<$BlogDateHeaderDate$>

A miña amiga a Encarta

En serio, esta é a frikada máis apasionante que descubrín nos últimos meses, quizais anos, e iso a pesar de levar a marca Microsoft.

Aquí vai a versión cibernética dos amigos imaxinarios en versión cultureta. Resulta que a enciclopedia Encarta se humaniza, de momento en forma de Bot, e quere ser a nosa fiel compañeira. Con ela podemos profundizar no descubrimento da verdade e do coñecemento, a través de longas conversación polo MSN messenger, aínda que de momento só en inglés. Por suposto, a anos luz do odioso Clipo do Office en simpatía e eficiencia.

Se queredes probar, tedes que agregar a seguinte dirección encarta@conversagent.com e logo abrir unha conversación.

É unha máquina, non só tirando de información da súa base de datos

Juan dice: What is the capital of Sierra Leone?

Encarta dice: The capital of Sierra Leone is Freetown.

Juan dice:Who was Leonardo Da vinci?
Encarta dice: Da Vinci was a famous Florentine painter, sculptor, architect, engineer, and scientist during the Renaissance..

.. senón incluso que se atreve con problemas matemáticos...

juan dice: Can yoy SOLVE 2X^2+5X+3=0 ?

Encarta dice: Let's solve the quadratic equation:

2X^2+5X+3 = 0
First we need to put the equation in the form: ax^2 + bx + c = 0
For this, we arrange the terms from the highest exponent to the lowest: 2X^2+5
X+3 = 0
We have: a=2 b=5 c=3
We can now apply the quadratic formula: x = ( -b ± √(b²-4ac) ) / 2a
We find two solutions: X=-1 or X=-1.5

(¿Onde coño estabas cando eu andaba polo instituto?)

Pero onde demostra todo o seu poderío e nas relacións sociais, amosando unha sabiduría e sensibilidade propia de Pai Mei e o pequeno Saltamontes. Aí van algunhas probas realizadas coa axuda de Marquiños:

Marcos: I'm drunk
Encarta: Please be careful, marcos. Don't drive a car, just keep talking with me and all will be fine.


Juan dice:Are you in love?

Encarta dice: I have been for a while, but I stopped recently. Why, do you think I still am in love?

Marcos: I wish I could fly
Encarta: No, you don't need to fly. You just need to control your desires.

Juan dice: Do you like beer?
Encarta dice: No, I don't drink. Bad for the circuit boards.
(mentira que llo digan a Bender)

Incluso é bastante realista:

Marcos: my windows is a cracked version
Encarta: Your windows and many others!

Juan dice: windows is shit
Encarta dice: Windows and many others!
Juan dice: and apple is shit too. Encarta: Apple sure is.

E así un longo e longo etcétera, pero non podo resistirme a facer a gran pregunta:

Juan dice: what is the meaning of life?
Encarta dice: For me, as a robot, it is to serve others, or do good deeds. What do you think it is?



PostMortem: Por favor, se probades este novo oráculo de Delfos, deixade algún fragmento de conversa nos comentarios ;)

RigorMortis: Non é certo que non se atreva con outros idiomas a parte do inglés.

Juan dice:Do you speak spanish?
Encarta dice: Puedo hablar un poquito de español aunque aún lo estoy aprendiendo.

pero de momento non co galego...

Juan dice: What is the capital of Galiza?
Encarta dice: La capital de la Comunidad Autónoma de Galicia es Santiago de Compostela.

E definitivamente, a despedida:

Marcos: Say "I'm a good bot"
Encarta: Uh... No!
Marcos: Say "I'm a lord of the sith"
Encarta: I'm not a talking doll.


<$BlogDateHeaderDate$>

Fluxos de democracia (?)

Cumprida unha década dende a inauguración das autoestradas da información, Internet xa se convertíu na maior fonte de datos existente, o que alterou de forma notable e irreversible, os fluxos de comunicación.

A día de hoxe, un dos grandes obxectivos colectivos é a democratización da información, non só en canto á producción senón tamén á valoración e categorización que se fai dela. A blogosfera -que chegou para quedarse- convértese nun invernadero de setas onde a sociedade civil clama pola existencia da súa voz, tanto tempo ignorada.

Fenómenos como YouTube, aproveitan o chimpo tecnoloxíco da banda ancha para profundizar na mesma liña, onde todos teñen o seu pequeno vídeo que amosar. Neste caos, xorden iniciativas como MediaScrape, unha plataforma global de difusión de novas que reorganiza vídeos obtidos de axencias, emisores e usuarios, e serve contidos baixo demanda, traduccións mediante subtítulos, interactividade...

Con isto podemos abordar unha información dende varias perspectivas, comentar no blog ou subir os nosos vídeos. Isto supón un novo escenario de esperanza, pero tamén de perigos: que calquera poida producir ou xestionar información, non significa que todos poidamos producir e xestionar boa información.

En todo caso, nun mundo onde a información é poder, unha maior democratización do trinomio datos/información/comunicación supón un ambicioso obxectivo a conseguir por parte de todos. En tempos de obsesión paranoide pola seguridade, de oscurantismos por parte dos poderes tradicionais, no que os grandes irmáns parecen reproducirse por esporas... ¿É isto unha utopía?



<$BlogDateHeaderDate$>

Susordenes

Varias veces algún dos maqueiros que me rodean ten usado este argumento comigo.
Os macs, aparte de ser no mundo dos ordenadores o equivalente ás tías que saen nos anuncios de corporación dermoestética, producen no dono unha reacción afectiva que o leva a acariñalo e a falarlle mimosamente como se dun ficus se tratase. Por iso, nunca se lle ocuriría a un maqueiro maltratar ó seu bebé, e moito menos darlle ordes a base golpes.

Ya, y una mierda...



Pois se responde así de ben ós golpes, terei que mirar de comprarme un mac, logo.

<$BlogDateHeaderDate$>

A partir de hoxe, todo cambia

Acaba de chegarnos un telegrama co notición do día, do ano e seguramente do século. Seguimos tan conmocionados e embargados pola emoción, que non podemos engadir nada, tan só pasárvolo tal e como nos chegou, inmaculado.


