<$BlogDateHeaderDate$>

Mamá, ¿Explorer se muere?

Dous pequenos síntomas de que algo parece estar cambiando na "guerra dos navegadores".
Segundo parece, Dell está preinstalando Firefox en tódolos equipos que vende en Reino Unido. Pregúntome cal será a reacción de Microsoft, que distribúe licencias baratas ás empresas de PC's (por debaixo do coste do mercado...) para que instalen Windows con toda a trapallada de serie, Explorer incluído, por suposto. Isto non supón que tódolos novos usuarios de Dell se pasen a Firefox, pero si que será un impulso a súa popularización, sobre todo se outras empresas comezan a seguir o exemplo de Dell.
Por outra banda, Microsoft acaba de anunciar que a partir do 1 de xaneiro deixará de prover navegadores Explorer para Mac. No espacio que a web de Microsoft dedica ó universo Mac, Mactopia, (que sempre me pareceu unha criatura antinatural) recoméndaselle ós maqueros que usen a partir de agora navegadores máis recentes como Safari. De todos modos, non creo que haxa oleadas de suicidios polo anuncio...