<$BlogDateHeaderDate$>

Famaztella

"La sociedad FAMAZTELLA SL fue creada por Aznar y Ana Botella en junio de 2004 para explotar derechos de propiedad intelectual "en todas sus manifestaciones, como libros, escritos, discursos, alocuciones, conferencias y obras análogas".
Cando o lin en 20minutos.es Máis en 20 minutos, de maneira compulsiva, o primeiro pensamento que me veu á cabeza foi reservar o dominio famaztella.com. Por sorte ou por desgracia, xa se me adiantaron...



Caghon as estrelas...


<$BlogDateHeaderDate$>

Lindo gatiño

Sempre quixen ter un gato.

<$BlogDateHeaderDate$>

Epílogo

Entre tódolos tópicos soltados nos medios despois da baixada de adrenalina de onte aínda se poden atopar algunhas xoias, como esta que vén da man de 20minutos...

que facendo zoom ven sendo...


A ver se na redacción me vale de excusa para non traballar cada vez que me vaia algo mal ("No,jefe, es que ayer no hubo HOUSE y no me sale ningún titular con mala leche...").



<$BlogDateHeaderDate$>

Me caghon dios e me caghon as estrellas

Sinto, sinto, sinto... Máis dunha semana e eu facendo o vago e sen actualizar. Bueno, no meu descargo, que non fixen exactamente o vago, senón que xuño é xuño, e para os estudiantes é moito xuño.

Voume redimir, aínda que só un pouquiño. Un par de enlaces e a seguir currando.

Para abrir boca, este link (agradecementos á amiga Itinerante polo chivatazo) no que se lle dá un repaso ó Santoral. Non me creredes, pero por un momento bastante grande pensei que era un tío meu que ten un tono e un timbre de voz case idéntico (e xurando non se lle queda atrás).

E para continuar -e ó fío do anterior- esta maravilla que demostra que Ben Laden pasou por Galicia, collendo acento e todo.



¿Estará con Bonnie M nas montañas de Lugo cantando o "Ma Baker"?

Ata pronto!

<$BlogDateHeaderDate$>

A rasss

Por se quedaba algunha dúbida, xa podemos estar seguros. Definitivamente, España ten novo Carlos Gafainz...

"Sete Gibernau se rompe la clavícula en Montmeló y
su ambulancia sufre un accidente"

<$BlogDateHeaderDate$>

Pa'bernos matao...

Anda que o que se vai líar con Corea do Norte vai ser bonito...

<$BlogDateHeaderDate$>

Love Story

Cual Romeo e Julieta, aquí tedes a historia de amor entre un PC de gama baixa e un iMac "flexo" de familia "bien" (por dios, como molaba ese bicho...). E todo isto, antes da Era MacIntel e do Boot Camp.

PostMortem: A todo isto, ¿sabíades xa que Bill Gates deixará o Poder Executivo de Microsoft en 2008 para adicarse á súa Fundación Filantrópica? Seica era un segredo a voces. Eu, nin papa...

<$BlogDateHeaderDate$>

Abracadabra

Xa sei que debería tentar convertir este blog nalgo máis serio, e con menos chorradas deste tipo. Fareiche caso, un día destes póñome con iso. Pero de momento, mira este video. ¿Harry Potter? Harry Potter una miiiiierda ó lado deste tío!




¿Acojonante, non?

Non me digas que non molaría facerllo ós invitados en Noiteboa...

<$BlogDateHeaderDate$>

Ergonautas

Non, dígoo en serio, algún neurólogo debería estudiar as conexións sinápticas deste home...

"El PP debería retirarse de la campaña del estatuto y si me apuran, hasta de la vida política pública española, porque así no se puede seguir. ¿Y por qué? Porque este estatuto es un estatuto soviético. ¿Y por qué es un estatuto soviético, dirán ustedes? Pues muy fácil, porque el nacionalismo es una pulsión suicida y asesina".

Federico Jiménez Losantos (como se non fose obvio que era el...)

