<$BlogDateHeaderDate$>

Diccionario YouTube

Como podedes comprobar os asiduos penitentes deste blog, YouTube ocupa un lugar cada vez máis importante na miña vida. Xurdida dunha nova posibilidade tecnolóxica como é a popularización da banda ancha, este servicio (xunto a outros similares) está conseguindo pouco a pouco dotar á rede dunha nova dimensión moito máis dinámica. Aínda así, recoñezo non explotar de todo o seu maior potencial: a de "baúl dos recordos". Baúl onde cabe de todo, dende os flashback infantís máis entrañables ata míticos momentos deportivos que moitos de vós tamén recordaredes.

Dende hai uns días acaricio un soño imposible vinculado a YouTube, absurdo, tolo e que se esvaecerá afortunadamente nos próximos días para non incordiar máis. Supoño que porque hai cousas mellores ás que adicarlle o tempo.

Nunca crin eso de que unha imaxe valga máis que 1000 palabras. En todo caso, dependerá da imaxe e dependerá das palabras, pero estaría bastante chulo facer un diccionario coas entradas vinculadas a vídeo(s) de YouTube que mellor a definan. Non para tódalas palabras do María Moliner, claro, pero si polo menos a tódalas palabras léxicas.

¿Que? ¿Alguén se anima?

Só de pensalo, entránme sudores fríos...

En todo caso, por se alguén se atreve, aí vai a miña contribución.


PUTADA:





PostMortem: Aínda así, sospeito que o vídeo é un fake. Eu son o artista, e o xornalista non ía ter España (realidades nacionais incluídas) dabondo para correr...

<$BlogDateHeaderDate$>

PALABRAS

AMOR, a palabra máis bonita do español para os internautas que participaron na iniciativa de Escuela de escritores.

Eu non votei. Non fun quen de decidirme entre PALABRA e SILENCIO.
.

<$BlogDateHeaderDate$>

Loita de titáns

E cando xa estaba seguro de que o Koala co seu "Opá, yo viazé un corral" (os despistados que miren dous post máis abaixo) xa non tiñan rival na carreira pola canción do verán aparecen estos 4 flipaos do Opus (chamados "Los Happiness") con "Amo a Laura, pero esperaré hasta el matrimonio".





ROCK RÚSTICO vs POPUS DEI


¿con que vos quedades?


PostMortem: O destes últimos forma parte dunha campaña un pouco chunga de marketing viral da MTV. Ten páxina e todo, e sen desperdicio.

RigorMortis: Ó mellor son cousas miñas, pero a voz do fulano que fala no medio do vídeo ¿non se vos parece un pouco á de ZP?

<$BlogDateHeaderDate$>

Crispación, crispación

Levantarse polas mañás e paladear a deleitable columna de Fede Jiménez Losantos en El Mundo ou escoitar a súa doce serenata na Cope constitúe un pracer de renuncia difícilmente perdonable.

Despois diso todo parece máis bonito, máis entrañable, máis hármonico, porque ¿como pode comparar as súas inquietudes ou problemas con aqueles capaces de provocar pensamentos de tan alta alcurnia como os expresados por Don Federico?

Unha perla desta mesma mañá.

Tema tratado polos tertulianos habilmente liderados por FjL: definición de Andalucía como "realidade nacional" na proposta elaborada por PSOE e IU do novo estatuto.

Comentario acertadísimo e sagacisísisimode FjL: "Esto, lo único que hace, es darle la razón a los etarras y decirles que acertaron en todo aquello que hicieron al matar y extorsionar durante 40 años".

Unha vez máis, síntome epatado ante a clarividencia das sinapses de Don Federico. Que capacidade de vislumbrar a mezquina inquina desmembradora da nación española onde os demáis só alcanzamos a ver inxenuos aires de grandeza dos políticos autonómicos.

Gracias Don Federico por abrirme os ollos ante tan cruel patraña!

Menos mal que non son o único en decatarme. Ata o adalid por excelencia do progresismo rojo-trasnochado televisivo tivo que acabar rendíndose ante o poder dos seus encantos.



<$BlogDateHeaderDate$>

Verán 01 da era You Tube

Este verán, nin King Africa, nin David Civera, nin Reggaetton, nin Bisbal, nin sequera Georgie Dann.

Non, este verán o gran poder soberano da irmandade internauta levará os altares ó Koala e o seu hipermegahit de rock rústico "Opá, yo viazé un corral".

Temblade, discográficas. Comeza a ERA YOU TUBE!!!


