é unha utopía pretender que todo o mundo se implique.

De feito, esa vai ser outro dos grandes polos de enfrentamento da nosa realidade. O que nos agarda nos próximos anos é unha fenda entre aqueles que queren cambiar a "orde mundial da comunicación" (que arrastra a todo un sistema social) contra aqueles que prefiren vivir no "antigo réxime" ou, simplemente, que non vislumbran sequera outro diferente. Os Blogs abren un novo mundo, RSS pode cambialo todo, pero... ¿canta xente permanece totalmente á marxe disto? Hai quen se resiste a abandoar a vella Matrix...


PostMortem: Valga este coñazo de entrada, que naceu por un debate do Congreso de Xornalismo Dixital de Huesca, para dicirlle a Silviña que está precisamente alí de "enviada especial" (jeje) que a boto de menos.

Mira a que extremos chego e que cousas tan feas digo cando me deixas solo...

<$BlogDateHeaderDate$>

Poesía Visual

Mira que sería chulo poder asomarte e pasarte media hora polo menos contemplando isto...


Hai que admitir que o Big-Bang é un artista da ostia.


PostMortem: A foto do Hubble ten unha resolución de 192 megapíxeles. Sinto non poder ofrecervos tanto, pero se pinchades na imaxe podedes vela mellor.

<$BlogDateHeaderDate$>

Malvenido, Pabliño...

A partir de agora, teño novo veciño de bitácora.

Os Fillos do Péndulo por fin chegaron...

É bastante tocapelotas, pero a ver se a responsabilidade o fai madurar un pouquiño.
Sempre é o primeiro en queixarse (e a maioría das veces o único) cando este blog pasa algúns días sen actualizarse.
Veremos se agora se lembra de darlle corda ó seu reloxo tódolos días.
En todo caso, estaremos aí para recordarllo, inexorablemente, igual que o tempo se nos vai adelgazando sen que apenas nos decatemos.

En todo caso, iso. Malvenido Pabliño. E que sexa por moito tempo

<$BlogDateHeaderDate$>

Zapatero a tus zapatillas

¿Lembrades o "Referendum Plus"?



Para os que non, ese anuncio xa o di todo, ¿non?.
Bueno, case todo, porque das reflexións que se fixeran aqueles días, eu quedárame especialmente coa de Moratinos (que tiven que rescatar agora, de Libertad Digital, quien me ha visto y quien me ve... ):

"Bebe Referéndum Plus para ser super-europeo y votar un super-sí el domingo"

E despois dirán que o que nos fai parvos é o manga e a televisión...

Pero o asunto non é ese. Resulta que a mesma axencia que diseñou a campaña deste RedBull de pufo se encarga agora da campaña de publicidade do "Kelly Finder", un portal ideado polo Consello da Xuventude que "recolle toda a información sobre vivenda de España" (Trujillo dixit).


Non teño opinión sobre o portal en si, pois a estas horas sigue saturado. A priori, se cumple parte das expectativas plantexadas pola Señora Ministra, benvido sexa, aínda que custase 140.000€. Si me gustaría saber o coste da campaña, que inclúe cuñas de radio (de Gomaespuma), un anuncio para cine, carteis e ¡10.000 zapatillas deportivas! Pregúntome se virán con kit para os juanetes e as ampollas.

De pantuflas, nin falar. ¿Para que? ¿Imos ter oportunidade de gastalas en 40 metros m2?

Con iniciativas como estas, non sei como aínda hai xente que quere seguir vivindo cos pais...

<$BlogDateHeaderDate$>

Scanner Darkly

Parece que o cine decidíu ir máis alá da pura adaptación do Comic e por fin se atreve a explorar con xeito a súa estética e os seus recursos formais e narrativas. Pasou hai uns meses con "Sin City", unha máis que agradable sorpresa, e volve agora con "Scanner Darkly", prevista para este verán, despois de case dous anos de retraso.



