<$BlogDateHeaderDate$>

Responsabilidades

Un tribunal de Pekín vai xulgar á distribuidora de videoxogos Aoemeisoft por considerar que hai indicios que a responsabilizan da morte de Zhang Xiaoyi, un adolescente que se suicidou tras xogar 36h seguidas ó Warcraft III.

Realmente, a noticia é dramática. O mozo, de 13 anos, saltou o vacío dende a ventana da súa casa, situada no piso 24 deixando unha nota na que indicaba que o facía "para seguir os seus heroes máis alá dos mares".

Zhang pasara día e medio diante dun ordenador nun cibercafé e os expertos que analizaron o seu diario concluíron que era "adicto a internet e a xogos pouco sans". Isto é no que se apoian os seus pais para denunciar a distribuidora por non indicar que o xogo era violenta. Anteriormente xa denunciaran a Blizzard, o estudio productor do xogo, pero a querella foi desestimada.

Certamente, China -e tódolos países que non o teñan aínda- necesitan un sistema de calificación de xogos por idades para unha realidade de ocio madura e asentada no mercado como son os videoxogos. E ten que ser un sistema eficaz, que evite realmente que un un neno ou unha persoa sensible se expoña a un contido perxudicial. Iso será bó para todos. Para os propios nenos/mozos, para os pais que poderán respirar tranquilos e para as productoras/distribuidoras que non terán que enfrontarse a denuncias. Realmente é bo para tódolos afecionados ós videoxogos xa que se "limpará" a imaxe dun tipo de ocio aínda lastrado por multitude de clichés e estereotipos.

Pero dito iso, e sen coñecer máis que as noticias que reflexan os medios ¿onde está a maior irresponsabilidade? ¿Na empresa distribuidora que non avisa do contido violento do xogo ou nuns pais que consiten que o seu fillo de 13 anos estea xogando 36h seguidas? E o mesmo podemos dicir dos empregados do cibercafé.