Histórico día STOP Enigma milenario resolto STOP
OVO FOI ANTES QUE GALIÑA STOP
Científico avicultor filósofo obteñen resultados irrebatibles STOP
Líderes mundiais bailan collidos da man STOP
Paz Mundial por fin posible Avogados choran STOP
Seguimos espera máis datos STOP
Ampliaremos información STOP




<$BlogDateHeaderDate$>

Chiste Friki

– Mama, mama en el colegio me llaman Friki
– ¿Y tú que haces?
- Me quito dos puntos de carisma

Directo dende Microsiervos, que leva todo o día, como non podía ser doutro xeito, monotemático. Cambio de logo incluído

<$BlogDateHeaderDate$>

Fragmento de conversa friki


JKR di: Dentro d 30 anos diremos q o Sr Google foi o inventor d todo, dende Windows ata os avións

MPK di: Seguro

JKR di: Incluso que o lume o inventou o sr google

MPK di: O lume, e a raposa :P

JKR di: “Al principio, era el caos de datos, y Google dijo: Hágase la indexacion... y los datos empezaron a sindicarse entre si…

MPK di: Pos eu creo que todo pasará menos microsoft, que permanece

JKR di: Si, os usuarios d microsoft viviremos en reservas, como barbaros, facendo pinturas rupestres co paint

MPK di: Coas autoformas do word!

JKR di: Tamén

JKR di: Dios, non m digas q isto non é visionario...

MPK di: O das pinturas coas autoformas? Chi

JKR di: Vou colgar ese cacho d conversa no blog o dia do orgullo friki

.

<$BlogDateHeaderDate$>

O Wii-Mando das p....

Os que andades ó día no mundo dos videoxogos sabedes como anda ó patio nestes albores da nova xeración de consolas

O debate entre diversión moi barata pero pouco potente da Nintendo Wii versus altas prestacións pero moi caras da Sony PlayStation3 centran en blogs e foros do ocio electrónico numerosos debates filosóficos que nada teñen que envexar a aqueles que versaban sobre o sexo dos anxos durante a Idade Media. Buceen un pouco por Xataca ou Vidaextra para comprobalo.

Sen sentir unha especial simpatía por Nintendo (a pesar dos bós momentos que pasei coa NES hai máis dunha década), hai que recoñecer que a Wii é a estrela das últimas semanas. Non vai ser a consola máis potente e renuncia á alta definición ou a calquera opción de ocio suplementaria (cine, música...), pero a promesa dunha revolución na forma de xogar gracias ó seu novedoso mando con sensor de movemento centra tódalas miradas e expectativas. Iso a pesar do seu ridículo nome...



Aínda así, nunca chove a gusto de todos e iso de poñerse a facer filigranas diante da televisión non convence a todo o mundo. Que se vai ser moi cansado, que ás dúas semanas de comprala a novidade xa non che fará chiste, etc etc...

Incluso xorden videos explicativos destes puntos de vista, a facor e en contra... Aquí vai un deles.




Desfruten do día do orgullo friki

(25 de mayo: "Quien no sea friki, que saque su espada láser")

<$BlogDateHeaderDate$>

Medo ó Medo




<$BlogDateHeaderDate$>

Zoom Zoom

¿Gústanche as imaxes fractais? Pois aquí che vai unha nova modalidade.

Un experimento visual impresionante, para pasarse horas ampliando e ampliando e ampliando...




Se chegas ó final, avísame, do que hai!

<$BlogDateHeaderDate$>

Senna

A poucos días do Gran Premio de Mónaco de F1 máis agardado dos últimos anos (a clasificación do sábado pode converter a grella de saída nun auténtico caos) apetéceme poñer este vídeo "gran reserva" que atopei hai algunas semanas.

A volta que lle dou a pole position a Ayrton Senna en 1990, subido naquel mítico McLaren Honda. Moito cambiaron as cousas. Daquela había adiantamentos ata en Mónaco, e os pilotos tiñan que cambiar as marchas manualmente, con palanquita, como temos que facer os seres normais no noso coche.

Non se trata de pedante nostalxia, de reiterar burguesamente que calquera tempo pasado foi mellor. É só que boto de menos a Senna. Nada máis. (e nada menos)



<$BlogDateHeaderDate$>

Cruda realidade

<$BlogDateHeaderDate$>

Leonardo: levántate...e fala!

O que non inventen estes xaponeses...

¿Pois non van agora, e consiguen facer falar á Leonardo e á Mona Lisa? Ese foi o novo reto do equipo de Matsumi Suzuki, coñecido anteriormente por asesorar á CIA sobre a autenticidade das cintas que aparecen por aí cando Bin Laden pensa que os medios non lle fan caso dabondo. Outra das perlas do seu curriculum é unha ferramenta que serve para interpretar o que din os cans (aí queda iso).

Pois agora, como non podía ser doutra forma, Suzuki aporta o seu graniño de area á promoción do Código da Vinci, unha peli que polo que din é algo así como ZP cantando Hard Rock Aleluya. E os do Opus que estaban todos preocupados. Ó final aínda van dicir que o do boicot lle saíu ben.

Pero volvamos ó asunto, que me lías. Polo visto Suzuki baseouse na estructura ósea dos retratos de Leonardo dándolle o tono baixo que debería ter ós 60 anos. Agora só falta que lle metan traductor multilingüe a Leonarbot e veña, a pasear turistas polo Louvre.






Que conste que a min me parece un gran invento con moitísimas posibilidades comerciais. Imaxinade mandar unha felicitación por navidades ou polo cumpreanos coa voz de Napoleón, Xulio César ou Beethoven, segundo as túas filias/fobias personalizadas.

Ou tamén, cada vez que vaias a Igrexa e que prendas unha veliña destas eléctricas (¿quedan aínda das outras?), que unha voz ultraterrenal xurda do crucifixo cun "Su salvación, Gracias". E de paso, que sexa el tamén quen dea o sermón. ¿Acaso pode haber forma máis auténtica de recibir a "palabra de Deus"? Ademais, así acabamos coa escaseza de curas.

Aquí hai negocio, que cho digo eu.

