<$BlogDateHeaderDate$>

(Un)real Bagdad

Leo en elpaís.es o seguinte:

"Un videojuego enseña a soldados de EEUU a comunicarse con iraquíes.

El Ejército de EE UU ha desarrollado un juego de ordenador para enseñar a sus soldados a comprender el lenguaje corporal y gestual de los iraquíes. El objetivo del juego, creado sobre el motor del título de éxito 'Unreal', es que los militares sean conscientes de que determinados gestos pueden resultar ofensivos y generar más tensión en determinadas situaciones.
'Tactical Iraqi' se define como un sistem
a de aprendizaje por ordenador que "en torno a 80 horas" pretende dar a "personas de habla inglesa totalmente ajenas al árabe iraquí" las herramientas para comunicarse y realizar ciertas misiones en árabe."




A iniciativa paréceme moi loable. Sen ironías. E non me refiro só ó mérito que ten reconvertir o motor gráfico dun xogo como o "Unreal" (un famoso "dispara-a-todo-lo-que-se-mueve"), nun simulador de éxito social. O feito de que uns universitarios dalgún lugar de Occidente se dean conta de que as relación humano non deben pasar unicamente polo prisma occidental é un sincero paso adiante.
Polo visto, o mesmo pensa Anthony Tehter, director da DARPA (Axencia de Proxectos Avanzados de Investigación para a Defensa),

"Aprendín máis con este xogo nun día que en toda a miña viaxe por Irak"

E iso, que queredes que vos diga é o que me parece bastante triste e explicativo dalgunhas cousas que pasan polo mundo adiante.
Pero veña, non desaproveitemos a ocasión, e que se note como as novas tecnoloxías serven de ponte entre as culturas.

E unha suxerencia para os estudiantes de Carolina do Norte. Para a segunda parte de "Tactical Iraqi" (así se chama o xogo), que inclúan algún tutorial sobre o que non se debe facer nos cárceres.