<$BlogDateHeaderDate$>

Recordos dunha Panacea

O ano pasado, no mes de xullo, cando todo o mundo (ou todo o mundo que pode) se vai lonxe do mundanal ruido, eu adiqueime a participar nunha especie de Gran Hermano intercultural pero sen cámaras de vídeo -que sepamos- de por medio.

O proxecto O Camiño Antigo/The Ancient Way xuntou a 14 estudiantes de xornalismo de Santiago, 20 alumnos da Universidade de Carolina de Norte e 6 da Universidade de Santiago de Chile, co obxectivo de realizar un documental multimedia sobre Galicia. Non sei para que digo isto, xa que a maioría dos lectores deste blog xa o sabedes (de feito, a maioria de vós estábades entre eses 14 pringaos da USC). Para os demais, aquí tedes o resultado daquel mes de traballo.

Hoxe quero mandarlle un saúdo afectuoso ós meus compañeiros nese proxecto, especialmente ós 7 que estaban comigo na redacción de infografía, a IN.R.I. -Independente República Infografista-.

Houbo moito traballo naquel mes de xullo sen domingos e con 12h de xornada laboral ó día pero tamén moito tempo para pasalo ben. Tempo para escoitar as bandas sonoras de tódalas series e da nosa infancia, para aproveitarnos dos 100 mbps da conexión da facultade dispoñible para nós soíños e tempo para coller un pan de cea que alguén esquecera por alí o primeiro día e convertelo no noso Deus/Tótem particular ó cabo dunha semana, altar e retablo incluído (aquel mes fomos PanTeístas, literalmente). Si, pasámalo ben.

¿E a que ven este ataque repentino de lembranza marcelproutiana? Pois a que hoxe, no meu paseo diario polas areas pantanosas de YouTube, din con esta marabilla de Weird Al Yankovic, o humorista, imitador e cantante norteamericano, que aínda nos tivo entretidos bastantes horas durante aquel mes de xullo. Seino, seino, o noso nivel de frikismo elevouse moito aquelas semanas. Pero tentade comprender o valor sentimental que pode ter isto...

THE SAGA BEGIN:



PostMortem: A ver se nos vemos pronto. Saúdos tamén a Alberto, Dolo, Marita e Xaquín, invitados de honra naquela Pan-a-cea veraniega.