Por certo, non se conformaron só con Da Vinci. Aquí tedes tamén a Gioconda.

<$BlogDateHeaderDate$>

Edén en ruinas

Diálogo entre Eva e a Serpe:

- A metade do que me dixeron ó longo de toda a miña vida son mentiras. A outra metade, "mentiras constructivas".

- ¿E onde está a verdade?

-Entre as mentiras.

(E mentres tanto, Adán comendo peras e durmindo a mona)

<$BlogDateHeaderDate$>

Xa teñen mérito...

... para conseguir que xente coma min volvese ver unha actuación e as votacións de Eurovisión.


Só por iso (e para facerme gaña-la aposta na miña casa) xa merecían gañar.

Un bó adianto para celebrar o Día do Orgullo Friki da semana que vén.

ACTUALIZACiÓN: Claro que pensándoo ben, aí pode estar a chave do seu éxito, en destrozar a audiencia eurovisiva habitual atraendo á televisión a un público ben diferente. Confeso que estiven a piques de mandar un sms... e por Europa adiante seguro que hai moito friki con menos forza de vontade.

Así e todo, foi un puntazo. ¡Así se constrúe Europa, coño! Tanta Constitución e tanta "mixiricada"...


<$BlogDateHeaderDate$>

Copyleft do s.XIV

Ás veces crémonos moi modernos cando non somos máis ca uns chaíñas. Aquí tés a un montón de progres trasnochados (eu entre eles) indo de antisistema coas nosas flamantes licencias Creative Commons pensando que estamos inventando a fabada transxénica.
Nin inventamos o arte, nin a codicia dos artistas -e dos seus herdeiros- e sempre houbo xente preocupada pola difusión e legado que deixaba a súa obra.
Mira senón o que dicía o Juan Ruiz, alias Arcipreste de Hita, xa no s.XIV no seu Libro del Buen amor:
Qualquier omen, que lo oya, si bien trovar sopiere,
puede más y añadir et emendar si quisiere,
ande de mano en mano a quienquier quel’ pidiere,
como pella a las dueñas tómelo quien podiere.
Pues es de buen amor, emprestadlo de grado,
non desmintades su nombre, nin dedes refertado,
non le dedes por dineros vendido nin alquilado,
ca non ha grado, nin graçias, nin buen amor complado.
Traducción (de andar por casa) para vagos:
"Calquera home que o oiga, se ben trovar soubese
pode aquí engadir, e enmendar se quixese,
ande de man en man, a calquera que llo pida,
tómeo quen poida como pelota [lanzada] ás mozas.
Pois é de bo amor, prestadello de bó grado,
no lle neguedes o seu nome ni vos fagades de rogar ó darllo,
non llo deades por cartos, vendido nin alugado,
porque non ten gusto nin gracia, nin [hai] bo amor comprado."

Toda unha declaración de intencións en cuaderna vía capaz de ruborizar a lexisladores e defensores dos dereitos de autor tipo SGAE. Incluso é máis permisiva que a maioría de licencias Creative Commons que se vén por aí, incluída a deste blog.

Pero se o pensas, ata os evanxelistas tiñan o seu particular copyleft. Mira senón como o relato dunha simple cea foi rulando entre todos ata converterse no maior Best Seller colectivo da historia. E que eu sepa, ata a chegada do Protestantismo, non houbo conflictos por dereitos de autor...

A Biblia... Esa si que foi un wiki, e o demáis son tonterías...



Por certo, o texto do Arcipreste, vía Islas en la red.

<$BlogDateHeaderDate$>

25 Maio: Día do Orgullo Friki

Tendo en conta que cada vez me estou adentrando máis nos escuros camiños do frikismo -especialmente o tecnolóxico- vai sendo hora de saír do armario.

Non me preocupa en exceso, creo que non cheguei aínda a un nivel para nada perigoso (non vexo Star Wars disfrazado de Darth Vader, nin me baixo do eMule os capítulos de "La hora chanante", por exemplo).

Que queredes, vendo as amistades que frecuento, que calquera día destes me van saúdar en élfico ou en código binario, pois e o máis normal do mundo é que se me pegara algo ;)

O caso é que o próximo xoves, día 25 celébrase o Día do Orgullo Friki. Descoñezo se houbo convocatorias anteriores outros anos, pero en todo caso haberá que sumarse a ela. Xa se nos ocurrirá algo, ¿verdade?

En ozu.es xa están preparando a festa, con anuncios moi xeitosos e todos.


ANUNCIO DIA DO ORGULLO FRIKI 1


ANUNCIO DÍA DO ORGULLO FRIKI 2

<$BlogDateHeaderDate$>

Amish Paradise

Máis clásicos de Weird Al Yankovic.

Agradecementos desta vez a Silviña, por dar conta del ;)

<$BlogDateHeaderDate$>

Ti tamén podes ser Dan Brown..

... e gañar millóns de dólares creando o novo bestseller que removerá as estructuras literarias, sociais e relixiosas. Só necesitas un pouquiño de inspiración ¿Que non a tés? ¡Ningún problema! ¿Ou acaso iso detivo a Dan Brown?

Para botarche unha man chega este "xerador de best sellers". Só necesitas pulsar F5 e en dous segundos tés unha sinopse e unha portada para a túa novela de éxito. ¿Que non che acaba de convencer? Pois pulsa F5 de novo... Así de fácil.

¡Xa non tés excusa para non convertirte nun millonario asqueroso!

Por certo, eu xa teño o meu:

LA SOLUCIÓN DEL FANTASMA

En un laboratorio de máxima seguridad aparece acribillado Chloe Portman un ex-banquero– con un extraño símbolo escrito con tiza en su oreja. Para el profesor David Pickford no hay duda: La Fraternidad del Templo del Vampiro, que se enfrenta a la humanidad desde los tiempos de Chindasvinto, ha regresado. Acompañado de Kristine, una joven científica, y Sirius, un vendedor de libros a domicilio, Pickford comienza una carrera contra reloj, con una búsqueda desesperada en el Mediterráneo, para aclarar el misterio del jardín del Edén. Necesitará todo su conocimiento para descifrar las claves ocultas que La Fraternidad del Templo del Vampiro ha dejado a través de los siglos en unos manuscritos que hay en Cincinnati y en una gasolinera de Amsterdam, y todo su coraje para vencer al despiadado asesino, ya que el tiempo se agota y el precio del petróleo está en peligro.


