<$BlogDateHeaderDate$>

Crispación, crispación

Levantarse polas mañás e paladear a deleitable columna de Fede Jiménez Losantos en El Mundo ou escoitar a súa doce serenata na Cope constitúe un pracer de renuncia difícilmente perdonable.

Despois diso todo parece máis bonito, máis entrañable, máis hármonico, porque ¿como pode comparar as súas inquietudes ou problemas con aqueles capaces de provocar pensamentos de tan alta alcurnia como os expresados por Don Federico?

Unha perla desta mesma mañá.

Tema tratado polos tertulianos habilmente liderados por FjL: definición de Andalucía como "realidade nacional" na proposta elaborada por PSOE e IU do novo estatuto.

Comentario acertadísimo e sagacisísisimode FjL: "Esto, lo único que hace, es darle la razón a los etarras y decirles que acertaron en todo aquello que hicieron al matar y extorsionar durante 40 años".

Unha vez máis, síntome epatado ante a clarividencia das sinapses de Don Federico. Que capacidade de vislumbrar a mezquina inquina desmembradora da nación española onde os demáis só alcanzamos a ver inxenuos aires de grandeza dos políticos autonómicos.

Gracias Don Federico por abrirme os ollos ante tan cruel patraña!

Menos mal que non son o único en decatarme. Ata o adalid por excelencia do progresismo rojo-trasnochado televisivo tivo que acabar rendíndose ante o poder dos seus encantos.