<$BlogDateHeaderDate$>

Horizontes inquietantes

Ás 10h05 chegaba (tarde) á redacción da telejaita.

- ¿Qué tal Juan? Vaste agora ó Hostal. Ás 10h30 entrevistas ós gañadores do Nadal deste ano. Veña, date présa.

- ¿¿¿¿¿¿??????? (Que ven a ser algo así como "Ostias!").

A verdade, aínda teño sorte, para ser o manzanillo de prácticas, na redacción de local, aínda me toca facer cousas interesantes como estas. Claro que se agradecería algo máis de tempo para preparalas...

Antes deste recoñecemento, eran dous auténticos descoñecidos no panorama da literatura comercial. Para min, seguían sendo descoñecidos hoxe ás 10h05. Menos mal que tanto Eduardo Lago (gañador do Nadal coa súa primeira novela, "Llámame Brooklyn") como Marta Sanz (finalista con "Susana y los viejos") son dúas personas majas que facilitaron moito as cousas (e aparte de ser agradables por naturaleza, que se lles ve, teñen que vender o seu libro, que as fabas son as fabas...). Ó final, a entrevista aínda se me fixos curta...



Lago vive dende hai máis de 20 anos en Nova Iorque, onde é profesor de literatura. Alí foi testigo directo do 11-S, e de como a cidade vai pechando as súas feridas pouco a pouco, todo o contrario que no resto do páis.

"Ellos fueron los que sufrieron moral y fisicamente la pérdida de su gente y su símbolo. Sin embargo, durante la guerra, fue el epicentro de las protestas. Nueva York es una isla de valientes. Todo lo contrario que el resto de Estados Unidos, un país donde Bush se alzó con botas militares escalando sobre la cobardía de los norteamericanos".

Non puden evitar a imaxe mental dun Bush, vestido de militar, trepando sobre os corpos tremendo de medo e calaveras, armado cun rifle, cara o cumio da montaña de ósos e carne.

¿Cal será o horizonte que vislumbrará dende alí?