<$BlogDateHeaderDate$>

Os Mario Brothers en concerto

Imaxinade por un momento a Gago, Pereira, Marcos, Antonio e máis eu, xuntos, bailando unha conga con tutú e julajop no cerebro de Cañita Brava disfrazado de Chewbacca (ou como se escriba) .
Pois aínda que non o creades, hai algo máis friki que iso...
Resulta que un individuo pedíu nun blog que lle mandaran títulos de cancións para que el poidera versionalas cun sintetizador da NES, aquela primeira nintendo que foi a porta ó mundo virtual (e a posterior marxinalidade social) de moitos de nós.

A lista é ampla, pero aí vai o TopFive

5- Stairway to Heaven de Led Zeppelin
4- Bohemian Rhapsody de Queen
3- Karma Police de Radiohead
2- The Final Countdown de Europe
(de verdade, nunca pensei que algo se podería acercar á versión de Serxio...)

e no número 1, uaa uaa uaaaaaaaaaaa, tú y yo lo sabíamos!!!!

1 LOSIN MY RELIGION de REM

(e despois preguntarémonos porque medra o ateísmo)


O resultado, simplemente demoledor.

PostMortem: Alguén é capaz de facerse unha imaxe mental da primeira frase do post? É que a min non me sae...