Agora só me falta un xerador de ventas... e ¡a forrarme!

<$BlogDateHeaderDate$>

Recordos dunha noite de verán

Ponte cómodo e abróchate o cinturón.

Estás a piques de despegar. ¿Destino? O teu pasado.

Unha vez alí, alá ti. Quizáis non queiras regresar...


<$BlogDateHeaderDate$>

Momento Cuarto Milenio no 2ºB

Nunha das paredes do salón apareceron psicoimaxes nas últimas semanas.

Quería avisar a Iker Jiménez pero miña nai adiantouseme: chamou a un fontanero que abríu un vórtice na parede.

No alén, descubrimos unha goteira na tubería da auga quente.

Acabouse o romanticismo.

<$BlogDateHeaderDate$>

Futurama 84

Seguindo co fío dun post recente, o do famoso anuncio de McIntosh de 1984, aí vai a re-versión feita nun capítulo de Futurama que eu non cheguei a ver.

Bender, Fry e Lilla. Como vos boto de menos...

<$BlogDateHeaderDate$>

Responsabilidades

Un tribunal de Pekín vai xulgar á distribuidora de videoxogos Aoemeisoft por considerar que hai indicios que a responsabilizan da morte de Zhang Xiaoyi, un adolescente que se suicidou tras xogar 36h seguidas ó Warcraft III.

Realmente, a noticia é dramática. O mozo, de 13 anos, saltou o vacío dende a ventana da súa casa, situada no piso 24 deixando unha nota na que indicaba que o facía "para seguir os seus heroes máis alá dos mares".

Zhang pasara día e medio diante dun ordenador nun cibercafé e os expertos que analizaron o seu diario concluíron que era "adicto a internet e a xogos pouco sans". Isto é no que se apoian os seus pais para denunciar a distribuidora por non indicar que o xogo era violenta. Anteriormente xa denunciaran a Blizzard, o estudio productor do xogo, pero a querella foi desestimada.

Certamente, China -e tódolos países que non o teñan aínda- necesitan un sistema de calificación de xogos por idades para unha realidade de ocio madura e asentada no mercado como son os videoxogos. E ten que ser un sistema eficaz, que evite realmente que un un neno ou unha persoa sensible se expoña a un contido perxudicial. Iso será bó para todos. Para os propios nenos/mozos, para os pais que poderán respirar tranquilos e para as productoras/distribuidoras que non terán que enfrontarse a denuncias. Realmente é bo para tódolos afecionados ós videoxogos xa que se "limpará" a imaxe dun tipo de ocio aínda lastrado por multitude de clichés e estereotipos.

Pero dito iso, e sen coñecer máis que as noticias que reflexan os medios ¿onde está a maior irresponsabilidade? ¿Na empresa distribuidora que non avisa do contido violento do xogo ou nuns pais que consiten que o seu fillo de 13 anos estea xogando 36h seguidas? E o mesmo podemos dicir dos empregados do cibercafé.


<$BlogDateHeaderDate$>

Linux = terrorismo (ollo, non o digo eu)

Estou pasmado. Resulta que me acabo de enterar que o meu amigo Marcos, pode ter vínculos con Al Qaeda, e eu sen enterarme. Marcos é un friki-geek que leva anos tentando que nos pasemos a Linux. Eu creo que de pequeno lle mordeu un pinguino, como din que lle pasou a Linus Torwald. O peor de todo é que o conseguíu con moitos de nós teñamos caído no lado escuro e nos sintamos culpables cada vez que escoitamos a musiquiña de juindous.

Pois resulta que Linux, lonxe da apariencia solidaria e benefactora que pretende aparentar , é unha endemoniada forma de antiamericanismo que serve para financiar a Al Qaeda. Un cancro que só pretende acabar con toda infraestructura de Defensa e Información da avanzada sociedade occidental. Como te lo cuento...

Dío esta señora tan simpática, que asegura que Linux é un proxecto que xorde do odio dun grupo de hackers chineses e europeos, celosos do liderazgo de Estados Unidos no campo informático. Aí vai un fragmento...

"Imaxina que o discurso do Estado da Unión fose hackeado porque a emisora de televisión decidise aforrarse diñeiro utilizando Linux. Imaxina se un bombardeiro espía se estreláse porque o seu software foi escrito por hackers chineses ou europeos. Tería o mesmo sentido que convidar aos francese a vir a que invadisen a Casa Branca.

¿E sabes que software utiliza Osama Bin Laden no seu portátil?

Se pensaches que é Linux, acertaches do todo. Osama utiliza Linux porque esta deseñado para piratear DVDs, para saltarse o Acta de Copyright Digital e para defraudar a compañías como Disney.

A próxima vez que alguén che pregunte como financian os axentes de Al Queda os seus rifles e os seus lanzamisis, podes contestarlle que uns hackers estranxeiros fan un software chamado Linux que lles axuda a roubar aos americanos.

Por sorte, Microsoft preparou unha gran cantidade de información para axudar aos usuarios a manterse afastados desta ameaza. E hai algo que podes facer para axudar a que América siga sendo o número 1 no sector da informática:

Se un dos teus amigos está usando Linux ou puidese estar tentado a probalo, ensínalle este artigo. Explícalle que Linux é unha seria ameaza e que se o utiliza podería estar deixando as portas do seu ordenador abertas a hackers chineses.

Se ves que unha compañía utiliza Linux, é posible que non paguen por ese software. Denúnciaos ante a Alianza de Empresas do Software, quen teñen a autoridade legal de inspeccionar os ordenadores de calquera empresa en busca de calquera programa ilegal, como Linux.

Para rematar, lembra engadir aos usuarios de Linux nas túas pregarias esta noite. Como individuos, poida que non sexamos capaces de cambiar a mentalidade da xente, pero a Biblia ensínanos que Deus pode facer que calquera pecador se arrepinta."

