<$BlogDateHeaderDate$>

Deixoume frío

Non sei se por desorganizado ou agarrado, o caso é que poucas veces acabo tendo cartiños na carteira para ir o cine. Iso fai que polo xeral controle moito que películas vou ver (digo polo xeral, porque no seu día caeron cousas como "Freddy vs Jason").

Unha das películas marcadas cun "X" dende a primeira vez que vin o trailer era ICE AGE 2. Téñolle moitísimo medo as secuelas das películas que me gustaron no seu día, pero case sempre acabo caendo. Neste caso, ademais, ía bastante seguro, confiado en que a primeira lles deixaba ós guionistas os suficientes cabos ós que agarrarse para facer un bo producto.

Pero foi un fiasco.

A animación mellorou moito, algo lóxico se consideramos que pasaron case catro anos, pero a diferencia con Pixar ou Dreamworks reducíuse. Sen embargo, ós quince minutos, eu xa andaba remexendo o cú na butaca de aburrimento. O que gañou en técnica váiselle polo desagüe en orixinalidade. Os personaxes xa coñecidos perderon todo seu o encanto, reducidos a caricaturas planas e sen profundidade, e os novos non teñen o máis mínimo gancho.

A historia é unha sucesión de clips mal cohesionados que nin sequera chegan a ser tramas internas, o que é unha pena, porque algunhas, ben aproveitadas e distribuidas ó longo da película, poderían dar moito de si.

O único raio de luz, como non podía ser doutra forma, Scratt, a ardirrata que me recorda a aqueles personaxes extremos de Tex Avery, algo inusual nas longametraxes 3D. Foi o único personaxe (xunto con algún que outro tic do perezoso) que provocou risas na sala. Quizáis pasaría máis desapercibida se o nivel xeral fose máis alto, xa que a maioría das situacións nas que aparece non son tampouco grandes derroches de animación, pero case acabas desexando que lle deixen a ela o resto da película.


De todos modos, para min esta película consolida unha tendencia. Creo que a animación 3D se está estancando un tanto, demasiado pendente da técnica e perdendo o punto forte que a encumbrou como o relevo dos debuxos tradicionais, a orixinalidade do guión.

Quizáis sexa pola manía das das secuelas, quizáis sexa que me vou facendo vello e que ¡Ay, fillos míos! ¡Xa non se fan películas de animación 3D coma nos meus tempos! ;))))


PostMortem: ¿Que pasará coa película dos Simpson? Sempre pensei que se facían película, sería para pechar a serie, pero parece que non vai ser así. Polo menos, parecen ter contratados dúas tempadas máis, ata o 2008, cando a película se vai estrear no 2007. Veremos...