¿Que podemos dicir ti e máis eu? Pois nada, que viva o método hipotético deductivo...

<$BlogDateHeaderDate$>

Ligeti

Fóisenos György Ligeti.

Ciao, Maestro.

<$BlogDateHeaderDate$>

Grande-Marlaska

O día a día, o run-run da rutina mediática, fai que en ocasións -demasiadas- simplifiquemos en exceso. Un dos sectores máis peligrosos é o da convivencia- connivencia entre xornalistas e políticos, ata o punto de que chega un momento en que se pode dicir de todo sen que realmente signifique nada. Dicir, por exemplo, que o proxecto dos verdugos de sempre é igual que o das víctimas de sempre. Vinculado a todo isto, o problema do maniqueísmo, do branco e negro, do "comigo" ou "contra min".

Meses hai que o nome de Fernando Grande-Marlaska enche titulares día si, día tamén. Dende que Baltasar Garzón se foi a face-las Américas ningún outro maxistrado lle sacou tanto lustre ó título de "xuiz estrela" da Audiencia Nacional. Dende o cese de fogo de ETA cada decisión de Grande-Marlaska agárdase con temor. El foi quen se ocupou da maioría das sentencias polémicas relacionados co entorno Abertzale, e cada veredicto seu agárdase con expectación, mesmo temor, co medo de que poida facer descarrilar definitivamente un proceso de paz tímido e endeble.

Considerado o azote de Eta-Batasuna, xa hai quen o sitúa ó servicio do Partido Popular, do mesmo xeito que se alinea a Conde-Pumpido co eixo masoncomunista-separatistaseuskaldun que quere desvertebrar esta nosa gran patria española, ese gran proxecto de zETApé destapado por Zaplebes&Losantos&Pedrojota.

Amigo, supoño que cun historial como o noso, atravesado polas lanzas de múltiples dictaduras de diferentes rostros, non é fácil crer na separación de poderes. Porque todo este maniqueísmo, toda esta simplificación mediática de tertuliano vociferante, derrúmbase ante un leve achegamento ó home. E o facha pepero ó servicio de Rajoy e Jiménez-Losantos, convértese nun vasco que fala euskera, incómodo cos que levantan bandeiras coa águila diante da Audiencia Nacional e casado dende hai uns meses con Gorka, o seu mozo de toda a vida a pesar da oposición inicial da súa nai heptagenaria.

Non, amigo, as cousa non son sempre o que parecen. As miñas desculpas por pensar mal. Putos maniqueísmos...

Postmortem: A entrevista de Rosa Montero, un exemplo para aprendices de plumillas como min. Preguntas de tres palabras que se converten en chaves da alma máis tímida.

<$BlogDateHeaderDate$>

Acebes

"Acebes tiene esta costumbre de identificar a sus rivales políticos con ETA. Incluso puede uno imaginárselo por la calle, señalando a los transeúntes: "Éste es ETA; éste es ETA; éste es ETA". O conduciendo: si alguien se le salta un ceda el paso, es de ETA; si alguien le toca el claxon, es de ETA. Todos a su alrededor son ETA. Los nacionalistas vascos son ETA, Zapatero es ETA, Carod-Rovira es ETA. "Veo etarras por todas partes, doctor... doctor... ¡doctor Ternera!". Los socialistas le recomendaron el martes, desde la tribuna, que busque ayuda psicológica. Somos los demás los que vamos a necesitar ayuda psicológica si esto sigue así".
Antonio Martínez, en ELPAIS.es


PostMortem: Seguramente xa o coñecerás, pero sobre Acebes bótalle un ollo se aínda non o fixeches ó retrato que o deputado socialista Eduardo Madina lle fixo hai uns días.


<$BlogDateHeaderDate$>

Fumbol es Fumbol

Hai que recoñecer unha cousa, lonxe da sobredose mediática (obvio que a hai) e dos intereses económicos (que dúbida cabe que existen), o Mundial de Fútbol une cada catro anos á xente dun modo especial, quizáis incluso de forma máis intensa que os Xogos Olímpicos, que son máis universais pero tamén, máis chic e elitistas*.