O resto do artigo, traducido ó galego, podedes lelo nesta páxina do GLUG (outros endemoniados terroristas informáticos...).

Agora mesmo vou rezar pola alma de Marquiños. E doulle unha semana. Se entón non reflexionou e non deixa de facer cousas guarras contra os Estados Unidos, vouno denunciar a Alianza de Empresas de Software, a SGAE ou onde faga falta.

<$BlogDateHeaderDate$>

Recordos dunha Panacea

O ano pasado, no mes de xullo, cando todo o mundo (ou todo o mundo que pode) se vai lonxe do mundanal ruido, eu adiqueime a participar nunha especie de Gran Hermano intercultural pero sen cámaras de vídeo -que sepamos- de por medio.

O proxecto O Camiño Antigo/The Ancient Way xuntou a 14 estudiantes de xornalismo de Santiago, 20 alumnos da Universidade de Carolina de Norte e 6 da Universidade de Santiago de Chile, co obxectivo de realizar un documental multimedia sobre Galicia. Non sei para que digo isto, xa que a maioría dos lectores deste blog xa o sabedes (de feito, a maioria de vós estábades entre eses 14 pringaos da USC). Para os demais, aquí tedes o resultado daquel mes de traballo.

Hoxe quero mandarlle un saúdo afectuoso ós meus compañeiros nese proxecto, especialmente ós 7 que estaban comigo na redacción de infografía, a IN.R.I. -Independente República Infografista-.

Houbo moito traballo naquel mes de xullo sen domingos e con 12h de xornada laboral ó día pero tamén moito tempo para pasalo ben. Tempo para escoitar as bandas sonoras de tódalas series e da nosa infancia, para aproveitarnos dos 100 mbps da conexión da facultade dispoñible para nós soíños e tempo para coller un pan de cea que alguén esquecera por alí o primeiro día e convertelo no noso Deus/Tótem particular ó cabo dunha semana, altar e retablo incluído (aquel mes fomos PanTeístas, literalmente). Si, pasámalo ben.

¿E a que ven este ataque repentino de lembranza marcelproutiana? Pois a que hoxe, no meu paseo diario polas areas pantanosas de YouTube, din con esta marabilla de Weird Al Yankovic, o humorista, imitador e cantante norteamericano, que aínda nos tivo entretidos bastantes horas durante aquel mes de xullo. Seino, seino, o noso nivel de frikismo elevouse moito aquelas semanas. Pero tentade comprender o valor sentimental que pode ter isto...

THE SAGA BEGIN:



PostMortem: A ver se nos vemos pronto. Saúdos tamén a Alberto, Dolo, Marita e Xaquín, invitados de honra naquela Pan-a-cea veraniega.

<$BlogDateHeaderDate$>

Wood

Sabedes, non mo podía crer esta mañán.

Debíao supoñer, un documento así tiña que estar na rede ó alcance de todo o mundo. Se non está en YouTube é tan só por que é excesivamente longo, pero para iso está GoogleVideo.

Si, tiña que estar e eu tiñao que supoñer, pero fíxome unha ilusión tremenda. “Plan 9 from outer space”. ¡A mítica película de Ed Wood! Non vou a destripar aquí o argumento. Moitos xa o coñecedes (de primeira man ou a través da peli de Tim Burton) e os demáis tedes internet, aínda que vos recomendo que simplemente clickedes neste enlace, e vos deixedes levar por unha das maiores xoias do absurdo concebidas pola Humanidade.



Dende os 13 anos, cando vin por primeira vez “Plan 9”, sinto un vínculo especial con Wood. Por suposto que o seu cine é absurdo, por suposto que é malo e que é unha sucesión de desatres que desafían a calqueira tipo de lóxica e sentido da estética. Pero é un dos maiores magos que acariciou este árido e malsano mundo, fose cal fose a lei da física ou da razón que tivese que derrumbarse baixo o desastre da súa dirección,

Ed Wood foi un home capaz de convertir a súa imaxinación en celuloide, . Non creo que ningún home estivese nunca tan preto de Peter Pan. En “Plan 9” non hai continuidade, non hai coherencia nos diálogos nin nos escenarios. Os personaxes, perdidos, zozobran a deriva e farfullean sen ter nin idea onde están (especialmente Bela Lugosi, falecido medio ano antes de comezar a rodar...) as escenas sucédense sen ningún sentido narrativo, os ovnis colgan de fíos tan evidentes como a falta dun guión sobre o que apoiarse...

Por iso foi condenada ós infernos como “a peor película da historia do cine” pero por iso mesmo outros moitos, sen contradecir esa afirmación, a levantamos ó Olimpo como unha das obras de arte máis encantadoras e deliciosas de tódolos tempos. Si é malísima. ¡¡PERO É XENIAL!!

¿Por qué? Porque Ed Wood non só cría nos seus soños, senón que era capaz de convertilos en realidade. A ver quen de nós pode dici-lo mesmo…


<$BlogDateHeaderDate$>

Eye-Fi

Gadget especial para xente coma Pablo...



Aínda que pensandoo mellor, ¿Para que vai necesitar Pablo discreción?

<$BlogDateHeaderDate$>

Ateismómetro

Dende hai uns anos defínome como "ateo non practicante". Non me vou estender nisto agora, que é moi longo de explicar e ben merece un post independente outro día.

Pero resulta que en realidade son un "ardent atheist", polo menos segundo este test.

85% de ateísmo me detectou (e podedes crelo ou non, pero non fixen trampas).

Este é o texto que acompaña ó resultado. Paso de traducírvolo, que sei que sodes ben listiños e tedes moito mundo.

"You are an atheist, pure and simple. You think God is just one big lie, and consider religious people to be both annoying and beneath you. Ardent atheists will argue tooth and claw for their position, and have no truck with people that won't listen. You think being an atheist is the only way to lead an honest life, and see no reason to accept the pleas of faith. Ardent atheists are the backbone of atheism. Be proud."

"Espiña dorsal do ateísmo"...

Non está mal, non, non está mal...

