Achégase Febreiro e posto que sigo sendo estudiante universitario (aínda que pouco a pouco me vou sacando do vicio...) teño pouco tempo para adicar a todo o que non sexa santa devoción ó estudio ou traballos forzados a entregar proximamente. Este blog -gracias ó demo- non entra aínda nesa categoría, así que chego tarde para comentar novas como estas que seguro que todos coñecedes a estas horas.
Que si, que non é coña!!!
VOLVE
Por moito que nacera definíndose como "a nova televisión", Cuatro leva dende o primeiro día apostando polas reposicións (Friends, Mazinger Z, Comando G...) e apelando a nostalxia ("Soy el que más sabe de televisión del mundo"...). Pola miña parte, non penso criticalos, que prefiro iso a que se poñan a facer os seus propios "A tu lado (apesta)" ou "Salsa (asquer)Rosa".
Humor Amarillo explotaba a fondo os dous principais misterios do humor televisivo. As ostias fan coña e os xaponeses tamén. Así de simple. ¿Imaxinádelo con españoles disfrazados, dándose costalazos como imbéciles sen un obxectivo claro? Xa sei, non fai falta imaxinalo. Chámase "Grand Prix" e leva unha década triunfando na tele pública. Pero está claro que perde todo o seu glamour.
Agora poderemos desfrutar tódolos sábados e domingos (antes do telediario) dos 100 capítulos do programa ideados polo gran Takeshi Kitano (si, si, o director, productor, actor, pintor, ex yakuza...).
Pero por desgracia, non todo son boas novas. Cuatro decidíu actualizar os doblaxes (pois ó contrario do que facía Telecinco, eles si van emitir os capítulos completos) e Juan Herrera, unha das dúas voces que creou ó "chino cudeiro" non estará nel. Segundo parece, está moi liado coa súa participación en "No somos nadie" (M80).
Mentres agardamos ata o día 28, podemos ir abrindo boca con isto...
Minúsculo e efímero. Dúas palabras que custa asociar a idea tradicional de arte, ese que se almacena nas galerías e almacéns dos museos.
Pero, cousas da Globalización e da Era Dixital, ultimamente xurden como setas almas creativas como Martin Waugh empeñadas en demostrar que a beleza se esconde no rincón máis insospeitado.
Nesta páxina reúne decenas de "esculturas líquidas", auténticas marabillas que ó ollo humano é incapaz de contemplar na súa fugaz inmensidade. Santa paciencia que ten este home...
¿Non vos lembra o extasis infantil co que facíamos de pequeno pompas de xabón ou como conseguían hipnotizarnos os fractais?
Jodida Inocencia... ¿por que te empeñarás sempre en perderte por aí...?
Había tempo que non tiña noticias de David Hasselhoff. Polo visto, no 2mil6 vai estrear película do "coche fantástico" (Antena 3 debe estar sacándolle xa o polvo e as telarañas no seu arquivo ós vellos capítulos)
Mentres tanto, para abrir boca, vai este impresionante vídeo. No seu día, vírao en + Te Vale XXL e causárame unha fonda conmoción. Así que cando o descubrín nesa mina de ouro que é YouTube, non puden resistirme...
Éche unha pena que coa popularización da música dixital se perdera o vello costume de poñer os discos ó revés para buscar frases satánicas. Cantas vidas estragadas polas mensaxes subliminais agochadas nas mefistofélicas letras dos Rolling,Marilyn Manson, Parchís ou AC/DC... Menos mal que aínda nos queda o Audacity para facilitarnos un pouco á vida.
Aquí vai unha xoia. Parece que a Miliki, que acaba de sacar novo disco con cancións sobre música e matemáticas , non lle cae nada ben o español de momento... ¿Que lle faría Fernando Alonso? Aquí teñen o documento, que xa vexo como portada de Aquí hay Tomate (cortesía by chandalismo).
Non me digades que non hai que ter tempo libre para poñerse a escoitar a Miliki ó revés...
Pena que me chegue máis de medio ano tarde, pero para a próxima, xa sei que facer...
Para quen non o entenda e sepa algo de inglés, que pinche na imaxe.
Tamén poderían directamente alquilar "Los caballeros de la Mesa Cuadrada", pero de algunha forma deberán pagar a insolencia de non tela visto aínda ¿ou?
Comigo funcionou (quedeime así: 0_o??? ). A ver que pasa con vós. Poderíades deixar o voso resultado e facemos unha tabla estadística. Contai, contai...
-- Responde ás preguntas todo o rápido que poidas:
1 + 5 = ? 2 + 4 = ? 3 + 3 = ? 4 + 2 = ? 5 + 1 = ?
Ahora repite mentalmente o número 6 tan rápido como poidas durante 15 segundos e despois vaite aquí