<$BlogDateHeaderDate$>

"But Bill made it famous"

David J. Bradley comparte unha cousa con Enrique Bernat e Cornelius J. Brosnan. ¿Ni flores de que son eses? Pois a iso vou. Os tres son inventores dalgunhas das ideas máis xeniais do século XX pero ningún dos seus nomes se imprimiron no noso "inconsciente colectivo". Bernat inventou o chupachups e Brosnan, o clip para papeis. ¿E Bradley? Pois David J. Bradley é seguramente a persoa a quen máis velas lle deberíamos poñer os usuarios de Windows encima do noso monitor.

28 anos en IBM, formou parte do grupo que creou o primeiro PC, un dos encargados de diseñar a primeira BIOS, pero todo iso queda nun segundo plano ante o seu maior logro: é a el a quen lle debemos esa marabilla do Ctrl+Alt+Supr.

Bradley non pretendía en absoluto conseguir gran recoñecemento con esa pequena gran idea. O que el quería era crear un mecanismo para que os inxeñeiros de IBM poideran reiniciar "en quente" os equipos sen ter que seguir o laborioso proceso de reencendido dos primeiros ordenadores que tiñan o hábito de quedarse colgados a cada pouco tempo (si, eso tamén pasaba antes de Windows 95). Pero esta función era demasiado xenial como para quedar reducida a un grupo de primitivos geeks, así que non tardou en difundirse entre o público.

No 2001, nunha mesa redonda para celebrar o 20º aniversario do PC na que tamén estaba Bill Gates, Bradley explicou o proceso de creación do atallo:
"Facelo levou 5 minutos. Non imaxinaba que crearía un icono cultural. Pero teño que compartir o mérito, porque pode que eu o inventase, pero foi Bill quen o fixo famoso."
A cara do pobre Bill Gates, un poema.

Aquí tedes o vídeo.