<$BlogDateHeaderDate$>

Post Mortem

Hai algo máis de 9 mesiños, comezaba este blog como unha proba, a miña primeira incursión nesa blogosfera que descoñecía por completo pero que tanto me fascinaba.

Hoxe remata en parte a experiencia, porque este é o último post de O Sorriso do Gato. A experiencia foi moi boa, por iso me resistín a pechalo ata hoxe, cando eu tan só esperaba mantelo algunhas semanas.

Tras 202 entradas e algo máis de 7.000 visitiñas (pouquiñas, si, pero de moita calidade xD) teño que darvos as graciñas a todos os que subistes a esta árbore nalgún momento deste "embarazo". Algúns, por vontade propia, bastantes por casualidade e outros incluso por "ensaio-erro" ;)

Graciñas, porque entre todos conseguistes que postear nunca fose unha obriga.

Agora, chega o final, e como en Alicia no País das marabillas, o gato desaparece. Pero como dixen no seu día no perfil "Gústame sorrir e que me fagan sorrir. Porque o Sorriso, aínda que pareza esvaecerse, sempre permanece esculpido no aire".

¡Penso repetir, así que volveremos a vernos, camaradas! ¡e non é unha ameaza!

Un abrazo e ata pronto



<$BlogDateHeaderDate$>

Pío XI-M

Pío Moa, disertando consigo mesmo sobre o 11-M:

"Ni la hipótesis del terrorismo islámico ni la de la ETA, o la de una combinación entre ambos pueden descartarse plenamente, hoy por hoy, pero aparecen algo debilitadas. Queda la del PSOE, o un sector de él. Después de todo, ese partido fue el principal beneficiario de la matanza."

Asombroso razoamento ¿Non? España non só está gobernada por separatistas desleais, senón tamén por asesinos ós que non lles importou o máis mínimo cargarse a 200 persoas para alcanzar o poder. Bueno, ó mellor si que lles importou un chisco, pero "que le quieres, chico, son cosas de la Revolución".

E non só iso, non son só separatistas, desleais, terroristas, asesinos, sacauntos e comenenos senón que tamén afundiron o Prestige, porque claro, de toda aquela historia do barquiño, tamén acabaron sendo eles os beneficiarios.

E de paso, Pío Moa tamén chega a clave que andan buscando como tolos os ineptos de C.S.I. Compostela: detrás do San Xoán eterno destes días están Rajoy, Feijóo e Zaplana. Pensemos, cun par de días máis, entre a ineptitude de PetaZeta e Torito e un par de mangueiras de xardín, apañan novamente a maioría absoluta, tanto nos Madriles como aquí na Paira. ¡Teñen que ser eles a huevos!

Ah, non, pero que parvo son. Este é un razoamento de sentido único, que só vale para o que vale. Perdoe vostede, Don Pío, é que xa se sabe que o que máis nos gusta ós progres é facer demagoxia.

O resto da revelación, se aínda tedes estómago, aquí, por suposto, en Libertad Digital.



<$BlogDateHeaderDate$>

Argumentos de sentido único


No es posible construir un proceso de paz si una de las partes implicadas es permanentemente acosada

¿Referíase Otegi con estas palabras a todas aquelas persoas perseguidas e ameazadas durante décadas por ETA por non compartir a súa ideoloxía? ¿Caeu Otegi por fin da burra de que apoiar á violencia etarra non conduce a nada?

Ah non, que se refería ós abertzales, que o están a pasar moi mal por culpa de Gazón.

Lástima


<$BlogDateHeaderDate$>

PUTO ASCO

Que veña Bush, Rumsfeld, Rice ou calquera Sweet Neocon, me mire os ollos, e me diga que isto non é o mesmo que facían os nazis nos campos de concentración.

¿A diferencia? Cando son alemáns, a Lista de Schindler lévase 5 oscars. Cando son yankis, a inmunidade permite facer globos co chicle durante o xuizo.

<$BlogDateHeaderDate$>

Fume nos ollos

Onte, non importaba que brúxula quixeras usar en Santiago. Miraras para onde mirases, ante ti só podía aparecer unha columna de fume. Ata sete incendios diferentes, ben separados un do outro, cheguei a contar nun momento, cando algúns deles apenas acaba de iniciar o seu carnaval destructivo.

De pequeno, non entendía moi ben porque as guerras acababan cando o exército invasor se facía coa capital. ¿Abondaba logo con botar abaixo unha única cidade para que tódalas demais se rendisen, para que millóns de persoas claudicasen e sentisen como propia a derrota duns cantos miles? Ata que Don Pepe, profesor de historia do colexio, me explicou que a capital é moito máis ca iso, que aí é onde se reunen as principais forzas e núcleos de poder e de goberno. Se un país non é capaz de defender a súa capital , tampouco será capaz de defender ningún outro lugar.

Triste metáfora. Ver o lume non xa no Pedroso, senón no propio centro urbán, a escasos metros da Alameda ou da residencia do Presidente da Xunta, é un bo símbolo para retratar a derrota sufrida por Galicia ante as lapas. Galicia enteira convertida nunha cortina de fume coa que tapar a vergoña de que un ano máis, o lume se converta na nosa parca.

Tempo haberá de facer reproches e esixir responsabilidades a quen corresponda, agora toca tirar todos xuntos da mangueira. Pero vai sendo hora de desterrar o mito de que isto é inevitable e que a Galicia só lle queda o destino de quedar consumida como o mapa de Bonanza.



Canta tristeza O ceo chora cinza e a Lúa sangue, botádelle un vistazo se o fume volo permite.

<$BlogDateHeaderDate$>

Amor Universal

Claro que si, ¿ou é que non sabes que ata os planetas saben de amoríos e de románticas fuxidas da casa materna?

Se non me cres, bótalle un ollo a isto.


<$BlogDateHeaderDate$>

Magago e a foto-síntese na aula Friki

Entrar na aula S2 da facultade de Ciencias da Comunicación de Santiago é para un geek algo así como un toys'r'us para Peter Pan. É case imposible entrar alí e que Manolo Gago (o Gandalf daquel santuario comunmente chamado a "Aula Friki") non che sorprenda cun revolucionario servicio web2.0 recén sacado do forno ou coa ultimísima interface que paríu a sacrosanta rede de redes.

Esta mañá pensei que lle sentaran mal os calores de agosto cando o primeiro que me di ó verme é "¿sabes o que é fotosíntese?". "Gago, tanto tempo diante do TFT non é bó", pensei, pero uns segundos despois xa estaba flipando co seu último tesouro descuberto: "Microsoft Photosynth".
Se esta xente lle adicase a Windows unha porción da creatividade que destapan esencias como Photosynth, o Ctrl+Alt+Supr non sería tan famoso, iso seguro. Esta nova tecnoloxía implementa dunha forma xenial a filosofía das redes sociais. A partir de grandes coleccións de fotos dun lugar, análizaas, busca semellanzas, e reconstrúeo en 3D.
Aí vai un vídeo demostrativo




No fondo, resulta un pouco siniestro pensar que un programa de software sexa capaz de sacar un rendemento tan automatizado e eficiente de distintos esforzos individuais aparentemente inconexos entre si.
Siniestramente fascinante...