<$BlogDateHeaderDate$>

Antenizate, Salinaaaas!


Agora que remata o mundial que colocou na escea mediática a LA SEXTA,é hora de facer reflexión sobre este canal bizarro, bizarro onde os haxa.

PRIMEIRA PERLA:

Como se nota que entre os accionistas de LA SEXTA están grandes productoras que saben facer productos profesionais, solventes, serios, con empaque...



O que me ven á cabeza é:

1) ¿Despois do escandalazo de hai algúns meses, non se erradicaran todos estes teletimos que pululaban polas teles locales?

2) No fondo, dame igual se se erradicaron ou non. ¿¿¿COMO É POSIBLE QUE UN CANAL NACIONAL OS TEÑA???

3) ¿Non será unha promo de LA SEXTA para facer de adianto do programa de Pocholo?

e finalmente...

4) ¿A tía é así de nacemento? ¿Está borracha? ¿Drogada? ¿É Fresita despois de ver tódolos partidos do mundial comentados por Andrés Montes e Julio Salinas?

SEGUNDA PERLA:

Montes-Salinas. Que gran parella fixeron estes dous no último mes. Véxome dentro dalgúns anos recordando este mundial non como aquel no que Aragonés se tomou un tripi antes de asegurar que España o ía gañar, ou como o campionato que vivíu os maravillosos estertores futbolísticos de Zidane, senón como o mundial de Montes/Salinas, tanto monta, monta tanto...

Aí vai un diálogo Montes-Salinas do Italia-Ucrania....

- MONTES: Porque la vida puede ser maravillosa, Salinas!
- SALINAS: Claro, claro. Maravillosa pero sólo en la Sexta, claro.
- MONTES: Antenízate Salinas, antenízate! Que se te ve poco antenizado!
- SALINAS: Que dices! Si yo llevo dos meses antenizao, no ves que mi mujer me tiene que ver aquí en la Sexta.
- MONTES: Ay, tu mujer! A saber lo que está haciendo tu mujer! Mira, mira, a lo mejor está haciendo cosas raras como ese con la lengua [nese momento o italiano Gattusso move compulsivamente a lengua lamentando unha ocasión perdida]
- SALINAS: Más quisieras tú...
- MONTES: Salinas!!!!!! Porque la vida puede ser maravillosa aquí en La Sexta!

TERCEIRA PERLA

Repítome, síntoo, pero necesito repoñer o primeiro gran momento Zaping de La Sexta. O famoso "Vamos a tumbarlos a todos".




ACTUALIZACIÓN (11 de Xullo): Parece que a "mulleriña alegre" do primeiro viño, ten un motivo máis para darse a bebida.