<$BlogDateHeaderDate$>

Caen os cismas

Pedro J. cargouse a Gumersindo Lafuente, director de Elmundo.es. Tempo tardou, a verdade.

Algúns resístense entender a nova realidade, a abandoar os seus vellos púlpitos e pretenden abrazar o campo cos seus curtos brazos e seguir adoctrinando a través dos bits como fixeron ata agora a través da tinta. Non entenden nada.

Lafuente encontrouse unha mañá dirixindo ese barco case por casualidade, cando Mario Tascón se foi con todo o equipo a desarrollar Elpais.es. E dende, aí, foi quen de convertilo nun dos xigantes da rede española con case 10 millóns de lectores mensuais.

Podemos criticar -e facémolo a menudo- o seu deseño farragoso, que os gráficos interactivos perderon calidade dende que Alberto Cairo foi sustituido por Xaquín González -Xoquiñas, dubido que leas isto, pero se o fas, lamento que te enteres así...- ou a pouca interacción cos lectores. Pero nunca se lle poderá a Gumersindo Lafuente e ó seu equipo a valentía de permanecer firme na época dos "agujeros negros do 11-M" e das "conspiranoias zETApe-Batasuna" que aspavea ós catro ventos o seu irmán -Grande Irmán- de papel.

Lafuente cae, por moito que tenten disfrazalo, por non seguir o camiño marcado por PedroJota, porque non se tragaban, por ter manifestómetros con distinto biorritmo, porque foi sinalado polo dedo acusador de Losantos -paladín do reporterismo defecado que é LibertadDigital, por dicir que había 200.000 manifestantes na última manifestación da AVT

Gumersindo Lafuente, segundo din, era un tirano no día a día da redacción, pero non cae por iso nin polos seus erros. Cae por crer e defender nun novo xornalismo, no único posible. Pero outros resístense ós cambio e seguirán inspirando os estertores dun púlpito que, por moito que berren, será cada vez máis inaudible.