Certo, moitas veces esa unión de miles -que digo miles, millóns- de conciencias producen que as baixas paixóns destructivas do home afloren como un apocalipsis, pero calquera acontecemento capaz de paralizar países durante días e días merece certa consideración. E senón, que veña un antropólogo ou un sociólogo e que mo negue á cara. Bueno, mellor por videoconferencia que estou bastante ocupado estes días.

Aí vai a miña particular homenaxe ó fumbol, que diría Forges. As dúas xogadas máis grandiosas que viron nunca cámaras de TV nun coliseo de metal. Por suposto, podedes escoller cal das dúas merece quedar gravada no panteón dos momentos ilustres da Humanidade.

A 2ª non foi en ningún Mundial, certo, ¿pero somos nós para atrevernos a dicirlle ós deuses cando se teñen que manifestar?

Candidato a Mellor gol da historia nº 1

Candidato a Mellor gol da historia nº 2




*Estou aberto ás críticas sobre esta discutible opinión.

<$BlogDateHeaderDate$>

ASCO

¿En que merda de mundo vivimos?

E non te estrañes se dentro de dous días aparece un vídeo colgado na rede.

<$BlogDateHeaderDate$>

Elmundo.es : Strike 3

Acabo de batir o meu record.

Hai 2 semanas, vin o rediseño de Marca.com tres horas despois de que o colgasen.
Hai 1 semana, desubrín o de ABC.es unha hora despois.
E agora, o de Elmundo.es, ¡1 minuto despois do anuncio!



De momento só aprecio cambios na portada, non nas interiores e haberá que valoralo a fondo con algo máis de tempo. Así, a primeira vista, parece un cambio menos profundo do que se esperaba.

Segue gardando o aire de familia gracias a seguir co mesmo aspecto gráfico (cores, tipografías, liñas divisorias...). Por fin se da o salto ós 1024 píxeles de ancho e parece que definitivamente o menú lateral está en vías de extinción. É o terceiro xornal español que prescinde del en apenas 15 días. As cabeceiras "vitaminadass" van pasar a ser unha constante nos vindeiros meses.

Esperaba algo máis ambicioso. Fáltalle a finura e limpeza doutros deseños moito máis antigos como o de Elpais.es . Por outra parte, aínda que é cousa de acostumbrarse, o acceso ás noticias máis importantes situadas na zona inferior da páxina parece máis ben un caixón de xastre.

Máis chocante: a información de servicios queda relegada a un cadro nunha zona case invisible, na parte inferior dereita, cando teño entendido que é unha das seccións máis consultadas en calquera xornal dixital (certo, moito máis nos xornais locais). Se o fan supoño que será con datos na man. Tamén queda por ver que tal funciona a integración dos vídeos na portada.

En resumo, a primeira impresión é un pouco tibia e decepcionante. Supoño que é difícil arriscarse cando tés 8 millóns de lectores mensuais. En todo caso, moito máis acertado que o caos que Marca.com imprimíu na súa portada onde agora reserva para as noticias un 15% do primeiro "pantallazo".


PostMortem: O mellor da portada, sen dúbida, Scarlett, mesmo con ese tinte a lo "femme fatale".


<$BlogDateHeaderDate$>

"¿No queriais sorpresas?"

Oes, pode que non chegan a tódolos fogares e que non retransmitan o mundial en exclusiva, pero La Sexta xa pode presumir de ter un dos mellores "momentos zappings" do 2006 televisivo.

Eu, que queredes que vos diga, por moito que aseguren que vai en serio, que non é unha montaxe, non mo acabo de crer. Aparte de que non solta o folio das mans, da esaxeración das patas polo aire, máis que nada, o que fai desconfiar, son os tremendos huevazos que lle bota o presentador. Como para ter unha urxencia ó seu lado:

- ¡Patxi, ayuda, que metí la mano en el cortacésped, me corté 8 dedos y me estoy desangrando!.
- Pos espera diez minutitos, que el partido va al descanso y ya te traigo una tirita!