Parece que chegan tempos novos, e queredes que vos diga, parecen divertidos...

<$BlogDateHeaderDate$>

Pietá

Hoxe fai exactamente 7 anos que a vin por primeira -e ata hoxe única- vez. Foi durante a viaxe de fin de curso do instituto. Máis da metade dos alumnos de 3º de BUP daquel ano elixiran Tenerife, agardando 9 noites de borrachera e 9 días de sesta na praia.

Os demais -en principio os máis culturetas- eliximos un tour por Italia. Ó final, fomos nós os que máis festa montamos, pois os tinerfeños estiveron castigados por montar botellóns no hotel. Nós fomos máis listos; non nos pillaron (de puto milagro, así e todo).

Santiago-Madrid en autobús. Madrid-Roma nun avión (por chamarlle algo a aquel microondas con alas) VirginAir, que ben se merece outro post para el soliño. [Virgin = a mesma marca que os discos]. E dende Roma, ata o regreso a Santiago 10 días despois, nun maravilloso Castromil de 2 pisos.

E o terceiro día, alí estaba, detrás daquel enorme cristal que a protexe do acoso de tódolos salvaxes destelleantes e incandescentes, especialmente asiáticos (un tópico, seino, pero de fácil comprobación en lugares como estes).




Só tempo despois me decatei que foi alí, fronte a ela, cando me tirei definitivamente ó inferno do Nihilismo, condenando á miña existencia á pseudoeternidade de usar e tirar. Alí, diante daquela simple peza de mármol, daquel simple cacho de pedra, onde aínda parecen deslizarse as bágoas cheas de devoción de Miguel Ángel, o cincel de Deus.

Alí diante, nada daquel fervor me contaxiaba.

Simplemente miraba e deixaba que o corazón latise aceleradamente.
Non creo que hiperventilase e chorase como Stendhal en Florencia, pero non facía falta para meterlle máis dramatismo á escena. Naquel momento estaba regalando a miña alma. Non ó Demo, nin a Deus. Pouco podían facer eles naquel momento.

Era aquel xenio o que se estaba quedando con ela. Aquela forza da natureza capaz de insuflar non só vida, senón toda a candidez, inocencia, humanidade e ternura a un dos momentos máis tráxicos e violentos da mitoloxía xudeo-cristiana.

O cadaver de Deus.

A nai suxeitando ó seu fillo morto.

Deixei de crer hai anos. Aquela semana longa de 10 días foi en moitos aspectos a puntilla a aquel desmoronamento que encontrou nas ruinas romanas o seu escondite perfecto. A Pietá foi incapaz de cubrir ese vacío que unha mañá xa estaba aí.

Sen embargo, fixo bastante máis por min. Non sei exactamente que foi, pero aí segue, 7 anos despois.

Segundo enseñan na catequesis, Xesús morreu para redimir os nosos pecados. Non sei se unha morte, por moita sangue divina que percorreran as túas veas, pode dar para tanto, e máis vendo os resultados 2000 anos despois.

Pero polo menos, xenios como este conseguiron que non fose completamente en vano.












PostMortem
: Quizáis por sincero convencemento, quizáis por certa pose intelectualoide, sempre dixen preferir a Pietá Rondanini sobre a do Vaticano. Pero sexamos sinceros, ¿que necesidade hai de comparalas?

<$BlogDateHeaderDate$>

1984+12

Nota preliminar: este post ven inspirado por esta entrada do blog de Pablo.

Cada vez estou máis seguro d que a Distopía só existe como un reflexo, a outra cara da moeda da Utopía. Non é un pensamento orixinal, por suposto, senón a tardía comprensión dalgúns párrafos que xenios como Orwell ou Huxley quixeron decir.

A Oceanía de 1984 era unha clara distopía para Winston, pero para a maioría dos "cidadáns" (se é que se lles pode chamar así) era un mundo perfecto, unha utopía, pola que loitarían e entregarían as súas vidas no caso de intuir unha simple ameaza sobre ela. Que dicir de "Un mundo feliz" ou "Matrix", onde esta ambivalencia é a xustificación de toda a trama...

Este sentimento extremo tamén se da entre nós.



Entre "os dous minutos de odio" de "1984" e a exaltación patriótica dos Estados Unidos que percibimos dende este lado do Atlántico non vexo eu tanta diferencia.

