<$BlogDateHeaderDate$>

Xa decía miña nai que eu tiña cara de listo

Facendo caso da recomendación do amigo Marquiños, visitei Myheritage que che saca parecidos razoables con famosos a partir da foto que lle mandes. Ademáis ponche un ranking para que poidas comparar ó teu gusto. A pesar da miña "fotofobia", puido máis a curiosidade. Polo menos, valíume para ver que podo adicarme ó cine, porque, os famosos ós que máis me parezco son:

1) ORSON WELLES!!!!!!!!!!! (coincidencia facial dun 67%)
2) Bill Murray (66%)
3) Truffaut (63%)
4) Rajiv Gandi (57%)
5) Engels (52%)
6) Charlize Theron (51%, aquí pasáronse moito...)
7) Michael Moore (46%)

Non sei, non vos digo que non me faga ilusión, pero eu non acabo de ver claro...

Decidín repetilo con outra foto un pouco diferente, e con máis contraste, e novamente volveu ganar Welles pero cunha menor coicidencia (65) seguido de Rajiv Gandi (56), Bill Murray (53) Charlize Theron (53), Ernst Shakelton (52), Federico García Lorca (51) e Lee Van Cleef (50).

Moi científico non será, pero divertido, é un cacho.