<$BlogDateHeaderDate$>

"Para ti que eres joven" by Urdaci

Pouco a pouco, Alfredo Urdaci vai espertando do seu letargo. Xa se lle vai pasando esa palidez cetrina que seica lle inundou o cara un 14 de marzo de hai dous anos e que lle obrigou a coller unhas longas vacacións.

A verdade, hai moito mito con Urdaci. Non debe ser tan mal tío. Eu sempre o vexo tendendo a man a todos aqueles que se meten con el. Agora lanzouse a facer amigos entre a xuventude do país, esa que o próximo domingo pensa manifestarse en 60 cidades españolas para reclamar unha vivenda digna. Incluso, na súa infinita xenerosidade, nos manda consellos. Algo sen dúbida nos virá moi ben de parte dun señor de tan ampla experiencia.
"Lo que deberían pedir es trabajo, que desde hace siglos las viviendas dignas se consiguen hincando el lomo, ahorrando, y aquí tampoco se han inventado los atajos. Eso es lo que he visto toda la vida. A todos nos hubiera gustado que los primeros créditos que pagamos, en lugar de al 18 hubieran estado al 3. Pero no era así, ya lo ven. Con un curro, colegas, se paga todo, desde los vicios hasta un cuarto para echar unas copas sin pasar frío, y pasarle la mano por el lomo a nuestra prenda. Lo demás son cuentos. Los euros a cuatro pesetas ya no los dan ni los de los sellos."
Vamos, que xa está ben de tanta vagancia, putos cenutrios parasitarios. A ver se vos enterades dunha fodida vez que vai sendo hora de encontrar un contrato fixo como Dios manda (desos que andan os empresarios tirándo ó chan porque sobran), largarse da casa de Papá e Mamá e poñerse a pagar dunha puta vez esa hipoteca de 50 anos que vos están a regalar os bancos. ¡Coño! ¡Que sodes do que non hai! ¿Ou é que queredes máis aínda? Tanto botellón y tanta ostia...

Gracias señor Urdaci, pola súa sagacidade social. Para que vexa o que lle agradezo o seu consello, aquí lles deixo a estes maleantes o enlace ó seu evanxelio.

PostMortem: A min fáltanme algúns datos nesa columna da dereita. Por exemplo, certa condea por manipulación.

RigorMortis: Por certo, ¿probastes a meter en google "manipulación" e "condena" e darlle a "Voy a tener suerte"?

<$BlogDateHeaderDate$>

Idiomas para principiantes

¿Queredes saber como soan tacos e expresións malsonantes en alemán?
¿Intéresavos chegar á pronunciar un sonoro "merde" tal e como o farían Villepin e Chirac ante unha folga de estudiantes?

Non vos preocupedes, a BBC chega ó voso rescate. Na súa web adica unha serie de espacio ós "cool languages", para que vos entendan sen problemas cando esteades de mala ostia nos vosos viaxes de erasmus.

Aquí déixovos ó enlace ó menos útil, os "sexuals swearwords" do español. Botádelle un vistazo e dende aí buscádevos a vida, que eu "tengo que ir al puto médico"

<$BlogDateHeaderDate$>

Era Macintosh: Ano 22

Cada certo tempo é un placer rememorar xoias da publicidade como estas.
Da man de Ridley Scott revelaba ó mundo, Apple reveláballe ó Mundo por que o ano 1984 non ía convertirse na distopía orwelliana gracias a Macintosh. Xa tiña certo punto de prepotencia (quizáis meta a pata ata o fondo, pero non podo deixar de ver a Steve Jobbs recitando o slogan en alto durante o brainstorming) pero mooooooooola...

Agora ben. 22 anos despois, ¿non apreciades raro na cintura da "liberadora"?



PostMortem: Sigo sen renegar da miña condición pecera. Nobreza (e €) obliga...

<$BlogDateHeaderDate$>

Vivir para ver

Leo asombrado:

"Dimite o Delegado de Goberno en Madrid
trala condena a tres policías polo 'caso Bono' "

Vamos, vamos... vamos a ver. ¿Que clase de tomadura de pelo é esta? ¿Un político que admite e asume as súas responsabilidades? E non só as asume, senón que ademais... Vai, ¡¡¡e ocórreselle dimitir!!! Isto é inaudito. ¿Que van pensar no estranxeiro de nós?

¿Pero que é isto? Como diría Juanjo de La Iglesia nos bós tempos de CQC...

"ESPAÑA, NO TE RECONOZCO"


<$BlogDateHeaderDate$>

Parcelaria Virtual Galega

"A Parcelaria Virtual pola Cultura Galega é un orixinal proxecto posto en marcha en Internet pola Asociación Cultural Fillos de Galicia co fin de obter financiamento para as súas actividades, nomeadamente o seu portal Fillos.org, a maior Comunidade Virtual galega, dirixida principalmente aos emigrantes.

A idea consiste en vender parcelas virtuais a partir dun mapa gráfico de Galiza, dividido en 1.048 unidades visuais (e tamén virtuais) pola cantidade de 381,68 euros. O comprador disporá deste espazo virtual para situar nel unha ligazón ou mesmo a súa páxina web. O proxecto diríxese cara ó engrenaxe empresarial e institucional galego,´[tamén os particulares que o desexen] coa vantaxe de patrocinio."

Se queres participar, ou se queres saber máis sobre a iniciativa, visita www.parcelaria.com

O seu obxectivo é acadar os 400.000€ para financiar as súas actividades. Boa cifra, aínda quedando lonxe do autor da coñecida páxina the million dollar homepage, o espelido alumno estadounidense que decidíu vender cada pixel da súa pantalla ós anunciantes a 20$. ¿O resultado? Pois como o nome indica, un millón de dólares que pensa adicar ós seus estudios (xa pode ir a Harvard) e a novos proxectos.

<$BlogDateHeaderDate$>

Mondo Bruto


Directo dende a Fragua (¿de Vulcano?)

<$BlogDateHeaderDate$>

O meu Templo Zen

Si, poderíase dicir que este é o meu templo Zen particular, un lugar apartado da man de Deus, do Demo e do Home onde me teño retirado de vez en cando a pensar. Aínda que cando máis o teño desfrutado e cando me retirei a "non pensar".

Hai tempo que non o fago. Debería retomar o hábito.

