<$BlogDateHeaderDate$>

Culebrón South Park

A estas alturas moitos coñeceredes xa a historia completa, pero por se acaso -que hai moito despistado solto- aí vai...

Hai unhas semanas, Tom Cruise pillábase un rebote da ostia por unha parodia que South Park lle adicaba a el e máis a Igrexa da Ciencioloxía no capítulo "Atrapado no armario" (e xa vos podedes imaxinar quen era o que estaba no armario...). Se non vos apetece ver todo o capítulo en inglés podedes ler un resumo do argumento aquí (pero non sabedes o que vos perdedes).

No medio de toda esta polémica, Isaac Hayes, cantante de soul e recoñecido membro da Ciencioloxía, famoso por poñerlle a voz ó chef dende o comezo da serie, anunciaba que abandonaba o barco:

Como activista en favor dos dereitos civís durante os últimos 40 anos, non podo apoiar unha serie que non respeta as crenzas nin as prácticas relixiosas

Isto sorprendeu ós creadores da serie, Matt Stone e Trey Parker, pois Hayes nunca protestara polas parodias que en South Park se fan habitualmente ó Cristianismo, ó Xudaísmo ou ó Islamismo (entre outras) pero amosáronse respetuosos coa súa decisión...

... ata a emisión do capítulo da semana pasada ("Chef returns")...


Nel volve aparecer a Ciencioloxía, que para evitar problemas se chama agora o SuperAdventureClub, unha secta que lle lava o cerebro ó Chef e o converte nun pederasta. A venganza de Paker e Stone, convertidos en xusticieiros divinos, foi terrible (aviso, absterse estómagos sensibles e fans da serie que non queiran que lles jodan o argumento...)



Non poñades esa cara, eu xa vos avisara...



Pero chegados a este punto, a min hai algo que me inquieta moito...

¿¿¿¿Que coño fai Franco, xunto a Cocodrilo Dundee, metido na Igrexa da Ciencioloxía????





PostMortem: Acéptanse suxerencias e hipóteses. No caso de que non o resolvamos, propoño mandarllo a Milenio 4.