Sexa coña ou non, o mellor de todo, o eslogan da publicidade,xusto antes da pantalla negra.

-------
Actualización: Sigo sen saber se é auténtico, pero acabo de ler nun artigo de 1998
que Lopetegui é narcoléptico... ¿Pode explicar iso as súas cantadas no Barça?

Actualización Bis: Parece que hai problemas co enlace do vídeo. Por se acaso, aquí vos deixo o link a Youtube.

<$BlogDateHeaderDate$>

6 do 6 do 6 do 6 do...


E se hoxe se nos acabase o mundo
¿A Ti que che gustaría facer?

<$BlogDateHeaderDate$>

Futuro plusquimperfecto

CONSTITUCIÓN DE LA REPÚBLICA BANCARIA ESPAÑOLA

TÍTULO VIII. De la organización territorial del Estado
CAPÍTULO PRIMERO. Principios generales

Artículo 138

1. El Estado se organiza en una macrourbanización de urbanizaciones que pueden subdividirse a su vez en comunidades jurídicas de chalés adosados.

2. El documento común a todos los españoles y símbolo de la unidad nacional es el resguardo de la hipoteca.




<$BlogDateHeaderDate$>

De lo visible y de lo invisible

- Sí, tengo el poder de la invisibilidad, pero sólo cuando no me mira la gente.
- ¿Y cuando te miras a ti mismo?
- No, entonces dejo de ser invisible.
- Y entonces... ¿cómo coño sabes que puedes ser invisible?
- Cuando uno es invisible, simplemente, lo sabe.
Mystery Men (1999)

<$BlogDateHeaderDate$>

Un poquito de...

Unha pregunta...

- ¿Que vai pasar con "Aquí no hay quien viva", o único programa de A3 entre os 20 máis vistos do mes, agora que Telecinco comprou o 15% do grupo Audiovisual de José Luis Moreno, incluído Miramón Mendi, productora da serie?

- Nada, A3 non deixará que se lle escape AQNHQV, así que negociará con José Luis Moreno para seguir ofrecendo o seu producto estrela, o único capaz de competir coas series nacionais de ficción de Telecino como "Los Serrano" ou "Hospital Central".

- Erro. O acordo inclúe a exclusividade de tódolos productos da factoría Moreno para Telecinco.

- Pois entón "Aqui no hay quien viva" vaise emitir en T5.

- Tampouco, posto que o acordo de Miramón Mendi con Antena3 deixa claro que a marca "Aquí no hay quien viva" pertence a A3.

- Pois entón A3 seguirá emitindo "Aquí no hay quien viva" pola súa conta, contratando ós mesmos actores e ó mesmo guionista e director, que segundo me dixeron é o auténtico cerebro de todo o fenómeno.

- ¿Quen? ¿Alberto Caballero?

- Si, creo que é ese.

- ¿Sabes que é sobriño de José Luis Moreno, que o leva apadriñando dende as Matrimoniadas de Noche de Fiesta?

- Vaia por Dios. Pois entón T5 vai emitir unha serie chamada "En este edificio no se aguanta" co director, algúns actores e algún que outro guionista de "Aquí no hay quien viva" e A3 vai emitir "Aquí no hay quien viva" cos demáis actores e guionistas pero sen o director de "Aquí no hay quien viva".

- Psssss. Podría ser.

- Tamén pode pasar que o ano que vén a xente se canse, pense que xa ten abondo con pagar a comunidade e garaxe a fin de mes, baixe o share, cancelen as dúas series e as sustitúan por reality's no que ex-concursantes doutros reality's loiten no barro contra actrices porno e toreros coa súa carreira en decadencia...

- Tío, ese si que sería un bo programa

- Y que lo digas...