<$BlogDateHeaderDate$>

Fumbol es Fumbol

Hai que recoñecer unha cousa, lonxe da sobredose mediática (obvio que a hai) e dos intereses económicos (que dúbida cabe que existen), o Mundial de Fútbol une cada catro anos á xente dun modo especial, quizáis incluso de forma máis intensa que os Xogos Olímpicos, que son máis universais pero tamén, máis chic e elitistas*.

Certo, moitas veces esa unión de miles -que digo miles, millóns- de conciencias producen que as baixas paixóns destructivas do home afloren como un apocalipsis, pero calquera acontecemento capaz de paralizar países durante días e días merece certa consideración. E senón, que veña un antropólogo ou un sociólogo e que mo negue á cara. Bueno, mellor por videoconferencia que estou bastante ocupado estes días.

Aí vai a miña particular homenaxe ó fumbol, que diría Forges. As dúas xogadas máis grandiosas que viron nunca cámaras de TV nun coliseo de metal. Por suposto, podedes escoller cal das dúas merece quedar gravada no panteón dos momentos ilustres da Humanidade.

A 2ª non foi en ningún Mundial, certo, ¿pero somos nós para atrevernos a dicirlle ós deuses cando se teñen que manifestar?

Candidato a Mellor gol da historia nº 1

Candidato a Mellor gol da historia nº 2




*Estou aberto ás críticas sobre esta discutible opinión.