<$BlogDateHeaderDate$>

O retorno do Chino Cudeiro!!!

Achégase Febreiro e posto que sigo sendo estudiante universitario (aínda que pouco a pouco me vou sacando do vicio...) teño pouco tempo para adicar a todo o que non sexa santa devoción ó estudio ou traballos forzados a entregar proximamente.
Este blog -gracias ó demo- non entra aínda nesa categoría, así que chego tarde para comentar novas como estas que seguro que todos coñecedes a estas horas.

Que si, que non é coña!!!

VOLVE
Por moito que nacera definíndose como "a nova televisión", Cuatro leva dende o primeiro día apostando polas reposicións (Friends, Mazinger Z, Comando G...) e apelando a nostalxia ("Soy el que más sabe de televisión del mundo"...). Pola miña parte, non penso criticalos, que prefiro iso a que se poñan a facer os seus propios "A tu lado (apesta)" ou "Salsa (asquer)Rosa".

Humor Amarillo explotaba a fondo os dous principais misterios do humor televisivo.
As ostias fan coña e os xaponeses tamén. Así de simple. ¿Imaxinádelo con españoles disfrazados, dándose costalazos como imbéciles sen un obxectivo claro? Xa sei, non fai falta imaxinalo. Chámase "Grand Prix" e leva unha década triunfando na tele pública. Pero está claro que perde todo o seu glamour.

Agora poderemos desfrutar tódolos sábados e domingos (antes do telediario) dos 100 capítulos do programa ideados polo gran Takeshi Kitano (si, si, o director, productor, actor, pintor, ex yakuza...).

Pero por desgracia, non todo son boas novas. Cuatro decidíu actualizar os doblaxes (pois ó contrario do que facía Telecinco, eles si van emitir os capítulos completos) e Juan Herrera, unha das dúas voces que creou ó "chino cudeiro" non estará nel. Segundo parece, está moi liado coa súa participación en "No somos nadie" (M80).

Mentres agardamos ata o día 28, podemos ir abrindo boca con isto...