<$BlogDateHeaderDate$>

Me caghon dios e me caghon as estrellas

Sinto, sinto, sinto... Máis dunha semana e eu facendo o vago e sen actualizar. Bueno, no meu descargo, que non fixen exactamente o vago, senón que xuño é xuño, e para os estudiantes é moito xuño.

Voume redimir, aínda que só un pouquiño. Un par de enlaces e a seguir currando.

Para abrir boca, este link (agradecementos á amiga Itinerante polo chivatazo) no que se lle dá un repaso ó Santoral. Non me creredes, pero por un momento bastante grande pensei que era un tío meu que ten un tono e un timbre de voz case idéntico (e xurando non se lle queda atrás).

E para continuar -e ó fío do anterior- esta maravilla que demostra que Ben Laden pasou por Galicia, collendo acento e todo.



¿Estará con Bonnie M nas montañas de Lugo cantando o "Ma Baker"?

Ata pronto!