<$BlogDateHeaderDate$>

Contéstame unha cousiña

Amigo Dios, Considerando o tempo que levas no posto e a desgana coa que pareces estar executando o teu traballo últimamente, quero facerche unha pregunta. E non me mintas que nos coñecemos. Dios, ti es funcionario ¿Verdade? E non me engañes, porque a pouco que un pense, todo encaixa. Agora comprendo porque nunca estás cando necesito que me firmes unha reclamación. Abonda con que deixes na porta o carteliño de “Vuelvo en 5 minutos" (y quien dice 5 minutos, dice 1000 años de nada…) e que se jodan os contribuyentes. Non me estrañaría nada cruzarme contigo un día destos coas túas legañas no INEM ou en Atención ó Paciente dalgún hospital, facéndonos esperar dúas horas (y quien dice 2 horas, dice 1000 años de nada…).
Tamén xa che vale, fillo de mala nai. A primeira semana de traballo aínda lle puxeches vontade, pero cagárona ó mandarche facer horas extras o sábado. Só hai que ver a chapuza que montaches. E claro, despois diso, a primeira baixa por depresión e a vivir do conto ata hoxe…
A gran dúbida que me corroe agora é ¿Aprobaches limpamente as oposicións? E sobre todo, ¿Tería Baltar algo que ver?