<$BlogDateHeaderDate$>

Esculpir a Postmodernidade

Apasióname o concepto de “Arquitectura da información”. O fin e o cabo, en tempos de crise, a arquitectura sempre é primeira en expresar, moitas veces de xeito radical, á evolución das necesidades dunha especie que ansía compulsivamente sentirse protexida do Caos. Así foi sempre. Así foi no Útero de Eva e así é no Torso de Calatrava.
Hoxe en día, está claro que necesitamos unha nova cova que nos protexa das “tormentas de datos” e “tsunamis de bytes” que en poucos anos están a derrumbar o arcaico rexime pre-post-moderno, deixándonos co cúíño ó aire (y yo aquí con estos pelos…).
Así que ese é un dos papeles que lles toca xogar ós “comunicadores” nestes tempos difíciles: arquitectos –cando non albañiles, ou fontaneiros, ou electricistas…- da Información.
Pero iso non é suficiente. Hai algo que vai máis alá da racionalidade presente en toda obra arquitectónica.. Hai algúns, que non buscan crear unha nove orde, senón re-crearse nela, que buscan perpetuarse ante os buracos de verme das imaxes fractales. ¿Cómo definir, por exemplo, o que Jared Tarbell e a súa tribu fai dende eses “balcóns ó infinito” que son Levitated ou Complexification?
Eu, de maior, quero ser coma eles. Eu, de maior, quero ser "Escultor da información"