<$BlogDateHeaderDate$>

Magago e a foto-síntese na aula Friki

Entrar na aula S2 da facultade de Ciencias da Comunicación de Santiago é para un geek algo así como un toys'r'us para Peter Pan. É case imposible entrar alí e que Manolo Gago (o Gandalf daquel santuario comunmente chamado a "Aula Friki") non che sorprenda cun revolucionario servicio web2.0 recén sacado do forno ou coa ultimísima interface que paríu a sacrosanta rede de redes.

Esta mañá pensei que lle sentaran mal os calores de agosto cando o primeiro que me di ó verme é "¿sabes o que é fotosíntese?". "Gago, tanto tempo diante do TFT non é bó", pensei, pero uns segundos despois xa estaba flipando co seu último tesouro descuberto: "Microsoft Photosynth".
Se esta xente lle adicase a Windows unha porción da creatividade que destapan esencias como Photosynth, o Ctrl+Alt+Supr non sería tan famoso, iso seguro. Esta nova tecnoloxía implementa dunha forma xenial a filosofía das redes sociais. A partir de grandes coleccións de fotos dun lugar, análizaas, busca semellanzas, e reconstrúeo en 3D.
Aí vai un vídeo demostrativo




No fondo, resulta un pouco siniestro pensar que un programa de software sexa capaz de sacar un rendemento tan automatizado e eficiente de distintos esforzos individuais aparentemente inconexos entre si.
Siniestramente fascinante...