<$BlogDateHeaderDate$>

Post Mortem

Hai algo máis de 9 mesiños, comezaba este blog como unha proba, a miña primeira incursión nesa blogosfera que descoñecía por completo pero que tanto me fascinaba.

Hoxe remata en parte a experiencia, porque este é o último post de O Sorriso do Gato. A experiencia foi moi boa, por iso me resistín a pechalo ata hoxe, cando eu tan só esperaba mantelo algunhas semanas.

Tras 202 entradas e algo máis de 7.000 visitiñas (pouquiñas, si, pero de moita calidade xD) teño que darvos as graciñas a todos os que subistes a esta árbore nalgún momento deste "embarazo". Algúns, por vontade propia, bastantes por casualidade e outros incluso por "ensaio-erro" ;)

Graciñas, porque entre todos conseguistes que postear nunca fose unha obriga.

Agora, chega o final, e como en Alicia no País das marabillas, o gato desaparece. Pero como dixen no seu día no perfil "Gústame sorrir e que me fagan sorrir. Porque o Sorriso, aínda que pareza esvaecerse, sempre permanece esculpido no aire".

¡Penso repetir, así que volveremos a vernos, camaradas! ¡e non é unha ameaza!

Un abrazo e ata pronto