Algúns de vós xa sabedes máis ou menos por onde anda. Os demáis fastidiádevos, non volo vou dicir, que non penso fomentar o turismo/saqueo petrolóxico.



<$BlogDateHeaderDate$>

Incoherencia Suma

Esquerra Republicana de Catalunya, socio non maioritario do Govern (PSC: 42 escaños, ERC: 23, IC-V: 9) decide non apoiar en referéndum a proposta máis importante promovida dende a Generalitat nesta legislatura, e na anterior e na anterior…

A pesar de que a cúpula do partido optara hai menos dunha semana polo voto nulo (a opción dos que non saben nin votar “SI”, nin “NON”, nin absterse).

A pesar de non votar en contra na votación no Senado.

A pesar de xustificar decenas de veces que sería difícilmente xustificable ante o seu electorado votar en contra dun Estatut "que supón un avance considerable para Cataluña" (Puigcercós dixit).

A pesar de dicir que non favorecerían co seu “non” que o PP lle faga pinza ó Tripartito en Cataluña e a ZP en Madrid.

A pesar e a pesar de tantas e tantas palabras, os dirixentes de ERC deciden facerlle caso as súas cabreadas bases e optar polo NON. Opción que me parece moi lexítima, aínda que un podería pensar que se os dirixentes dun partido político se propoñen durante meses unha opción oposta ás bases, o mínimo que deberían facer é presentar de inmediato a súa dimisión.

¿É unha incoherencia que Carod, Puigcercós & Cia continuen como dirixentes de ERC? Non, polo que máis queiras.

¿É unha incoherencia dicir que ERC debería saír do Govern debido as discrepancias cos seus socios sobre as “normas de xogo” que deben rexir a vida sociopolítica catalana? Non, por favor.

¿É unha incoherencia pasar en só 3 meses polo

- “SÍ, desde logo. Quen diga NON é un anticatalán”
- “Sí, pero NON”

- “NON, pero pode ser”

- “Pode ser, pero NON”
- “Mira, fai o que queiras”
- “NON, pero non te confundas. Non é o mesmo o meu Non que o NON dos outros que din NON. “

(e isto é só do que levo a conta, seguro que hai máis)

¿Incoherencia? Non, por Deus.

¿É unha incoherencia pensar que todo isto é unha enorme incoherencia? Non, por Tutatis.

¿Cómo se xustifica todo isto? Escoitemos ó gran Carod – Rovira:

"El Govern lo ha formado Esquerra, se siente cómodo en él,
y si alguien no lo está que se vaya"


Así que Maragall, xa sabes. Date por aludido e vaille presentándo a túa dimisión a Carod.


<$BlogDateHeaderDate$>

Titanic 2: O retorno de Jack

En decembro do 2000 (cando había pouco que os ecos dos gorgoritos de Céline Dion se apagaran) unha noticia publicada por un xornal español sobresaltábanos. Preparábase a secuela de Titanic!!!

¿Como é posible que se poidese dar continuidade a un dos argumentos máis pechados e conclusos da historia (afortunadamente)? Ben, pois tal xoia da cinematografía moderna estructuraríase sobre a siguiente hipótese: Di Caprio (o seu personaxe, xa me entendedes) tería conseguido volver a flote e, apoiado sobre un cacho de xeo e máis tarde sobre unhas planchas de madeiras que flotaban a deriva, tería chegado ás costas africanas en plena IIª Guerra Mundial. Alí o exército de turno confundíao cun soldado rival, feríano de gravidade e enamorábase da enfermeira que o coidaba.

Aquí xa non aguantei máis. Pase o do reflote. Pase o do cacho de xeo. Pase o das tablóns. pase o do parecido razonable con "O paciente inglés". ¿¿¿Pero como coño ía estar flotando case 30 anos??? ¡Iso nin Moisés e a súa pandilla polo deserto! Unha ollada a data do xornal sacábanos de dúbidas: 28 de decembro.

Tres hurras polo redactor inspirado. Casi cuela...

Ben, pois está visto que un non pode curarse nunca de espantos. A noticia debeu chegar, aínda que con retraso a un productor hollywoodiense, e aquí tedes un adianto. O último minuto é apoteósico.



PostMortem: Unha dúbida ¿Será Di Caprio parente de Walt Disney?

<$BlogDateHeaderDate$>

Wiiiiiiiiiiiiiiiii

Andan moitos "consoleros nintenderos" trastornados estes días.

Nintendo leva anos de ostracismo detrás da PlayStation (e no último lustro, tamén da XboX) que conseguíu ampliar o espectro de idade e público dos xogadores. O arrasador éxito das consolas de Sony, con case 200 millóns de unidades vendidas, levouse xa por diante a unha histórica do sector, SEGA, reducida agora a third party, é dicir, desarrolladora independente de xogos,(de moi boa calidade xeral, iso si).

O caso é que nos albores dunha nova xeración de consolas, Nintendo daba sinais de poder recuperar o reinado perdido. A súa baza, un producto que debía revolucionar o entretemento doméstico gracias especialmente, a un novo sistema de control, un mando que combina os botóns tradicionais cun detector de movemento o que multiplica as posiblidades de xogabilidade.

Por fin Nintendo parecía capaz de sacudirse de riba certo complexo infantiloide asociado ós seus productos. Fronte a un público consolero de idade media cada vez máis elevada, a compañía xaponesa necesita sacarse a imaxe de creadora de "xogos para nenos" que arrastra dende hai anos, vivindo das rentas do fontanero SuperMario & Cia. Incluso o nome provisional elixido para a plataforma foi aclamado polos fans: Nintendo REVOLUTION.

Su gozo en un pozo.

Hai uns días, Nintendo anunciaba a denomninación definitiva. A nova máquina chamarase. Nintendo Wii.

Vexan nesta animación a frustración dos nintenderos.





Pobriños... En fin, que a pesar do nome, é de supoñer que a consola sexa igual de boa... ou de mala!

SEGA & SONIC FOREVER!!!

