<$BlogDateHeaderDate$>

Un poquito de...

Unha pregunta...

- ¿Que vai pasar con "Aquí no hay quien viva", o único programa de A3 entre os 20 máis vistos do mes, agora que Telecinco comprou o 15% do grupo Audiovisual de José Luis Moreno, incluído Miramón Mendi, productora da serie?

- Nada, A3 non deixará que se lle escape AQNHQV, así que negociará con José Luis Moreno para seguir ofrecendo o seu producto estrela, o único capaz de competir coas series nacionais de ficción de Telecino como "Los Serrano" ou "Hospital Central".

- Erro. O acordo inclúe a exclusividade de tódolos productos da factoría Moreno para Telecinco.

- Pois entón "Aqui no hay quien viva" vaise emitir en T5.

- Tampouco, posto que o acordo de Miramón Mendi con Antena3 deixa claro que a marca "Aquí no hay quien viva" pertence a A3.

- Pois entón A3 seguirá emitindo "Aquí no hay quien viva" pola súa conta, contratando ós mesmos actores e ó mesmo guionista e director, que segundo me dixeron é o auténtico cerebro de todo o fenómeno.

- ¿Quen? ¿Alberto Caballero?

- Si, creo que é ese.

- ¿Sabes que é sobriño de José Luis Moreno, que o leva apadriñando dende as Matrimoniadas de Noche de Fiesta?

- Vaia por Dios. Pois entón T5 vai emitir unha serie chamada "En este edificio no se aguanta" co director, algúns actores e algún que outro guionista de "Aquí no hay quien viva" e A3 vai emitir "Aquí no hay quien viva" cos demáis actores e guionistas pero sen o director de "Aquí no hay quien viva".

- Psssss. Podría ser.

- Tamén pode pasar que o ano que vén a xente se canse, pense que xa ten abondo con pagar a comunidade e garaxe a fin de mes, baixe o share, cancelen as dúas series e as sustitúan por reality's no que ex-concursantes doutros reality's loiten no barro contra actrices porno e toreros coa súa carreira en decadencia...

- Tío, ese si que sería un bo programa

- Y que lo digas...