Pero este non é un pecado exclusivo dos USA. Nun momento onde todo parece volverse relativo ante a caída os infernos de Deus e a súa co(ho)rte de lexisladores e burócratas, o único valor supremo e supremo parece ser a superioridade da nosa democracia sobre calquera outro sistema político ou método de organización social. E para defender ambos (nacionalismo e democracia occidental) todo vale, incluso declarar unha guerra pasándose a legalidade internacional polo arco do triunfo.

¿e todo isto por que? Porque os presuntos posuídores da soberanía sobre os que se apoia o sistema cren que están a vivir no máis cercano a perfección que lles concedeu a historia, case nunha utopía, caendo no conformismo e na apatía política, atrofiando moitos dos órganos e sentidos que a condición de cidadán concede.

E na medida en que son inconscientes do "lado escuro" do seu mundo, da súa renuncia á súa liberdade ou á súa intimidade a cambio de falacias como a seguridade, a distopía vai xerminando nos "outsiders" dos sistemas, bnos elementos inadaptados e/ou marxinais incapaces de compartir a euforía eutópica da masa. O único que separa ambos cantos da moeda é a fraxil barreira da crítica social.

Déixovos a reflexión sobre se o mesmo ocorre nas teocracias, onde as elites tentan defender o sistema moral e político baseado no dogmatismo relixioso reaccionando brutalmente (como un shock anafiláctico) ante calquera ameaza que poida vir do exterior, chámese cristianismo capitalista, ateísmo ou google. Por suposto, as elites apoian as defensas na clase media e baixa...

A miña opinión (non definida de todo, necesito seguir reflexionando) e que neste caso non defenden exactamente a utopía, senón a pre-utopía, a posibilidade de acceder a ela na outra vida a cambio do sacrificio actual, que dende fóra, ben nos recorda a moitos unha distopía orwelliana pola aceptación sumisa e mártir de algúns dos seus elementos.

De todas formas, todo isto non é algo novo. Orwell e Huxley só poderon concebir as súas novelas, contadas en clave futurista, porque comprendían mellor que ninguén que realmente, estaban falando do seu presente, que non era xa tan diferente ó noso.


De todos modos modos, estrémezome ó lembrar que:

A GUERRA É A PAZ

A ESCRAVITUDE É A LIBERDADE

A IGNORANCIA É O COÑECEMENTO


PostMortem: Gracias Pablo pola túa dedicatoria.

<$BlogDateHeaderDate$>

3 historias. Eros, Tánatos, House

Xa vos teño falado da miña devoción polo doctor House, pero o do outro día foi puramente indescriptible.

Non sei se ese capítulo (refírome a "Tres Historias", o penúltimo da primeira tempada) pasará a historia da televisión. Pouco me importa, eu xa me levei a conmoción que non me vai quitar ninguén.

Non lembro algo similar con ningunha outra serie. Quizáis, só quizáis, con "A dos metros bajo tierra". Son moi diferentes, pero hai algo en común. As dúas, sendo ficción, conseguiron facerme reflexionar sobre o valor da vida cando conseguín comprender algo mellor o valor da morte. Sei que non é máis que televisión, pero é boa televisión. Boa forma de contar historias, historias irreis, que logran aplastarnos con todo o peso do real.




Simplemente, se tedes oportunidade de velo algunha vez (e seguramente o repitan o martes que vén, xunto o 1º da serie), por favor, non o deixedes escapar.


PostMortem: Realmente hai dúas cousas en común entre "House" e "A dos metros bajo tierra". Non podo esquecerme de Thomas Newman, o meu compositor de música de cine e televisión favorito...

<$BlogDateHeaderDate$>

Apple Boot Camp

Era cuestión de tempo. Apple permitirá e incluso facilitará a instalación de Windows XP nos seus ordenadores de procesadores Intel. Co software Apple Boot Camp (que virá de serie a partir da próxima edición de Mac OS X e que de momento se descarga da web de Apple), poderase escoller arrancar un Mac con Windows XP ou con OS X.

Supoño que agora moita xente enganchada ó “deseño Apple” pero que non quería meterse nas fonduras de migrar a outro sistema operativo diferente a Windows se atreverá a dar o salto.

Claro que tamén un se pode preguntar se compensa paga-la diferencia entre un PC e un Mac de prestacións equivalente só polo deseño.

En fin, o tempo dará ou quitará razón. De todos modos, creo que é un paso intelixente por parte de Apple. Se non creaban eles o Boot Camp, serían outros, así que polo menos…

O único claro é que tocan tempos novos.

