<$BlogDateHeaderDate$>

¿Freek ou Geek?

Hai algún tempo, o operador de cable R ofreceu durante tres meses Paramount Comedy no seu paquete básico . Polas boas referencias que tiña del, esperaba bastante máis e pasou sen pena nin gloria pola miña casa. Aínda así, tiña certas xoias como "La Hora Chanante", con algúns sketchs memorables de cómicos hoxe consagrados como Eva Hache, Keké ou Agústín Jiménez. En xeral, discurrían por unha fina liña entre o cutrerío e o surrealismo, sen saber nunca por que lado do precipicio caían.

Aquí temos un bo exemplo, no que saberemos por fin como acabará a eterna guerra entre Microsoft e Apple na enésima reinterpretación de "Conto de Nadal" (co Richard de "CameraCafé" no papel de Bill Gates/Scroogle).

Se o vídeo non funciona, podedes velo aquí.