O reparto, en principio, non é para tirar foguetes, con carapalo Kinurís e a Guarrona Rider como estrelas, pero todo o que leva detrás é para ir de peregrinación de rodillas á Meca do Cyberpunk (que por certo ¿Cal sería? ¿Tokio, quizáis?): Os productores, Steven Soderbergh e George Clooney; o director, Richard Linkater (irregular, pero autor de grandes obras como "Antes do Amencer"/"Despois do Atardecer" e, sobre todo, "Jóvenes Desorientados"); o animador, Bob Sabiston.

E, por riba de todo, un xenial relato de Phillip K. Dick como inspiración suprema.

Esperemos que por fin unha película estea a altura do futuronirismo de Dick. Blade Runner é unha obra mestra, pero desviase moito do libro orixinal e as outras, como Minority Report ou Desafío Total non están de todo mal, pero quedan un pouco "brandas".

A técnica usada nesta película é o Rotoshop, unha evolución da rotoscopia (por exemplo, os sables laser de Star Wars) que consigue darlle un toque case "vectorial" ós frames de imaxe real. É a primeira vez que se vai empregar nunha longametraxe de tal presuposto, pero xa houbo intentos anteriores nos videoxogos (por exemplo, o Cell-Shading do último Zelda ou XIII).

Non sei se con esta sarta de frikismo vos convencería de que merece ser unha das películas máis agardadas do 2mil6 (claro que despois sairei despotricando do cine...).

<$BlogDateHeaderDate$>

"Juan Cuesta" vs "Brian" (el de la Vida)

Non me negaredes que o parecido é acojonantemente asombroso...


Pois hai uns días puiden por fin confirmar a paranoia que me viña comendo a cabeza dende hai tempo. Non é só que se parecen, senón que José Luis Gil é efectivamente quen dobra a Graham Chapman na "Vida de de Brian".

Pero non só iso. A José Luis Gil o éxito chegoulle indudablemente co papel de "Juan Cuesta"; sen embargo, leva instalado no noso inconsciente dende hai moitos anos, practicamente dende a infancia.

Por incrible que nos pareza, el era a voz de Aramis nos "Mosqueperros", a do velliño de "Érase una vez la vida" ou o narrador da versión de Branca Neves editada a mediados dos 80 (a primeira sen dobraxe sudamericano).

Máis. É o dobrador das primeiras películas de Hugh Grant que chegaron a España ("Cuatro bodas y un funeral", "9 meses" ou "Remando al Viento"). Tamén de Richard Gere en "Novia a la fuga", de Tim Allen na serie "Un chapuzas en casa", Steve Buscemi en "El gran Lebowski" ou ¡Buzz Lightyear!.

A súa ficha é interminable, con dobraxes de actores tan dispares como John Cusack, Matt Dillon, Dennis Hopper, Don Cheadle, Daniel Day-Lewis, Ruppert Everet, Ralph Fiennes...

E sen embargo, nunca relacionei a estes actores entre sí, nin teño o recordo (e mira que son repugnante para esas cousas -e para outras moitas-) de que non me encaixasen. Así que unha de dúas: ou estou tan cheo de escoitar sempre as mesmas 4 voces, que xa nin me dou conta de que se repiten, ou este tío é un crack...

Claro que tamén poden ser as dúas.

Pero sexa como sexa, valoramos pouco a estes actores se forman parte da nosa vida televisiva e cinéfila durante máis de 20 anos se, de repente, celebramos a súa aparición nunha serie de éxito coma se fose un enorme descubrimento.

Pero éche o que hai, "y la vida es así de ingrata".


PostMortem: Outro parecido razonable, ó que non me puiden resistir.

Se existe ceo, non creo que lle importe demasiado a Papuchi, o famosete máis educado e respetable impreso xamais en papel cuché. Estará demasiado ocupado rodeado de tías macizas...



Para quen non se dea conta (e non teña infancia), o da dereita é o Gran Mestre Kaïro, un personaxe fundamental nas últimas tempadas de DragonBall Z.