<$BlogDateHeaderDate$>

Elmundo.es : Strike 3

Acabo de batir o meu record.

Hai 2 semanas, vin o rediseño de Marca.com tres horas despois de que o colgasen.
Hai 1 semana, desubrín o de ABC.es unha hora despois.
E agora, o de Elmundo.es, ¡1 minuto despois do anuncio!



De momento só aprecio cambios na portada, non nas interiores e haberá que valoralo a fondo con algo máis de tempo. Así, a primeira vista, parece un cambio menos profundo do que se esperaba.

Segue gardando o aire de familia gracias a seguir co mesmo aspecto gráfico (cores, tipografías, liñas divisorias...). Por fin se da o salto ós 1024 píxeles de ancho e parece que definitivamente o menú lateral está en vías de extinción. É o terceiro xornal español que prescinde del en apenas 15 días. As cabeceiras "vitaminadass" van pasar a ser unha constante nos vindeiros meses.

Esperaba algo máis ambicioso. Fáltalle a finura e limpeza doutros deseños moito máis antigos como o de Elpais.es . Por outra parte, aínda que é cousa de acostumbrarse, o acceso ás noticias máis importantes situadas na zona inferior da páxina parece máis ben un caixón de xastre.

Máis chocante: a información de servicios queda relegada a un cadro nunha zona case invisible, na parte inferior dereita, cando teño entendido que é unha das seccións máis consultadas en calquera xornal dixital (certo, moito máis nos xornais locais). Se o fan supoño que será con datos na man. Tamén queda por ver que tal funciona a integración dos vídeos na portada.

En resumo, a primeira impresión é un pouco tibia e decepcionante. Supoño que é difícil arriscarse cando tés 8 millóns de lectores mensuais. En todo caso, moito máis acertado que o caos que Marca.com imprimíu na súa portada onde agora reserva para as noticias un 15% do primeiro "pantallazo".


PostMortem: O mellor da portada, sen dúbida, Scarlett, mesmo con ese tinte a lo "femme fatale".