<$BlogDateHeaderDate$>

¡Que les corten la cabeza!

Hai uns días, alguén metía a pata no que, ó meu parecer, é o mellor informativo da televisión nacional (ata que Gabilondo acabe de pillarlle o truco outra vez ó medio), "LA 2 NOTICIAS".

Durante o transcurso dunha noticia sobre as novas fotos de Abu-Grahib publicadas esta semana, colábase durante segundo e medio un fotograma de Rajoy e Acebes no Congreso dos Deputados que pertencía a outro vídeo emitido uns minutos antes.



Sen dúbida, o erro é lamentable e esixe desculpas e explicacións de inmediato. De feito, TVE pedíu perdón ó día seguinte, en tódolos seus informativos (por certo, sen necesidade de requerimentos xudiciais, como no caso do famoso Ce-Ce-O-O de Urdaci).

Pero era xa demasiado tarde. Ós crispólogos do PP faltoulles tempo para pedir a dimisión en bloque de Fran Llorente, de Carmen Caffarel... e porque non pasaban os irmáns Lumière por alí, que senón tamén...

Senores, vamos a ver, que ningún realizador de informativos pode ser tan imbécil como para xogarse o seu posto cun fallo tan burdo. Ben o contrario, ó pobre home (ou muller) debeulle caer unha bronca da ostia por equivocarse de botón, a pesar do estrés que debía levar xa riba súa, tentando facer entrar a noticia adecuada no momento adecuado. Como este, hai 10 tódolos días, pero claro, non son Marianito e Angelito os que saen. De feito, se non fora por quen son os perxudicados, esto non sería nin carne de zapping.

Resulta bastante lamentable que eles, que durante 8 anos convertiron a España no país de Nunca-Dimitas, e que levaron o concepto de "televisión de partido" a un nivel superlativo, estean agora disparando a todo que se mova, incluso por tonterías coma estas.

Pero así che son as cousas da política e da memoria. Calquera día escoitaremos no congreso a Zaplana como a reina roxa (uy lo que he dicho) de Alicia no País das marabillas:

"José Bono me ha mirado mal en los pasillos. ¡Que le corten la cabeza! Moratinos tiene halitosis. ¡Que le corten la cabeza!"

Bueno, mirémolo polo lado positivo. Por primeira vez, o tema das torturas de Abu-Graïb saíu na portada de Libertad Digital.