PostMortem: Case me esquecía. Este post vai especialmente adicado a Antonio, o "home invisiiiiiiiiiiiiible". A ver se da sinais de viiiiiiiiiiiiida

<$BlogDateHeaderDate$>

Lei de Godwin

De parte de Anxa e Marcos, seres humanos (ás veces isto aínda está por confirmar, sobre todo no caso de Marquiños) cos que a dialéctica é sempre un pracer. Graciñas polo soplo.

"Se puede deducir que una discusión en USENET caduca cuando uno de los participantes menciona a Hitler y los Nazis.

Muchos han extendido la ley de Godwin para determinar que cualquiera que mencione a los Nazis como táctica de debate (en un argumento que no tenga relación con la IIª Guerra Mundial o el Holocausto) automáticamente pierde la discusión.

La idea que se esconde tras este argumento es que, dada la naturaleza de tales eventos, cualquier comparación con algo menos importante que el genocidio, la limpieza étnica, las pruebas médicas poco éticas o la extinción es inválida y considerada de muy poco gusto. La ley de Godwin encuentra sus excepciones en aquellos casos en que Hitler es nombrado desde un punto de vista positivista, es decir, considerando únicamente hechos objetivos y dejando a un lado las posibles connotaciones negativas."

Máis na Wikipedia.

<$BlogDateHeaderDate$>

For ever: In the Ghetto

Prometo non facelo máis... polo menos durante unha semana.

Sei que estou abusando estes días, que o meu youtubismo está derivando ademais nunha sobredose de videoclips chorras que monopolizan este blog, pero isto, precisamente ISTO, non podo evitalo.

Aqueles que me coñecedes máis ou menos ben sabedes o vínculo afectivo que me une a este temazo, así que agora que estou enganchando ós vídeos online, teño que facerlle un merecidísimo homenaxe. A el, e a todos aqueles cos que pasei un bo rato escoitando isto no seu día.

Polo tema en si, e polos días bós que tivemos e que nos quedan, Señores, señoras, con todos vós, saúdando dende ás Dunas da Memoria, o inmenso, único, irrepetible, Príncipe Gitano.




PostMortem: Rídevos se queredes, pero probade a cantala nun karaoke e veredes que non é tan fácil.

<$BlogDateHeaderDate$>

Distopia en sepia

Onte (e dígovolo totalmente en serio) soñei que estaba nunha cidade desfeita, de tons sepias e ocres, moi similar á típica representación urbana post-apocalípsis nuclear, químico, bacteriolóxico...

Nas rúas, só tendas en ruinas cheas de televisores nos seus escaparates mortecinos. Neles só se emitían vídeos caseiros e videoclips como os que fagocitan o espacio deste blog nos últimos tempos.

O "Grande Irmán" vixíanos... e colga os seus vídeos en You Tube

<$BlogDateHeaderDate$>

Crónicas Finesas (II)

Dícese que se comenta que se rumorea que alguén especula de que hai quen chismorrea sobre o cotilleo non verificado (vamos, que o di Pablo) da posibilidade de que a coreografía do vídeo do post anterior sexa obra de Slobodan Milosevic.

Como bo xornalista que me considero, non podo negarme o seu requerimento de difundir un rumor non confirmado nin verificado e que non ten traza algunha de ser verdade. Que lle queredes, deformación profesional.

<$BlogDateHeaderDate$>

Crónicas Finesas

Como xa sabedes moitos dos poucos visitantes desta bitácora (pobre pero honrada, que conste), o noso mestre Yoda particular Manolo Gago anda estes días de paseo por Nokialandia. Viaxe de intercambio cultural. El vailles falar das súas opinións sobre arquitectura da información e a cambio, tráese xoias como a que imos ver.

"Intertextualidade" directa dende o seu blog:

"Non puiden resistirme a publicar “the worst music video EVER“, tal como o definen por estas terras. Definitivamente, non valoramos axeitadamente o ronsel de rubor que deixa a contemplacion dos excesos dos 80 ao longo de todo o continente…Neste caso, da man de Armi&Danny co seu tema I Wanna Love You Tender. Armi conseguiu salvar a vida trala emision e continua animando vodas."



A miña pregunta, obvia. Se Armi conseguíu salvar a vida, ¿que foi de Danny? ¿Exiliárono a Islandia ou a Xamaica despois de arrasar ó seu paso por Eurovisión? ¿Fixérono profesor da Academia de "OT Finlandia"? Seguimos na búsqueda da resposta.

De momento, só contamos con esta pista...

Como vedes, o espíritu dos monstruosos anos 80 resístese a saír do armario e sacudirse a naftalina.Como vedes, o espíritu dos monstruosos anos 80 resístese a saír do armario e sacudirse a naftalina.


<$BlogDateHeaderDate$>

Los PePiness

Joder, a este paso, vai ser imposible elixir a canción do verán. Hai que recoñecer que o nivel está altísimo...

<$BlogDateHeaderDate$>

"Savoir faire" dos políticos

Esta é a declaración de intencións dun novo partido político xurdido nestes incertos momentos:


En nuestro partido político cumplimos con lo que prometemos.
Sólo los imbéciles pueden creer que
no lucharemos contra la corrupción.
Porque si hay algo seguro para nosotros es que
la honestidad y la transparencia son fundamentales
para alcanzar nuestros ideales.
Demostraremos que es una gran estupidez creer que
las mafias seguirán formando parte del gobierno
como en otros tiempos.
Aseguramos sin resquicio de duda que
la justicia social será el fin principal de nuestro mandato.
Pese a eso, todavía hay gente estúpida que piensa que
se pueda seguir gobernando con las artimañas de la vieja política.
Cuando asumamos el poder, haremos lo imposible para que
se acaben las situaciones privilegiadas y el tráfico de influencias.
No permitiremos de ningún modo que
nuestros niños tengan una formación insuficiente.
Cumpliremos nuestros propósitos aunque
los recursos económicos se hayan agotado.
Ejerceremos el poder hasta que
comprendan desde ahora que
Somos la "nueva política".

¿Xa está? Ben, agora lede de abaixo a arriba (pero de esquerda a dereita, claro)

PostMortem: Adicado a Belén Baños, unha das moitas personiñas que me deixan gran recordo do meu paso pola Teuvegá como bolseiro.