<$BlogDateHeaderDate$>

Deixoume frío

Non sei se por desorganizado ou agarrado, o caso é que poucas veces acabo tendo cartiños na carteira para ir o cine. Iso fai que polo xeral controle moito que películas vou ver (digo polo xeral, porque no seu día caeron cousas como "Freddy vs Jason").

Unha das películas marcadas cun "X" dende a primeira vez que vin o trailer era ICE AGE 2. Téñolle moitísimo medo as secuelas das películas que me gustaron no seu día, pero case sempre acabo caendo. Neste caso, ademais, ía bastante seguro, confiado en que a primeira lles deixaba ós guionistas os suficientes cabos ós que agarrarse para facer un bo producto.

Pero foi un fiasco.

A animación mellorou moito, algo lóxico se consideramos que pasaron case catro anos, pero a diferencia con Pixar ou Dreamworks reducíuse. Sen embargo, ós quince minutos, eu xa andaba remexendo o cú na butaca de aburrimento. O que gañou en técnica váiselle polo desagüe en orixinalidade. Os personaxes xa coñecidos perderon todo seu o encanto, reducidos a caricaturas planas e sen profundidade, e os novos non teñen o máis mínimo gancho.

A historia é unha sucesión de clips mal cohesionados que nin sequera chegan a ser tramas internas, o que é unha pena, porque algunhas, ben aproveitadas e distribuidas ó longo da película, poderían dar moito de si.

O único raio de luz, como non podía ser doutra forma, Scratt, a ardirrata que me recorda a aqueles personaxes extremos de Tex Avery, algo inusual nas longametraxes 3D. Foi o único personaxe (xunto con algún que outro tic do perezoso) que provocou risas na sala. Quizáis pasaría máis desapercibida se o nivel xeral fose máis alto, xa que a maioría das situacións nas que aparece non son tampouco grandes derroches de animación, pero case acabas desexando que lle deixen a ela o resto da película.


De todos modos, para min esta película consolida unha tendencia. Creo que a animación 3D se está estancando un tanto, demasiado pendente da técnica e perdendo o punto forte que a encumbrou como o relevo dos debuxos tradicionais, a orixinalidade do guión.

Quizáis sexa pola manía das das secuelas, quizáis sexa que me vou facendo vello e que ¡Ay, fillos míos! ¡Xa non se fan películas de animación 3D coma nos meus tempos! ;))))


PostMortem: ¿Que pasará coa película dos Simpson? Sempre pensei que se facían película, sería para pechar a serie, pero parece que non vai ser así. Polo menos, parecen ter contratados dúas tempadas máis, ata o 2008, cando a película se vai estrear no 2007. Veremos...


<$BlogDateHeaderDate$>

"Coglioni" o que non (me) vote

Como dicíamos onte, ou a semana pasada (reloxios atrasados, mentes adiantadas...), a Berlusconi a campaña electoral estalle sentando como unha lingotazo de extasis líquido no café da mañá.

"Teño demasiada estima pola intelixencia dos italianos como para pensar que haxa por aí tantos gilipollas que poidan votar contra os seus propios intereses"

Un podería pensar que dicindo iso, o que estaba facendo Silvio era asumir xa a súa derrota, pero parece que non, que se estaba referindo ós votantes da esquerda (quien lo hubiera dicho, ¿verdad?).

O de gilipollas, por outra parte, é unha traducción que escoitei e lin en varios sitios, pero vaite ti a saber o que significa realmente "coglioni" en italiano (e vaite ti a saber o que significa realmente "gilipollas" en galego).

Claro que Prodi (que ten pinta de ter nacido xa coa cara de abuelete) tampouco se quedou atrás no último debate televisado. "É vostede un Borracho!". ¡Toma ostia!

Don Silvio, seguramente sorprendido ante o ataque no seu propio campo, só acertou a dicirlle "E vostede un tonto útil" (parece unha contradicción, ¿non?)

Neste sentido, case mellor alegrarse de que as comparacións non sempre sexan odiosas, e que en España o máis forte que oín entre ZP e Rajoy foi o de "patriota de hojalata" e o do "bobo solemne. É para imaxinarse os asesores de imaxes, armados co diccionario da RAE e os manuais de estilo de Álex Grijelmo, buscando o dardo na palabra...

Claro que aparte de ZP e Rajoy, aquí temos a Zaplebes ou a Pepiño Blanco, e isos morden con máis ganas....

PostMortem: De todas formas, pobres italianos, se por programa e por formas, estes señores son as súas mellores alternativas. Como para ter nostalxia da Cicciolina...